jueves, 14 de octubre de 2010

XERICÓ, PATRIMONIO DA HUMANIDADE

O ano pasado, nas vísperas do noso retorno da Terra Santa, cruzámo-lo deserto de Xudá cara Xericó, Qumran, e o mar Morto...
Vista, dende Xericó, do convento de San Xorxe, onde os ortodoxos gregos mantéñense orantes en memoria do axuno do Señor, os corentas días que relatan os evanxelios e onde foi tentado polo demo que hoxe parece triunfar en moitos foros políticos.
Vista parcial de Xericó, a cidade das palmeiras...
Igrexa dos PP. Franciscáns, os grandes celadores da Terra Santa, momentos antes de celebra-la santa Misa.
Vista parcial dun importante centro comercial, en Xericó.
-
Pontevedra, 14.10.2010
-
Entrada n . 1310 do blog
-
XERICÓ, PATRIMONIO DA HUMANIDADE,
por Xesús López Fernández
-
O ano pasado e nun día de calor insoportable estivemos en Xericó, na Cisjordania, parada que formaba parte do noso itinerario de varios días pola Terra Santa, do que fun facendo unha especie de relatos. Ían xa oito, que se poden localizar neste blog e quedaba por decir algo da nosa última etapa, o 14.07.2009, e do retorno dende Tel Aviv, efectuado o 15 do mesmo mes. Pero un herpes zóster impideume darlle ó relato número 9 o mesmo ritmo dos anteriores e quedou atuído, constreñido nunha especie de relato da retirada antes qu´o relato, si se quer breve, das emociós que aínda viviriamos naquel día e no do regreso.
-
Hoxe leo que Xericó, na Cisjordania palestina, a cidade máis vella do mundo e na que as súas ruínas mostran diversos niveles, habitado ó parecer dend´hai dez mil anos, acaba de recibi-lo reconocemento da Unesco e de ser calificada como Patrimonio da Humanidade. Inclúo dous enlaces, un correspondente ó traballo "En Terra Santa, 9"; outra de La Voz de Galicia, desta data:
-
-

No hay comentarios: