sábado, 9 de octubre de 2010

A LOUCURA MENTIREIRA DOS POLÍTICOS

Escollo esta fotografía que parece corresponderse máis que outras co drama da ría, que dura xa dend´o 1963. Aí permanece e, de momento, a Xunta reconoce qu´a promesa de Núñez Feixóo de recupera-lo litoral de Lourizán era unha trola electoral máis. Porque non se entende, senón, a noticia que vai inserida, polo seu enlace, a seguido do comentario:
-
Pontevedra, 9.10.2010
-
Entrada n. 1306 do blog
-
A LOUCURA MENTIREIRA DOS POLÍTICOS,
por Xesús López Fernández
-
A Xunta demándalle agora ó Concello de Pontevedra que rectifiquen o PXOM e que as marismas de Lourizán sobre as que Ence tivo (que non ten) concesión, pasen a ser calificadas como zona industrial. Volvemos coa noria. Os presuntos capos están a dictaren as súas ordes e queren que Ence permaneza aí e algús, tamén presuntamente, queren converti-las marismas en gran solar.
-
Andan coa falacia do decreto Fraga de supramunicipalidade, de cando foi o asunto de Georgia Pacific. Daquela pensou Mosquera, o concelleiro pontevedrés que se "esqueceu" da Axenda21Local, qu´o decreto sería anulado co goberno do bipartito, que xa sabemos o que dou de sí aquela especie de centauro bicéfalo, que incluso tentou levare Ence a Barro-Meis e construire, nas marismas de Lourizán, vivendas sociales pra, coa plusvalía que se obtivera, poder financiarlle o traslado á pasteira, que se fornecería d´auga coa do encoro do Pontillón do Castro. Demencia, talvez esquizofrenia do BNG "ecoloxista".
-
Nadie quixo entrar no tema da caducidade da pasteira, presuntamente perdida a concesión no momento da privatización. Pero o espírito de Fraga, o seu agradacemento a Méndez do regalo do monte Gaiás, parece seguir primando aí.
-
Parece mentira qu´o PP esqueza o deslinde practicado en sendo ministra de Medio Ambiente Isabel Tocino. Como consecuencia do mesmo, hoxe hai industrias que deberán abandonar todo o que é dominio público marítimo terrestre, situación ésta ratificada por Cristina Narbona a petición de Salvemos Pontevedra: o espacio qu´a Xunta quere condenar, coa ría toda, por presunto mandato dalgún capo, e non respeta-la súa condición de "dominio público marítimo terrestre", que deberá conserva-la súa condición de "inalienable, inembargable, imprescriptible e insusceptible de desafectación". Así de claro.
-
En vista desta noticia, en contradicción tamén coa propaganda de Telmo Martín, ó que lle dinamitan a campaña aínda tendo ésta non poucos lunares, está claro qu´o PP non vai acceder á alcaldía de Pontevedra, porque os outros venden mellor a burra. Aí colocaron xa, na candidatura, a García Legísima, avogado que foi da APDR na denuncia contra Ence, que xa está a falare de que non hai vontade política de erradicar Ence, cando foi el (con algús máis, suponse) o que pactou có fiscal Gago Sevilla a descafeinización da sentencia, que rematou en purrela xudicial. Aquel pacto foi unha traición. Pero el vai falar, e moito, de Ence, cando non foi nengún salvador.
-
O tema está podre porque nen o PP, nen o BNG, nen o PSOE, queren que se marche Ence. E si se marcha queren o solar. A ría máis morta, cando co PXOM habería que pensar na recuperación do capital natural. Cunhas xunqueiras vivas retornarían as sardiñas.
-
Enlace:
-
La Voz de Galicia, 9.10.2010: O decreto de supramunicipalidade pendente dun recurso do Concello ante o TS. (Estos garulos non quixeron ir pola vía da defensa do espacio como dominio público marítimo terrestre que tampouco respetan; que coas obras "da nova ribeira" que están a faceren, presuntamente sen permiso de Costas, demostran unha actitude claramente antiecoloxista, porque son contrarias á Lei de Costas)

No hay comentarios: