sábado, 2 de octubre de 2010

EN PONTEVEDRA, A CIDADE SEN LEI

Na madrugada do 30.09, pouco despois de rematada a xornada de folga xeral, "de greve xeral" según din xa algús nazionalitaristas que botan man da palabra francesa que usan os portugueses, foron queimados tres contenedores, atentados terroristas no corto espacio de media hora.
-
Pontevedra, 2.10.2010
-
Entrada n. 1305 do blog
-
EN PONTEVEDRA, A CIDADE SEN LEI,
por Xesús López Fernández
-
O número de delitos, roubos, gamberradas ou atentados terroristas vai in crescendo na cidade, na que os veciños perciben un desamparo certo. Parece como se xa non existise Policía Local, sendo como unha simple anécdota a aparición dun par de axentes pra denunciare ós coches mal aparcados (motos e bicis, non), que esa parece a súa única misión. Que de vez en cando fagan presencia na praza da Peregrina, nun coche oficial, aparenta máis ben unha simple simulación, cando non lonxe dalí permanecen abertos locales, ou sen recollere os veladores das terrazas nas qu´os veciños telumbran a existencia dun presunto e continuo trapicheo. Polo menos é visible a presencia na zona de "camellos" e visible tamén, en certo entorno, a gran fumata, e non precisamente da gomariza verde de ZP. Pero aquí todo é posible, porque somos a cidade sen lei, ou sen celadores do orde público.
-
Mercaplaza, na rúa Sierra, e o edificio todo puido ter ardido a consecuencia do atentado reflexado na foto. O lume entrou no supermercado causando perdas cuantiosas de mercancía, tamén na oficina do establecemento. Unha das encargadas defineu o acontecemento como algo que puido ter unhas consecuencias dramáticas se os bombeiros non actuasen con prontitude. ¿Qué tería acontecido noutras partes da cidade ás que os bombeiros difícilmente poden accederen? Fácil de maxinar, sobre todo cando da cidade, da súa accesibilidade sóo se contan mentiras, porque Pontevedra é xa un Gulag e non a cidade idílica da que os gobernantes estalinistas queren presumiren. Pero sobre a noticia do atentado e sobre o gran e longo atentado que está a sofrire a cidade por puro capricho do BNG e dos seus colaboradores do PSOE, a afogante peatonalización á que agora se suman as bicicletas, que parecen circulare antr´a xente con licencia pra matare; porque somos a cidade sen lei. Daí que desta volta ande o Concello cun novo plan de circulación. Despois de ter marrado en cinco ocasiós. Eso sí, arruinaron a cidade.
-
Enlaces:
-
-

No hay comentarios: