viernes, 29 de octubre de 2010

A DESGRACIA FORESTAL EN GALICIA

Noticia de La Voz de Galicia d´hoxe: A despoboación rural de Galicia trouxo como consecuencia o crecemento da masa forestal.
-
Ponteveda, 29.10.2010
-
Entrada n . 1333 do blog
-
A DESGRACIA FORESTAL DE GALICIA,
por Xesús López Fernández
-
Coido qu´a noticia está mal dada e que o éxodo do rural galego estivo condicionado, en gran parte, pola repoboación forestal dos anos cincuenta, "manu militari", con presencia do exército nalgún caso. Os eucaliptus entraron nas eiras das casas aldeáas; os montes quedaron privados do uso tradicional: pasto prá avenza (ovellas, cabras) e o armentío (gando maior). E xa dende pouco despois sabíase que, co lume, crecía a zona destinada a eucaliptus: unha hectárea queimada podería mostrar, como hai constancia, 22000 renovos de cepa. Era unha das formas usadas pra expandire a plaga forestal.
-
Despois da catástrofe do 2006, equiparable á do 1989, cando tamén o PSOE formaba parte do goberno galego, moitos eucaliptales que non foron cortados, nen se intentou rexenera-lo monte, mostran o aspecto do que aparece na fotografía, con exemplares queimados que xa non se recuperaron, porque o chan está, nalgús casos, mineralizado, esgotado, como se pode estimare no entorno de Cuñas, en Pontecaldelas. E ó mellor aínda sigue a casta política a prima-lo absentismo do campo, a subvenciona-lo abandono das terras de labor pra unha maior prantación de eucaliptus, entregado o poder ás mafias.
-
A conseguinte reforestación coesa especie pirofítica non fixo máis que consolida-la derrota da nosa terra pra facilitare a presencia aquí de empresas de tipo colonialista e de vertedeiro, versus Ence de Pontevedra. ¿E non sería mellor pensare nas especies climax, devolverlle á terra as súas colores de cada estación? ¿Pero é qu´o monte non pode ter outro destino máis noble, tornar a sere asento e pasto da nosa gandería? Pero, non; parece que a gandería tamén está baixo seria ameaza en toda Galicia, onde nos asolaga o leite negro subvencionado, chegado d´Europa pra matare máis aldeas. Aínda máis.
-
Enlace:
-

3 comentarios:

josele dijo...

El mismo artículo de LA VOZ es súper promafioso. Viene a decir subliminalmente que no hay nada mejor para la ecología que el abandono de los núcleos de población rural, porque crece la "masa" arbolada.

Y que si esa "masa" es eucaliptal, pues maravilloso, porque lo "otro" no se iba a dar en ese lugar castigado por la mano de dios.

o blog de xesús lópez dijo...

Celebro a coincidencia de criterios, porque a nota de La Voz parece que foi escrita ó dictado dos intereses mandantes ou grupos mafiosos.

josele dijo...

Si no, no se explica de otra forma...