domingo, 31 de octubre de 2010

SOCIEDADE E POLÍTICA

O chiste de Caín, en La Razón, convén ó momento actual, á convulsión que pode vivi-lo país a causa da situación de incerteza. Por eso, di o humorista, os políticos queren estira-lo presente.
-
Pontevedra, 1.11.2010
-
Entrada n. 1334 do blog (artículo semanal)
-
Sociedade e Política,
por Xesús López Fernández [1.11.2010]
-
As elecciós de Cataluña, o 28 de Novembro, poden ter consecuencias benfeitoras pra todo o país, porque a sociedade quer cambia-las cousas, xa non cree no Estado das autonomías. Os comicios anunciados poden marcare una alborada de rexeneración. Incluso Montilla, que tan mal traballou prá súa autonomía, di non ser nacionalista. Así, Carlos Herrera dedicoulle un artículo aceirado no ABC do 29.10.2010 titulado “Un necio en el Tripartito”, no que chega decir que agora virá pra el a visión retrospectiva, a presunción…de ter presidido un importante ensaio político sobre a necedade como goberno na compaña de tontos peligrosos; tanto que un deles, secretario de Inmigración da Generalitat, chegou afirmare que “antre Benedicto XVI e Abdelwahab Houzi ( o imán de Lérida) costaríame escollere xa que son dúas caras da mesma moeda”. E pergunta Herrera quen é quén, porque Joseph Ratzinger, ademáis de xefe espiritual da Igrexa Católica (a que en España dá de comer, a través Cárítas, a unhas oitocentas mil persoas) pode se-lo pensador e intelectual europeo de maior talla no momento actual.
-
Montilla redifínese como catalanista; pero os cataláns, sentinelas, pensan que o 28N poden ser decisivos C´s (Ciutadáns) e Iniciativa per Cataluña. Albert Rivera e Josep Anglada estánse movendo con coherencia, liderando ámbo-los dous partidos con programas de rexeneración. E así Joan López, ex diputado do PP en Cataluña, manifesta o seu apoio a C´s fronte a outras opciós: “a presencia de Ciutadáns no Parlament é o único freo ó nacionalismo e á separación antre Madrid e Barcelona, que é o que se dirime nestas elecciós”. “Cataluña non tería sentido sen España, nen viceversa”; cada vez son máis os catáláns que se rebelan “fronte ás imposiciós dos que tentan levantaren fronteiras dentro do país”. Son frases de Albert Rivera, como a de que queren “facilita-la chegada de empresas a Cataluña levantando tóda-las barreiras lingüísticas; aprobar una nova lei electoral en base a listas abertas,.. democratización a través da celebración de primarias.”…
-
Ha haber ocasión de tornar sobre o devandito, sobre a mensaxe rexeneracionista que parece conleva-lo discurso de Ciutadáns, que aquí aínda non vemos. I eu telumbro una campaña nesta nosa terra e prós comicios de Maio 2011 acre, chea de mentiras. Tamén de insultos, evidentes en moitos casos. I eso non se pode consentir, nen o discurso renuente sobre unha democracia ausente e una política falta de transparencia. Moito falarnos de Estado de dereito pero ¿ónde está? ¿Por qué os cidadáns teñen que acodir decote á Xusticia, que por outra banda non parece tal?. Por lenta e porque parece non actuar con independencia. I é a sociedade a que ten que denunciar casos relacionados sobre todo con cuestiós de Urbanismo e Medio Ambiente; casos nos que, fracasada a denuncia administrativa, non queda outra alternativa que a vía xudicial, algo que non debería producirse se os políticos compriran cos seus deberes, atentos ás leis e á súa aplicación; unha clase política que ten que estar ó servicio dos cidadáns, nunca ó de escuros intereses, algo moitas veces presumible.
-
Cando a cifra do paro non deixa de crecer e anda en torno ós cinco millós o das persoas que se quedaron sen traballo é porque as cousas se estiveron a facer mal, que son consecuencia dunha mala gobernación, falta de ideas pra amellora-la nosa economía, e de que fomos conformando un Estado insustentable, con autonomías e concellos que poden chegar á suspensión de pagos. Moitos discursos de fantasía, de hipnotización, de “brotes verdes”, ou de creeren que con retoca-lo Iva ou o IRPF se resolverían os problemas non deixan de sere una pura xangada. O que se incrementou foi a probeza. E, qué curioso, andan estos días os do tripartito catalán co discurso anticatólico, contra a visita papal, cando como xa quedou apuntado, no 2009 foron oitocentas mil persoas as que recibiron de Cáritas axudas de primeira atención. O que a sociedade quere é que se poñan en práctica políticas prá creación real de emprego; que o patrimonio dos políticos poida estar sempre baixo contral. Necesitamos políticos honestos e unha reacción social imparable pra que non cambien de idea.

No hay comentarios: