martes, 26 de octubre de 2010

BENEDICTO XVI VEN A SANTIAGO

Escudo de Benedicto XVI nos xardíns privados do Vaticano. Foto tirada polo titular do blog con ocasión da peregrinación dun colectivo da Pastoral e Saúde diocesáa, a Roma, no ano 2007, todo un privilexio ter accedido a aquel espacio. No escudo está, antr´outros elementos, a cuncha de vieira, presencia xustificada ante a lección de San Agostiño ó neno que quería libra-lo mare nas areas da praia; tamén relacionada coa simboloxía dos peregrinos. E con Santiago polo tanto.
-
Pontevedra, 26.10.2010
-
Entrada n. 1329 do blog
-
BENEDICTO XVI VEN A SANTIAGO,
por Xesús López Fernández
-
Digo Benedicto XVI porque entendo que é a forma culta de deci-lo nome do Papa no noso idioma. A popular sería Benito; pero a forma Bieito, da que se deriva o apelido Viéitez ou Viéites, é un medievalismo caído da nosa fala, un de tantos vocablos que, por máis que se encirren algús "creadores", corresponde a unha psicoloxía do idioma distinta, a outro tempo, e xa é tarde pra ser retomado. Sí pode servire pra converti-la nosa lingua nunha fala de opereta. Perdón, pero así o vexo, entendendo que Benedicto mantivo o seu uso vivo porque a Igrexa, que ata hai pouco falaba latín, usou permanentemente "benedictus, benedictum" e xa, no momento no que estamos, a palabra que convén usar é Benedicto, vivo gracias á liturxia en latín. Algo parecido ó que ten pasado con outras palabras, como estricto, que ven de estrictum, vivo no latín eclesial, e que ten un significado distinto de estreito, da mesma orixe, pero evolucionada noutro momento. E hoxe, ambas palabras, estricto, estreito, teñen distinta significación. ¿Non vos lembrades de cándo os lusistas querían facer prevalecere a forma Bento no canto de Benito, que é a palabra forxada na evolución da nosa lingua?
-
En fin, coido xustificada a miña preferencia si escollo, en relación co Papa que nos vai visitar, o nome de Benedicto. Pero o interese desta entrada está, fundamentalmente, na presentación dun enlace de rtve.es, televisiónalacarta, con información sobre a visita do Santo Padre e do simbolismo do Camiño, camiño ecuménico no que se atopan e conviven persoas católicas e protestantes, ademáis d´algún que outro agnóstico. Como remate da gran camiñata, o padre Paco Castro propón a pousada dos peregrinos, pra solaz dos que chegaron á meta e como punto de reflexión, de interiorización do que o Camiño representou prós que alí queiran meditare a súa experiencia e proseguir o seu camiño de esperanza cara á eternidade.
-
-

No hay comentarios: