miércoles, 22 de diciembre de 2010

ACONTECEU EN BELÉN

(clicade nas fotos pra velas máis agrandadas). Fíxenas en Belén, son lembranza traída da peregrinaxe a Terra Santa do pasado ano. Na escea está a Sagrada Familia, o Neno recén nacido; a mula e o boi danlle calor, que valen como postal de Nadal, deste Nadal no que se renova a vida.
Nesta, o altar está decorado con diversas secuencias do nacemento e das primeiras visitas: os Reis que non eran precisamente reis, senón magos chegados posiblemente da Mesopotamia. Os magos tiñan máis sabiduría qu´os reis i eran, normalmente, os seus conselleiros.
Unha fonte no Campo dos pastores. A igrexa ó fondo, de Barluzzi, quer imitare o feitío dunha tenda de campaña.
A fuxida a Exipto. San Xosé foi avisado por un ánxel de que corrían peligro; que fuxan a Exipto, que xa lles pasaría aviso cando fose posible o retorno.
-
Pontevedra, 23.12.2010
-
Entrada n. 1386 do blog
-
ACONTECEU EN BELÉN,
por Xesús López Fernández
-
Podería incluir máis fotografías neste post, sobre todo da Basilica da Natividade e outras da poboación de Belén, que respira en clave cristiáa aínda que presionada polo islamismo, o mesmo que arrasa templos no Exipto, en Irak, Pakistán ou na propia India, ou asesina a testigos do cristianismo máis primitivo, especialmente os coptos do Exipto ou da vella Caldea, no Irak.
-
En Belén funciona unha factoría en réxime cooperativo, na que se elaboran, fundamentalmente en madeira d´olivo, figuras, esculturas, releves da última cea de Cristo e os seus apóstolos. De qu´a esta cooperativa lle vaian ben as cousas depende a posibilidade pra algús daqueles cristiáns de permaneceren na súa terra, de non ter que emigrare á busca de traballo lonxe do seu país, a USA ou Arxentina, o que ven traere unhas consecuencias non queridas. As mulleres solteiras vense obrigadas a abxurare da súa fe e acepta-lo islamismo ó contraeren nupcias, en realidade, cun nemigo da nosa fe.
-
Teñamos en conta a precariedade coa que viven os cristiáns, sobre todo no Oriente, pero tamén nun país como o noso, cun Goberno que predica unha apostasía real da fe católica. Esperemos incluso tempos peores na situación de corrupción case total que vive a Política española.
-
Neste panorama sombrizo teñamos forzas pra nos mantere no camiño marcado dend´a alborada do Cristianismo polo nacemento homilde de Xesús, "nun pesebre sendo rei" nunha gruta, en Belén. Certo qu´a fantasía e devoción, de grandes artistas ou do pobo chan, foron tecendo verdadeiros tesouros en torno ó Nadal, antre os que non podemos deixare de man a serie de panxoliñas, expresión culta ou popular, como a que canta:
-
"Camiñando pra Belén/ van os tres magos d´Oriente.../ Levan castañas cocidas.../ leite fresco e bica quente". A cambio do encenso, ouro e mirra, os magos da panxoliña galega levan productos da terra, da nosa terra. Según esta letra levan castañas cocidas ou zonchos (as cocidas coa tona), non bullós, as castañas asadas, agora que xa case pasou o seu ciclo. Novoneyra decía: "Xa é tempo de bullós", referíndose ó comezo da castañeira, asadas en tixolos, tarteiras ou tixolas furadas.
-

4 comentarios:

josele dijo...

¡¡¡¡¡¡preciosas fotos!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

¡¡feliz navidad Xesús!!!!!!

o blog de xesús lópez dijo...

Trouxen como máis de mil fotos de Terra Santa, o pasado ano. Un verdadeiro caos agora pra organizalas.
Alégrame que che gustasen as agora seleccionadas pré secuencia de Belén.
Feliz Nadal como pra toda a familia católica de Facebook.

José Luis Valladares Fernández dijo...

Las fotos son preciosas.
¡¡¡Feliz Navidad!!! que pases unas navidades muy felices en compañia de los tuyos, en esas bonitas tierras gallegas.
Un abrazo

o blog de xesús lópez dijo...

Gracias, José Luís.

Recibe mis deseos de una Feliz Navidad, con tu familia.

El arquitecto Barluzzi, el autor del proyecto de la iglesia del Campo de los Pastores, que le dio una cierta forma de tienda de campaña, es autor también de otra iglesia, en Jerusalén, que está en la bajada del monte de los Olivos. Fue allí, en un lugar que es en realidad un mirador de la ciudad, donde el Señor lloró. "Dominus flevit". Así se llama el templo allí construído, que tiene una cierta forma de lágrima, de las lágrimas derramadas por el Señor.
Feliz Navidad, repito. Xesús.