martes, 14 de diciembre de 2010

A CARROCETA DE SATÁN E OUTRAS NOVAS

Foto máis realista que a que ven despois da carroceta de Satán. "Prohibido dormir, prohibido soñar, estade sempre alertas que Satán pode concretarse en calquer momento como simple operario ou concellal xestor de vasuras".
Ésta é a carroceta de Satán. Acaba d´estare na miña rúa, que na foto apréciase cómo está de sucia a consecuencia dos lixiviados do camión da vasura ou ben do aceite das fritangas dalgún negocio d´hostelería. A foto non é d´hoxe, madrugada do 15 , pero vale pra explicare algo máis en relación co tema das vasuras, algo que non se noticia na información de La Voz de onte 14.12 e que ven ser unha forma de terrorismo noitarego do propio Concello: a gran traca do vertido de botellas prá súa "reciclaxe", xa na madrugada. Pode acontece-lo episodio antre dúas e tres A.M.
-
Pontevedra, 15.12.2010
-
Entrada n. 1382 do blog
-
A CARROCETA DE SATÁN E OUTRAS NOVAS,
por Xesús López Fernández
-
Os "organizadores" do Concello, según a información do 14.12 de La Voz, tiveron unha xuntanza cos veciños da zona vella [quero supoñer que é mentira, que se reunirían talvez con algún karrikí dalgunha asociación non representativa], pra falare da recollida das vasuras na zona vella, pró que andan a idearen un novo sistema e a posible supresión dos contenedores.
-
Según a noticia son tres os supostos dos que parten unha vez desestimado o posible soterramento dos contenedores: 1. Recollida en bulsas, que os residentes i establecementos depositarían nas súas fachadas, a toque de corneta, na hora indicada polo Partido; 2. A imprantación de contenedores menores que, tamén a unha hora determinada, veciños ou establecementos sacarían dos correspondentes edificios; 3. O mantenemento dos actuales contenedores.
-
A involución está servida. Privados os residentes d´espacios públicos, agora imos ter como divertimento principal o de mantere un horario prá entrega das nosas vasuras. É decir, que ó mellor non se pode facere un viaxe ou ir a un concerto en función da entrega da vasura ó Partido.
-
É lei do Partido, sí, que acabou coa vella distribución dos ditos contenedores e que, no seu delirio de mante-la bullanga e a privatización das prazas ó servicio da industria sucia da hostelería de terceira, a mesma que emporca rúas i espacios abertos nos que está encarnado o delirio soviético do Concello, non pensan por un momento en racionalizaren de novo o que antes se traducía noutros criterios, porque os contenedores se situaban na cabeceira ou á marxe de espacios abertos, nos que se darían dese xeito menos problemas d´alcatreo que cando se ubican, como ven acontecendo dende anos, nas rúas estreitas pra así manteren largos como a praza da Verdura, a dos Polos, Curros Enríquez, sen contenedores, pra así dare unha simple apariencia de decoro que esgaza cando o turismo entra nalgunha das rúas estreitas condenadas.
-
Eu aínda lles podo dar outra idea: a de que lle encarguen a Fole o deseño dun velador-tipo que conteña o seu propio minicontenedor-recolledor. Non se vería na práctica, e os problemas derivados da fritanga ou restos do tapeo, ata a súa entrega ou reciclaxe, administraríaos o propio tabeneiro. Incluso cabería o desenvolvemento dalgún curso de capacitación.
-
Pero a presencia da carroceta de Satán na zona vella, terrorismo do Concello, maldecímola os veciños, aínda que non algús dos representantes, [pode que subvencionados], que terán falado cos "organizadores" do Concello e que nalgús casos non viven na zona vella nen están censados en Pontevedra.
-
La Voz de Galicia, 14.12.2010: O Concello prantexa outro modelo de recollida da vasura na zona vella. (Contén outra noticia relacionada, a opinión do PP sobre o servicio de recollida, caro pró que realmente representa)

4 comentarios:

josele dijo...

"Salve Satanas, Salve Satanas, Salve Satanas
In nomine dei nostri satanas luciferi excelsi
Potemtum tuo mondi de Inferno, et non potest Lucifer Imperor
Rex maximus, dud ponticius glorificamus et in modos copulum adoramus te
Satan omnipotens in nostri mondi.
Domini agimas Iesus nasareno rex ienoudorum
In nostri terra Satan imperum in vita Lucifer ominus fortibus
Obsenum corporis dei nostri satana prontem
Reinus Glorius en in Terra eregius
Luciferi Imperator omnipotens
Salve Satanas, Salve Satanas, Salve Satanas, et salve tua carroceta."

Gog et Magog tei filli carroceta in vigilandum sunt.

Salve Satanas, salve BNGÁ

o blog de xesús lópez dijo...

Paréceme un latín algo macarrónico, pero vai coa filosofía do post.
Preferiría qu´o fixeras en plan lorquián.

Praza dos Porros
que na noite pecha
acolle a visita
da carroceta!

Veciños todos
ou alma dos idos
detede o tronicio
da carroceta!

Que Satán a conduza,
afiliado ó Partido,
non vos quite as forzas
contra o terrorismo vil
e noitarego
da carroceta!

A verdade, xa non sei qué defensa pode haber.

josele dijo...

jejjeje.... buenos versículos para acompañar "o tronicio" do Inferno !!!

Y yo pregunto ¿Nadie más se queja de este asunto?? ¿Donde están las voces de los demás vecinos? Imagino, que la respuesta será que son silenciados sistemáticamente....

o blog de xesús lópez dijo...

A xente xa non protesta, aínda que non falei con nadie... Sí, falei cunha veciña que, como se tivera o electroencefalograma plan, enumerou o que tentan faceren, lastra-la gran costa, a que leva ó comedor de San Francisco, toda ela medio water, e a San Sebastián, onde hai xa máis descargas das que deberían corresponder a un espacio angosto como ela é.
A ver se ó longo da tarde podo volvere co PC e meter un novo post sobre este tema, con fotografías do meu espacio urbán.

E xa postos, puideron ter convertido en punto limpio o local destinado a Terras de Pontevedra, no que algús días non debe entrar ninguén.