jueves, 14 de marzo de 2013

Un peregrino de Asís

Mássimo Coppo, irmán franciscán, peregrinou dende Asís i estivo varios días, de xionllos, ás veces baixo a chuvia, pregando por un novo papa que se preocupe polos máis probes, por un novo San Francisco. E Francisco, curiosamente, é o nome do actual Papa, un home comprometido cos probes. 

Pontevedra, 15.03.2013
Entrada n. 1627 do blog


Un peregrino de Asís,
por Xesús López Fernández

No ano 2009 peregrinei polo itinerario franciscán do val de Rietti, con paradas en Fonte Colombo, Greccio, Asís, Padua. Naqueles días, 19, 20, 21 de marzo, colleunos a neve e non puidemos sobire a La Verna, onde San Francisco recibira os estigmas da pasión, porque poderiamos quedar bloqueados naquel esculcadoiro extraordinario por varios días.

Agora é noticia en Religión en Libertad que si o propio poverello, San Francisco, estivo presente neste cónclave, algo que desmentirán moitos medios, que dirán incluso que se trata dunha montaxe. Pero o enlace que vai a continuación dá acceso a esa noticia, a cómo o home aguantou varios días, incluso con chuvia, rezando na praza de San Pedro, cos xionllos fincados no chan. Algún alma caritativa achegouse a el pra amparalo da chuvia, pra falar tamén coel. Veredes que o enlace dá acceso tamén a un video no que se pode apreciar ben o aspecto do irmán franciscán peregrino que pregaba por que do Cónclave saíse escollido un papa que se achegue ós probes, un que fale do inferno, da eternidade e do retorno de Xesucristo. E alí, en Roma e ante os cristiáns de todo mundo, compareceu o Papa Francisco, un home homilde, perto dos máis necesitados e que, curiosamente, fala de Satán, do seu poder.

Este peregrino franciscán, Massimo Coppo ten 64 anos e camiñou, pra ser testigo activo do acontecemento, ó longo de 180 kms., a distancia que separa Asís de Roma. Apoiado nun caxato e con vestimenta franciscáa de yute. 

Sigue o enlace con máis informción, fotografías e video.

Religión en Libertad (clicade): "¿Era éste o mesmo San Francisco que rezaba en San Pedro agardando polo Papa Francisco?"   
La Verna, Monte Alvernio (clicade)

2 comentarios:

Candela Ca dijo...

Había visto antes las fotos y también pensaba que era una especie de montaje, gracias por sacarnos del error :)

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Candela:
El hombre es franciscano y lo incluyo nuevamente en mi artículo semanal, que acabo de concluir. Lo estoy repasando.
Lo curioso es que el nuevo Papa fácilmente no sabía de él, pero en sus diálogos con Scherer, el obispo de Sao Paulo, se pronunció por una Iglesia pobre, por la pobreza y la paz. Y la idea de tomar como nombre el de Francisco, pudo haberle llegado por el hilo conductor del Cuerpo Místico, la oración de Massimo Coppo, de rodillas y bajo la lluvia en la plaza de San Pedro.
En Religión en Libertad, periódico digital, puedes encontra información.
Un cordial saludo,