viernes, 22 de marzo de 2013

Apuntes celulósicos [27.12.2003]

Fotografía das marismas de Lourizán  de comezos do século XX. Esta podería ser hoxe a praia urbá de Pontevedra, ademáis do banco marisqueiro máis importante de Galicia. O autarquismo franquista  trouxo a fábrica de celulosas, industria de vertedeiro, e cercou o espacio coa autovía a Marín, agresiós ambientales que serían consolidadas pola nova casta política parasitaria, da man da presunta mafia portuaria. Hoxe é todo ese espacio un dominio público marítimo terrestre a recuperar. Difícil, porque non hai vontade por parte de nengún partido político de demanda-la aplicación da Lei de Costas, que acaba de ser cambiada presuntamente ó servicio dos clústers. Non só eso, senón que tentan facere novos paseos polo norte da autovía a Marín, o que demostra a súa traición e falta de sentimento ecoloxista, porque o litoral está definido pola parte baixa da vella estrada a Marín. Sí parecen estaren nerviosos ante as sentencias do TS dictadas mercede a acción popular dos veciños d´Os Praceres, e a orde de execución da sentencia de levantamento dos recheos deshonestos do porto de Marín, máis alá do fondo da foto, da línea na que se aprecia a igrexa d´Os Praceres do arquitecto Sesmeros, póñeos aínda máis nerviosos. O prazo dado polo TSXGalicia vence nun par de días. A ver qué responde desta volta a inicua Autoridade Portuaria, que tivo presidentes do PP (aquel Tomás Iribarren, amigo de Rajoy, que presuntamente pulou pola construcción do ferrocarril que hoxe invade 55000 mt2, e outros que seguiron no cargo), que mesmo o actual é o home da ministra Ana Pastor, cuio ministerio promoveu obras de consolidación da avenida que aínda non estaba no tempo desta foto, pra favorece-lo tránsito de mercancías ó espacio que administra, como queda dito, o seu marido. 

Pontevedra, 22.03.2013
Entrada n. 1631 do blog 

O artículo é do ano 2003. Paréceme oportuno inserilo desta volta porque hoxe é o Día Internacional da Auga e que, do estado da ría no tempo da foto ó día d´hoxe, sirve pra demostrare a traición permanente dos grupos políticos, incluso dalgún grupo ecoloxista que veu actuando, realmente, non na defensa da ría, senón como simple baraza do BNG, tamén traidor en Pontevedra. Por certo, a foto que presentamos é mérito das pescudas de José Valero Casal e no seu blog i en Facebook está presentada. Deámoslle gracias porque pode valer de luz prós políticos "iluminatti". 


Apuntes celulósicos, [27.12.2003]
por Xesús López Fernández

          No último pleno do ano entraron de novo xentes de CC.OO., pero menos que no da fama, uns cincuenta. A por algún deles chamada revolución permanente  estase a desinflar. Parece que incluso as conclusiós que trouxeron da súa viaxe a Madrid non foron ben explicadas. Alguén lles colocou o invento de que Lourizán podería ser transferido á Autoridade Portuaria. I en Marín parece que as cousas tampouco andan ben, aínda que algús manteñan a afirmación de que aquel “polígono industrial” debe seguir medrando. Pero, en fin, non polo feito de afirmaren unha e outra vez que os recheos alí feitos gozan de estudio de impacto ambiental debe ser dada a cousa por certa. E parece que molesta a existencia dalgún colectivo que demanda os preceptivos estudios e a aplicación da lei, así como o funcionamento crítico da comisión recentemente creada, porque algunhas das industrias ubicadas no espacio portuario poderían estaren noutra parte, sen lesionar máis ó mar. Recordemos que, en relación co que se leva feito fálase de presunta trama. 

            Tamén existe unha certa preocupación cidadáa pola pretensión da UGT de poñer en marcha un referendo sobre a cuestión da papeleira que non dispón de terreo concesional. Temos xa analizado moitas das cuestiós, das ilegalidades que se dan en torno ó tema de Lourizán. Pero esto do referendo que non sería vinculante, ¿con qué intención?, parece totalmente desaforado, porque a filosofía do mesmo, a pergunta sintética, poderíana concretar doutros xeitos.  ¿Cargármonos o Estado de dereito? Porque mutila-la Lei de Costas, que naceu precisamente pra limpa-lo litoral de presencias urbanísticas non xustificadas, ou de horrores como Ence, a día d´hoxe superamortizada, que sigue a envenenar un espacio sensible que debemos recuperar, equivale a dar un salto involutivo de tal magnitude que os políticos que non queren chegar ó fondo das cousas e poñer en marcha a fin do tormento, nen recupera-la harmonía que moitos reclaman, merecerían un calificativo, o de franquistas, coa particularidade, lembrémolo unha vez máis, de que no 1973 o goberno de Franco, ó nega-la calificación de urbán ó chan de Lourizán-Placeres, afirmaba que as industrias alí presentes foran un erro, do que soamente se poderían derivar problemas prá saúde e prá convivencia humáas. (Esas enfermedades sobre as que existe un ocultismo que non se entende, empeorado co incendio dos expedientes almacenados en Alba.).

            E por preocupación, a propia afirmación de Cristina Narbona,--que xa debe ter información dunha fin distinta prós nosos problemas de tipo medioambiental--, de que a concesión é improrrogable máis alá do 2018, algo que sabemos pola propia lei e sobre o que sobran perguntas. Cuestiós como a da nulidade radical, de obras efectuadas sen concesión estatal, ou sen licencia, deberían estar no discurso dos políticos antes que a frivolización dun referendo sen valor. O que sí podería ter valor é outro posible referendo, algo do que xa teño oído falar: A posible segregación de Lourizán-Placeres e a súa constitución en Concello. A ver que nos trae o tempo. E imos dar un salto ó Uruguai, onde Ence tamén ten intereses e pode que problemas, que finalmente se quede sen concesión prá pasteira.

A pranta loxística de M´Bopicuá comezou a traballar e a Marín está chegando madeira de eucalipto esnaquizada, daquela procedencia. É decir, en certo sentido, os postos de traballo de Lourizán son agora “inducidos” de M´Bopicuá. Pero a fábrica de celulosas de Ence, no Uruguai, está sendo moi cuestionada polas xentes do país e polos arxentinos de Entrerríos. O fiscal Enrique Viana Ferreira  entende que a concesión  a M´Bopicuá está caducada e con data 21.11.2004 emprazou ó goberno do señor Batlle prá súa anulación. Un medio daquel país, EL GLOBO, anunciaba con data 17.12.2004 que unha comisión especial ía estudia-la viabilidade ou non da terminal de M´Bopicuá. E ROSARIO NET, na mesma data, declaraba como inadmisible o discurso de Batlle, a rebufo do requerimento fiscal e a súa recomendación ós opositores de que viaxaran a Pontevedra, pra conoceren este “paraíso”. O que non sabía o presidente é que aquelas xentes xa estiveran aquí e saben ben da maldición que lles cae enriba. No Uruguai están a cambiaren as cousas e, coa nova lexislación sobre a auga, pode haber sorpresas. Os grupos ecoloxistas do país están razoablemente esperanzados pola actuación do fiscal. A denuncia foi admitida xudicialmente. Esa debía se-la preocupación de UGT aquí, o imperio da lei antes que puxaren ós partidos a un involucionismo necio. 

No hay comentarios: