Defensores do Estado de dereito son atacados pola policía que parece actuar como exército particular do clúster portuario. O artículo que sigue, do ano 2004, está escrito en relación co Día Internacional da Auga daquel ano. E, curiosamente, a Plataforma prá Defensa da Praza d´Os Praceres, que obtivo sentencia favorable do TS ordeando o levantamento do ferrocarril, leva pulando tamén polo tema dos recheos portuarios, sobre o que foron dictadas tamén diversas sentencias. E nen a Administración local nen a central estiveron á altura das circunstancias, como intentando legalizare a actuación de forzas depredadoras cando non foron elas mesmas as causantes do desgarro ecolóxico desta ría, asunto no que, nestos momentos, é evidente o contubernio existente antre Benito Suárez Costa, presidente da Autoridade Portuaria, e a súa muller, Ana Pastor, ministra de Fomento, que consumou certas burradas de infraestructuras urbanísticas, presuntamente pra salvare a obscena ocupación de 370000 mt2 de lámina de mar, como se comenta na entrada anterior. Curiosamente, a Plataforma prá Defensa da Praza dos Praceres, protagonista na entrada anterior, érao tamén neste traballo recuperado do ano 2004. Non entendo por qué, como opción política, a Iniciativa Cidadá dos Praceres, non chegou a se convertire na principal forza política pontevedresa. Sería cousa de insistir, de predica-lo seu evanxelio polas parroquias todas, de lle poñer nome e apelidos ós traidores.
Pontevedra, 29.03.2013
Entrada n. 1635 do blog
Artíkculo do 2004
Loitadores pola xusticia, [26.03.2004]
Por Xesús López Fernández

A loita
das xentes de Caldas é conocida. As presiós sobre elas exercidas, a ocupación
das súas terras, a constancia daquel colectivo e a confianza en que,
finalmente, a Xusticia había poñe-las cousas no seu sitio, son dignas de citar.
A día de hoxe o encoro permanece como realidade insultante, pendentes os
veciños da execución da sentencia do Tribunal Supremo que declarou a obra ilegal.
Estamos afeitos a ver casos así, de obras condenadas que permanecen como algo
irreversible porque faltan arrestos pra lle poñer ese punto de perfectibilidade
que os fallos do alto tribunal precisan, momento ese no que a Xusticia sería
plena. E a semá tróuxonos outra sentencia do T. Superior de Xusticia [Sala de
lo Contencioso Administrativo, Sección Sexta], de data 5.2.2004, dada agora a
conocer e contra a que a Administración ten un prazo de dez días pra recurrir.
Esta noticia, que foi dada en primicia polo Diario de Pontevedra
[26.3, a catro planas], refírese ó recurso apresentado por Eladio Torres Castro
e mai-la Asociación Plataforma Defensora da Praza dos Praceres contra a
resolución da Dirección General de Ferrocarriles do 25.10.2001, denegatoria da
petición de medidas necesarias prá supresión dos pasos a nivel da praza dos
Praceres con ocasión da execución do Proiecto Relativo ó “Ramal de Acceso
Ferroviario ó Porto de Marín”.
Con motivo
da roda de prensa ofrecida pola dita plataforma, o seu portavoz, Eladio Torres
Castro, analizou algús dos aspectos da sentencia. E inda supoñendo que a
Administración poida recurrir por simple inercia o fallo do tribunal, os veciños estarían dispostos a pedi-la a
execución cautelar da sentencia que declara ilegal ou ilegablizable un tramo de
aproximadamente 250
metros de vía. O home insisteu en moitas cousas. Lembrou
os días de resistencia e loita e que mallaran neles; as acusaciós vexatorias de
que foran obxeto; de que houbo penas de cárcere pra xentes do colectivo que
resulta que tiña razón; que eran eles precisamente os que estaban a defenderen
o orde e non a forza pública. O home agradeceu os apoios que recibiran dalgús
políticos, así como lembrou que a Administración local non estivera con eles e
que por esa razón principalmente crearan un partido político, a Iniciativa
Cidadá dos Praceres, da que asegurou que é hoxe unha forza crecente.
O
colectivo está pendente de diversos contenciosos, nos que deberá pronunciarse o
Tribunal Superior de Xusticia de Galicia. Van alá catro anos de espera, pero a
sentencia do Tribunal Supremo, que pode prosperar, abre un portelo certo á
esperanza, porque o famoso “ramal” que non é ramal non valería de nada si se
quedase sen o tramo dos Praceres. Eladio Torres afirmou que había outras
soluciós e que eles teñen equipo técnico pra poñelas en marcha. Si llo piden,
claro. Fomento e a Cotop quixeron obvia-lo estudio de impacto ambiental e non
se privaron á hora de entraren no dominio público marítimo terrestre. Os pasos
a nivel, prohibidos por lei, impuxéronos de forma brutal “porque a praza dos
Praceres non era tal, era un
descampado”. Pero agora ordea o alto tribunal á Administración a supresión dos
pasos a nivel alí establecidos. O capítulo pode non estar aínda cerrado, pero no
grupo dos Praceres, como nos que loitaron en Caldas contra o encoro, conservan
a moral necesaria pra faceren que a Xusticia triunfe. A sentencia aludida
doulles nova moral e a confianza de que, na fin do túnel, o Tribunal Supremo
pode poñe-las cousas no seu punto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario