domingo, 17 de marzo de 2013

Camiños de ida e volta [9.04.2004]

Chiste de Caín, en La Razón. Pepe foi emigrante a Alemania; agora parece que, nun país arrasado como España, o neto de Pepe vai ter que emigrar, como fixera o seu avó, porque sí  pode ter oportunidades de traballo en Alemania. Parece como se aquí non tiveramos economistas e, cun poder satanizado, todo se volve solar, esperanza de que volva a burbulla inmobiliaria. Nada de recupera-lo sector primario da Economía, no que sí se poderían crear postos de traballo. Pero non se pensa, como se no Goberno non fosen máis que unha panda de descerebrados.

Pontevedra, 17.03.2013
Entrada n. 1629 do blog

Presentamos un traballo do ano 2004, Camiños de ida e volta, outra forma de entende-la economía.

 Camiños de ida e volta, [9.04.2004]
Por Xesús López Fernández

            Gaviotas, Colombia. É outra das  historias [como as tres restantes] que nos brinda a “Situación do Mundo 2004”, do Worldwatch Institute. Trátase dunha comunidade de 200 persoas que viven nunha zona rural, preocupadas pola calidade de vida e o medio ambiente como determinantes do seu desenvolvemento. Satisfeitas as súas necesidades básicas, os veciños non teñen que paga-lo seu sustento, nen a educación nen a vivenda, nen a atención médica. Non teñen alcalde, encargándose a presión social de mante-lo orde. Tódo-los adultos teñen traballo, xa nos negocios nos que fabrican paneles solares ou xeneradores eólicos, en cultivos ecolóxicos ou na cousa forestal. Como traballan xuntos, fan habitualmente o xantar nun espacioso refectorio. Teñen as necesidades de tipo social ampliamente cubertas, formando parte do seu traballo cotián. Prós veciños de Gaviotas o benestar significa deixar no entorno unha pegada apenas perceptible. Son excedentarios en enerxía, fundamentalmente eólica e solar e tamén aproveitan o metano xerado polo esterco do gando. Gaviotas, co seu hospital hoxe reconvertido en depuradora de augas, é  núcleo do maior proiecto reforestador de Colombia. Árbores pra permaneceren productivos, non pra seren esquilmados. ¿Non sería posible imprantar en Galicia, nalgunha aldea, ese modelo de producción e convivencia?

            Usar e deixar.  Dende que no ano 1895 o vendedor ambulante King Camp Gillette tivo a idea de vender folliñas de afeitar desbotables, as súas ventas sobirían vertixinosamente. No ano 1915 as cifras chegaron ós 70 millóns de dólares. E o que comezara sendo unha fonte de ingresos dun negociante pra se asegurar un fluxo de ventas contínuo tería de se converter nun concepto universalmente aceptado e hoxe son moitos os productos que, cando se compran, teñen xa unha data de caducidade prevista. Pero foi Gillette, que actualmente factura uns 10.000 millóns de dólares, a creadora desa filosofía á que sucumbimos case todo-los humáns cada vez que mercamos algún producto que supón o necesario abandono dalgunha das súas partes despois de usado. No libro citado se denuncia: “o culto compulsivo ó deus consumo ten conducido á humanidade ó borde do abismo ambiental: agotando os recursos, esparexendo sustancias contaminantes, degradando ecosistemas e ameazando con trastorna-lo equilibrio climático do planeta”.  Nen vemos no noso entorno unha política intelixente na xestión dos residuos. A reciclaxe segue sendo unha asignatura pendente.

            Os porcos de Willis. No estado de Iowa prodúcense do orde dos 15.000.000 de marraos en auténticas fábricas. A todos eles lles gosta o millo. Pero os cochos da granxa de Paul Willis son distintos porque non viven en pocilgas de cemento, senon que teñen unha dieta e vida diferentes. O home comprométese a sacar adiante 200 animaliños nada máis, ós que decote lles dá a correspondente ración de millo; pero dispoñen ademais de espacios abertos, de prados na propia granxa nos que poden retozar, desenvolve-lo seu comportamento instintivo, fozando no chan á procura de raíces e outros alimentos, enredando e facendo encames. Así, a carne que producen é máis san e de mellor sabor que a dos porcos procedentes das grandes granxas. Os porcos de Willis son máis vigorosos e o home pode abandona-lo uso de antibióticos e  hormonas de crecemento, co que aínda pode rebaixar costes. O home non vende o seu producto ás grandes empresas controladoras do mercado, senón que llo fai a unha compañía californiá, Niman Ranch, que dende o 1982 distribúe productos cárnicos de porcos [e outras procedencias] criados con normas de respeto.

            O papel. Foi mercancía escasa que hoxe inunda o planeta. O  nome ven de “papyrus”, un xunco que os exipcios esmagaban e prensaban pra obteren as láminas nas que reproducían os xeroglíficos. Pero o papel que hoxe conocemos inventouse en China hai uns 2000 anos, sendo o cáñamo e os trapos as fibras máis usadas na súa fabricación. O método pra fabricalo a partir da madeira foi concebido no 1850, por G. Keller, e actualmente non pensamos noutra fonte que esa, da que procede o 93 por cen do papel fabricado. Poden os boscos estar nun continente e as fábricas  a miles de kilómetros de distancia. I en todo o proceso de transporte e producción consúmense moitísimas enerxías e auga. E son precisos pasos inmediatos pra reduciren ese impacto. Unha reciclaxe ben planificada significaría un aforro certo. Como tamén o uso doutras fibras que poden ter un rendemento por hectárea e ano superior ó das prantaciós de eucaliptus, como é a kenaf [unha malvácea], e a palla do cereal, mondas de plátano ou residuos das desfibradoras de algodón, que poden nun futuro próximo ser materia prima preferente na fabricación do papel. Polo ben dos montes e dos ríos. No camiño de volta.   

5 comentarios:

Hna. Alicia dijo...

Muchas gracias por tu mensaje en nuestro blog. Que Dios te bendiga en todos los que haces por el bien de los demas!- Hna. Alicia

Hna. Alicia dijo...

Muchas gracias por tu mensaje en nuestro blog. Que Dios te bendiga en todos los que haces por el bien de los demas!- Hna. Alicia

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Heermana Alicia:
Os sigo, por lo menos de vez en cuando.
Creo que el Espíritu Santo no se equivoca y que con el nuevo Papa cabe esperar una fuerte reevangelización de la sociedad mundial.
Un cordial salido y muy agradecido,
Xesús

trillian dijo...

Pues si Xesús nos toca coger la maleta de nuevo, lo malo es que hay que meter el idioma tambíen y el emigrante de hoy no tiene que ver nada con el de "ayer"si va bíen preparado ...lo quieren si no ...no.

Biquiños.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Trillian:
Esto me recuerda un chiste, creo que también de Caín, en el que dos políticos hablaban del problema demográfico. Uno decía: "Tenemos un problema demográfico cierto. Necesitamos trescientos mil críos, pero que hablen alemán."
Aquí han destrozado el país; lo han convertido en solar de miseria al tiempo que arrasado paisaje y medio ambiente.
Unha aperta.