jueves, 21 de marzo de 2013

Triángulo de corrupción.... ambiental

Vista parcial da Cidade da Cultura, no monte Gaiás, do que hoxe se sabe foi causa da gran extracción de pedra que destrozou as entrañas da serra do Xistral, un espacio natural, según a acusación que fai a fiscala que interveu no caso. (Foto de La Voz de Galicia, 21.03.2013)

Pontevedra, 21.03.2013
Entrada n. 1630 do blog

Triángulo de corrupción....ambiental,
por Xesús López Fernández 

A Xunta quer salvare os recheos do porto de Marín porque carece de sensibilidade ambiental. Sobre eso informaban hoxe tanto o Diario de Pontevedra como La Voz de Galicia, pero esa información, salvo erro, non aparecía nas súas páxinas web. Debe ser un dos silencios pactados co poder. En todo caso, haberá que consulta-las versión pdf dos xornales a partir de mañán, supoño. Pero a actuación da conselleira do Mar Quintana, parece inicua cando se pronuncia pola salvación de algo que está sentenciado. Certo que a corrupción, neste caso, non comezou coa conselleira, que deso deben saber máis Tomás Iribarren e María Ramallo, e o propio Lores, que todos eles están presuntamente na trama, parece que con obediencia xurada ós clústers portuarios.

Pra aforrare palabras lembrémo-lo meu artículo "Sobre lucro cesante", no que suxería que a autovía a Marín tendida por terreo demanial e que podemos calificar como ilegal, pero que foi mellorada por Ana Pastor en favor da Autoridade Portuaria de Marín que preside o seu propio home, podería servir prá arrancada da gran caravana de vehículos pesados que levanten os recheos declarados ilegales por sentencia do TS da nación e sobre cuia execución hai agora vinte días que se pronunciou o TSXGalicia, emprazando á Autoridade Portuario pra que concretasen o plan de actuacións previsto. Os veciños d´Os Praceres parecen decididos a ir á vía penal, algo que xa debería estar concretado hai tempo se realmente fósemos un Estado de dereito. 

Pois ben. Pra eses recheos habería un posible destino, varios en realidade, moitos dos montes engulidos por canteiras sobreexplotadas, especialmente na serra do Xistral, en Lugo, onde foi arrasada unha superficie de 1.2 has, según informa La Voz de Gqlicia, co que se danou un espacio natural. A fiscala, que cerra o xuicio con un conto, mantén a petición de cinco anos de cárcere pra cada un dos tres acusados do arraso, que negan ademáis ser conscentes do dano que causaban. É máis,declaran sere alleos ós destrozos causados. ¿Cómo se come?

Temos aí, pois, o triángulo da corrupción: Porto de Marín, polo tema dos recheos; Arraso no Xistral a beneficio da Cidade da Cultura; a Cidade da Cultura, o monte Gaiás reconvertido en monstruo que non se pode concluir porque esta autonomía non ten cartos pra tanta obra. Pero é que ese monte foi doado, como xa temos dito, a Don Manuel Fraga pra mausoleo a cambio, presuntamente, do decreto de supramunicipalidade pra poñer nas máns do Grupo Empresarial Ence, S.A., as Marismas de Lourizán. 

O triángulo da corrupción parece claro, aínda que hai moito máis que ver e investigar en Galicia. 

No hay comentarios: