sábado, 2 de marzo de 2013

XUNTA I ENCE, PODREMIA

Fotografía de La Voz de Galicia d´hoxe. Ence, causa principal da ruína de Pontevedra non pode seguir aí, pero a Xunta e outros intereses bastardos queren consolidala. Son os representantes do Relativismo de Satán prá destrucción da obra do Creador. 

Pontevedra, 2.03.2013
Entrada n. 1618 do blog

XUNTA I ENCE, PODREMIA,
por Xesús López Fernández

Coido que a noticia de La Voz d´hoxe coméntase por si mesma. No fondo deste asunto, tantas veces tratado neste blog queda unha vez máis evidenciada a traición da propia Xunta (e tamén do Concello aínda qu´o queiran disimular). Non importa que, de vez en cando, algús dos relativistas da Xunta, voceiros da senrazón, digan que Ence non vai seguir en Lourizán máis alá do 2018, cando a actual empresa, Grupo Empresarial Ence, carece de concesión.

Queren fundamenta-los seus apoios na loucura de Fraga, no seu decreto de supramunicipalidade pra, dese xeito, según pretendía o león de Vilalba, pagarlle a José Luís Méndez a doación de Monte Gaiás, corrupción en estado puro, ese cáncer con numerosas metástasis que non hai forma de amortizar. Decía o tolo de Fraga que Tisú de Lourizán representaría o desenvolvemento sustentable á par que nova fachada marítima de Lourizán.(Demencial, cando se cargaron a riqueza da ría e a saúde e convivencia dos cidadáns ribeireños). Pero algo parecido dixera xa o home na inauguración da granxa de rodaballos de Stolt Sea Farm en Cabo Vilán, costa da morte, en canto que nova fachada marítima, pero litoral desgraciado pola súa culpa. A idiotez do dogma do relativismo que esos chanfainas exercen de mala forma. 

Nada, que na nosa política temos moita xente mediocre que non fan nada pola recuperación do litoral e apostan pola morte total da ría de Pontevedra  á par que tentan impedi-la execución das licencias do TS. Pero xa sabemos que teñen rabo. 

Como este asunto está xa moi tratado no blog, inclúo desta volta, simplemente, o enlace da noticia que dá La Voz de Galicia:

A Xunta recurreu hai meses o fallo que anula o plan de Ence

addenda.- O Faro de Vigo informa mellor que La Voz do mesmo tema. Sigue enlace:

La Xunta recurre la sentencia que anulaba el plan sectorial de Ence tras anunciar que la acataban.

Outra addenda.- Parece evidente que a nova Lei de Costas vai na dirección de posibilitare a sentencia de morte desta ría. Curiosamente, Isabel Tocino, a primeira ministra de Medio Ambiente, a que asinara o decreto de deslinde do litoral marítimo terrestre de Lourizán, acaba de ser nomeada conselleira do Grupo Empresarial Ence, S.A. ¡Qué ben viven os ex ministros!

Enlace: El País,2.03.2013. Resulta que ademais de Isabel Tocino está en nómina de Ence aquel conselleiro de Fraga chamado Carlos del Álamo. ¡Mi madriña!. ¡Qué traidores! El País, 2.03.2013 (clicade) 

Outra addenda:- Milonga litoral, corrupción en estado puro.

No hay comentarios: