jueves, 7 de marzo de 2013

Presencias e ausencias [5.03.2004]

Dibuxo fractal. A contaminación da ría por medio do emisario. Presento desta volta un artículo que non perdeu actualidade aínda sendo do 2004. Nel fálase de cómo os políticos actúan indebidamente, de cómo incluso ousan contare novos contos, totalmente desacreditados. O que se dí dos moluscos da ría de Pontevedra é certo. ¡Coidado co mercurio e dioxinas! Eu, por si acaso, non probo nen ameixas nen mexilós da ría dende hai anos.

Pontevedra, 7.03.2013
Entrada n. 1625 do blog
Artículo recuperado


Presencias e ausencias [5.03.2004]
Por Xesús López Fernández

            Os días 2 e 3 de marzo estivo cerrada a ría de Pontevedra [antre as zonas de Raxó e a Ponte da Barca] ó marisqueo de fondo. ¿Problema? A toxina amnésica. Un, por si acaso, hai tempo que pasa de consumir moluscos da nosa ría, na medida do posible, e non só pola devandita toxina que, ademais, debe ser moi sensible, polo que dixo o conselleiro de Pesca, ó vento, que se ven do Norte se multiplica, mentres que co do Sul morre ou desaparece. Esto que parece unha coña debe ser así, porque o pasado 3 e ante as preocupaciós das mariscadoras, o señor López Veiga, en plan conciliador, díxolles que o problema sería de corta duración, e faloulles do que xa queda dito, que si cambiaba a Sul como estaba previsto, a toxina desaparecería. Eso díxoo en declaraciós á Ser ese mesmo día. E, curiosamente, o día 4.3 era xa noticia que se volvía a abri-la ría ó marisqueo. Por si acaso e ante as actuaciós que protagonizan os camiós de Tragsa e a consellería de Pesca  nos traballos previos á construcción da pasarela de Lourizán,  coa movida de sedimentos de mercurio [antre outros venenos] que alí se poida estar producindo,  paso de moluscos. Hai anos que paso.

            A construcción da pasarela que os mariscadores e mariscadoras viñan demandando  non ten moito sentido por se-la zona dominio público marítimo terrestre, e se o ouxetivo final é facilitarlles o paso por riba da avenida [que tamén debería caduca-lo 29.07.2004], non se xustifican os desmedidos recheos dunha zona de 8.000 metros cadrados do areal. ¿Cál é a verdadeira fin desa construcción?. Hai algo en todo esto que pega no nariz [lóxico tratándose do entorno de Ence-Elnosa], antre outras cousas o protagonismo de Ana Pastor en torno ó sector do marisqueo, coa imposición dunha medalla ó mérito da Muller Mariscadora hai escasas datas, no Casino de Pontevedra, a unha mariscadora de Camariñas. ¿Por qué non se organizou ese acto en Noia ou en Muros?. Pero a cousa non acabou aí, senón que foi a ministra a que lles prometeu ás mariscadoras de Lourizán a ditosa pasarela que a día d´hoxe pode non dispór dos pertinentes permisos [autorización ou concesión de Costas], razón pola que a desmedida actuación está denunciada ante o Ministerio Fiscal.

            Resulta un pouco extraño que o que parece unha solución a un problema se ofreza nun acto de campaña, no Hotel Galicia Palace, de Pontevedra, presentes no mesmo Ana Pastor, Esperanza Aguirre e López Veiga, preocupada a primeira, antre outras cousas, polas enfermedades de tipo profesional das mariscadoras, alegando a segunda contra os homes maltratadores, e contando ós micros da Ser o señor López Veiga a referida anécdota da toxina, que vai e ven según haxa corisco ou vento do mediodía. As mariscadoras presentes no acto formaban parte dunha cofradía chamada “Areal”, á que pertencen 2.500 traballadoras de toda Galicia. Obviamente foi unha actuación un tanto confusa [máis ben con ánimo de confundir], porque o sector do marisqueo, na ría de Pontevedra, pode te-los seus días contados, como acontece igualmente cos bateeiros. E tería que entrar Ana Pastor noutros aspectos das enfermedades declaradas na zona, non só nas de carácter profesional. ¿Por qué non [ela que está considerada como unha muller eficaz] dispón unha investigación a fondo de toda a casuística que define Pontevedra e o seu entorno como área de saúde deprimida?.

            Seguro que chegaron ós seus oídos as declaraciós do doutor Vázquez Astray sobre a abundancia do cáncer de colon e a súa posible relación co complexo de Lourizán. Relación causa-efecto que nunca se quixo ter en conta cando a simple estadísitica apunta nesa dirección, como sabemos doutras enfermedades hoxe suprimidas do Boletín Epidemiolóxico das Enfermedades de Obrigatoria Declaración. Son moitos anos trampeando, cunha Administración que está a potenciar aínda máis a presencia do complexo pasteiro en contra do dereito de todos a un medio ambiente san. Cando parece que á fin a Administración local [BNG e PSOE] está claramente posicionada en relación co paquete de medidas ideadas en mancomún por Ence e mai-la Xunta, novamente Ence aduce indefensión, como cando lle comunicaron que a concesión, según establece a Lei de Costas, vencía o 29.07.2018, asunto que hai que reactivar a maior abondamento da ilegalización do complexo e a descalificación do papel da Xunta neste asunto. Coido que éste sería un tema bonito pra que Rajoy o tocase nun mitin en Pontevedra. A súa ausencia parece calculada, en evitación dun posible coste electoral. Delega en Ana Pastor e Aguirre [con López Veiga como telonero], que  andan  a se reunir coas mariscadoras da cofradía “Areal”, que ignoran a realidade de Lourizán. Pero o tema Ence, de momento, parece que só o tocou Olaia Fernández, do BNG, cando estamos a 7 días do 14-M.



No hay comentarios: