domingo, 10 de marzo de 2013

Sobre lucro cesante

Nas Corbaceiras, Pontevedra, o peirao de Carrascal. Fotografía do Faro de Vigo, de comezos do século XX. Mariscadoras e mariscadores van depositando no chan banastas ateigadas  de croques e ameixas. Pontevedra aínda era porto de mar. Eran os tempos previos á industrialización desa riqueza, case desaparecida por falta de política ambiental. O artículo desta semáa vai sobre lucro cesante, sobre o arraso da riqueza natural da ría. A corrupción política manda de momento, especialmente a trama portuaria que quer convertire todo en deshonesto recheo.

Pontevedra, 10.03.2013
Entrada n. 1626 do blog
Artículo semanal


 Sobre lucro cesante,
por Xesús López Fernández

            Pode haber nervios en relación co auto do TSXG ordeando a execución da sentencia do TS de retira-los recheos portuarios de Marín, 300000 mt2, unha forma de desnaturaliza-lo medio natural e de arruina-lo capital social con el relacionado. Curiosamente, a alcaldesa de Marín defende os recheos, os empresarios e portavoces da Autoridade Portuaria din que o importante e salva-los postos de traballo que se poidan ter xerado a costa desa actuación vandálica, de arruina-la riqueza da ría. Menos mal que os Defensores da Praza dos Praceres mantiveron a súa vontade profética ferreña, o exercicio da acción popular pra acadare, á fin,  unhas sentencias esperanzadoras en relación cos recheos e o ferrocarril que debería levar tempo levantado; en relación tamén con empresas non relacionadas co mar prás que os iluminatti da Autoridade Portuaria arranxaron  solar contra natura. Pero, curiosamente, ninguén da trama portuaria tivo presente a gran perda da economía real da ría, o lucro cesante do que imos procurare algunha definición i exemplo.

            O lucro cesante é unha forma de dano patrimonial que consiste na perda dunha ganancia lexítima ou dunha utilidade económica, que se tería obtido se a agresión, neste caso medioambiental, non se tivese producido. É, polo tanto, o que se ten deixado de gañar e  se tería gañado de non ter acontecido o dano, os danos na ría de Pontevedra, que podemos contabilizar dend´a desecación das xunqueiras, urbanismo non pensado,  estreitamento da ría,  asentamento de Ence-Elnosa,  recheos,  contaminación, e outros bestialismos.  Se falamos do precio do marisco, do peixe, dos moluscos, ó mellor poderiámonos achegar a unha aproximación máis didáctica, porque é sabido que políticos e sindicalistas subvencionados, nas comidas de traballo, presuntamente pican alto e o marisco non pode faltar. ¿Pero qué garantía hai hoxe dunha depuración certa das especies que mal resisten e que, no caso de Pontevedra, poden ser portadoras de dioxinas ou de mercurio, ou mesmo hai tempo que desapareceron? 

            É que hai cousas ás que lle perdémo-la perspectiva co paso do tempo. Pero uns traballos recéns de Juan Juega Puig, publicados no Faro de Vigo, válennos pra comprendere a que foi a nosa realidade, a fartura do noso mar. Así, o 31.12.2012 publicaba un traballo titulado “Una delicatessen: ostras en escabeche”, das que a familia real era, no século XVII, unha das demandantes deste exquisito prato saído das Rías Baixas. ¡Si aquí había ostras incluso por riba da ponte de Burgo! Os bancos de Ponte de Santo Paio e Redondela, pola extracción masiva, foron sometidos a control, non fose que non se puidera atende-la demanda real. O artículo é longo, e o home tratou outros temas en traballos posteriores como “Las cuaresmas y vigilias, tiempo de sardinas”, que vai da abondancia de sardiñas da nosa ría, falta hoxe tanto das setembriñas, propias pra arencare, como das de inverno, etc. Outro estudio vai das artes de pesca que precederon á mecanización, ilustrado cunha fotografía de comezos do século XX, na que se aprecia a descarga de numerosas banastas cheas de croques ou ameixas no peirao de Carrascal, un dos lucros cesantes desta hora. Ou poderiamos seguir cos cercos, entalladas ou camboas, artes prá captura de peixes.

            A retirada dos recheos portuarios sentenciados é posible, case fácil, valéndonos da avenida de Marín hai pouco mellorada por Ana Pastor en servicio da Autoridade Portuaria. Por ela poderían retiraren os recheos, mesmo os de Ence, con destino, talvez, á rexeneración de tantísimo monte desnaturalizado por sobreabuso de canteiras. Maxino caravanas de camiós de gran tonelaxe.  A riqueza apuntada polo amigo Juega, o lucro cesante desta ría, sería recuperable, pensando tamén na rexeneración das xunqueiras. Se os mariscos e moluscos acadan un sobreprecio nos restoráns de elite, as Rías Baixas, coidadas, poderían sere a grandes fornecedoras, ó tempo de marcaren o rumbo cara unha nova economía, coa Natureza como gran productora. 

4 comentarios:

Candela Ca dijo...

No les hables de lucro cesante o lo porcentualizarán como hicieron las compañías de seguros con los daños personales. Al final, tocarán a nécora por habitante...:)

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Candela:
Aquí estaríamos hablando de una derrota de la Naturaleza y del propio hombre de ella dependiente por los que ejercen y ejecitan el dominio emanado desde la corrupción del poder.
Un cordial saludo

José Luis Valladares Fernández dijo...

Por conseguir una riqueza problemática, van a terminar por arruinar una riqueza segura y garantizada. Ya comienza la gente a desconfiar del marisco gallego, por la contaminación que pueda llevar. Y es que era una zona que ni hecha a propósito para producir tan rico manjar.

Un abrazo

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, José Luís:
Todos los partidos nos han traicionado, víctimas de la corrupción.
El Relativismo satánico está acamado en todos ellos, el poder satanizado que diría Romano Guardini, está acabando con la civilización cristiana y también con la naturaleza.
Confiemos en este nuevo Papa, que parece va a hablar mucho, ya lo está haciendo, de Satanás. Voy a incluir en el blog una entrada curiosa, porque un hermano franciscano estuvo, de rodillas, varios días en la plaza de San Pedro, rogando por un papa para los pobres, un San Francisco. Y Francisco se llama el nuevo papa. Ah, ese hermano franciscano caminó desde Asís.
Un abrazo