miércoles, 27 de marzo de 2013

¿Mares vivos ou mortos?[28.05.2004]

Esta foto, aínda recentemente presentada, mostra o que foi a praia de Pontevedra, hoxe ocupada polo exército da morte: Ence-Elnosa, os recheos portuarios. Recuperamos este artículo do 2004, na línea de presentar cousas xa escritas no pasado que teñen vixencia plena e que valen pra notaria-la falta de intención política de recupera-la línea litoral, de lle dare ó mar o respeto que merece.  Pero, non, aquí vence a corrupción, que aínda hoxe, no que é unha tomadura real de pelo, o ministerio de Fomento de Ana Pastor envioulle ó Concelo pontevedrés un novo plan prá construcción de dous pasos soterraños na praza dos Praceres e pra salva-lo ferrocarril sentenciado polo TS en marzo do 2007. Lembremos en canto post faga falta que a ministra de Fomento está casada co presidente da Autoridade Portuaria e que o que está a acontecer aquí é resultado dunha corrupción continuada que está a convertire o noso mar nun mar morto, descomposto. 

Pontevedra, 28.03.2013
Entrada n. 1633 do blog

 ¿Mares vivos ou mortos?, [28.05.2004]
Por Xesús López Fernández

            O título está tirado do lema establecido polas Naciós Unidas prá celebración do Día Mundial do Medio Ambiente 2004, o próximo 5 de Xuño. O tema seleccionado está concretado nun berro que debería chegar a toda a Terra. Éste é: “¡Se Buscan! Mares e Oceanos - ¿Vivos ou Mortos?”, o que prantexa a decisión de futuro que deberemos tomar, de cómo queremos trata-los mares e oceanos do planeta azul. E se nos pide a todos que actuemos, que nos perguntemos se realmente queremos  mante-los mares e oceanos saudables e vivos, ou contaminados e mortos. Moitos dos actos, das celebraciós de carácter internacional que van ter lugar con motivo da citada data, terán lugar en Barcelona, en colaboración co Foro Mundial das Culturas, do que a ONU tenta facer escaparate de temas ecoloxistas, de dar ós mesmos unha cara máis humáa pra veren de que as persoas se convirtan en axentes do desenvolvemento sustentable i equitativo, ó tempo que se busca actúen como estímulo pra promoveren a comprensión das comunidades [información, ecoloxismo empresarial] como detonante no cambio de actitudes cara os temas ecolóxicos.

            Diríamos, pois, que a ONU quere promove-la actuación cidadáa á que nos temos referido nun traballo anterior. O mundo está, certamente, nunha situación que pode parecer de non retorno e precisa de grupos vivos que actúen como “despertadores”, que urxan un compromiso real do poder coa Ecoloxía. Algunhas sociedades están a reaccionaren, a dar pasos firmes cara unha veneración medioambiental certa, como acontece en Islandia, un exemplo pra todo-los países que xa ten establecido prazo cara o protagonismo do hidróxeno como combustible, e outras enerxías non perecibles. Outros países [Finlandia, Noruega, Alemania, Inglaterra, Irlanda] están a adoutaren medidas cada vez máis rigorosos, sempre coa meta dun desenvolvemento sostible real, comprometidos con políticas conservacionistas, tamén coa paisaxe. É decir, ábresenos ante nós o que se estima como  “Medio Ambiente, Territorio Sagrado”, no que o home vive integrado nunha relación claramente osmótica. O home ten a capacidade de destroi-la Natureza e, cando tal fai, destrúese a si mesmo, razón pola que deberá coida-la súa relación co entorno con respeto aristocrático.

            Pero como o título vai de mares vivos ou mortos nós, veciños do mar, teremos de lembra-la nosa responsabilidade na involución da parte do Oceano que nos tocou administrar.  Os franceses pódennos estar a marcar un camiño coa obra que van acometer e que tenta recupera-lo Mont-Saint-Michel como illa na costa de Normandía. Á noticia que manexo fáltanlle datos, pero sí afirma que a gran rocha vai reconquistar 15 hectáreas de areales e que tamén está prevista a eliminación de parte do dique-estrada construído no 1879 pra comunicaren o continente coa abadía, acceso que, cando as obras culminen, farase a pe, por medio dunha pontella, ou por mar gracias a unha pequena frota de lanzadeiras... O exemplo ven a conta cando aquí se comeza a falare dun posible cambio de infraestructuras e da recuperación do dominio público marítimo terrestre de Lourizán, asunto no que dalgún xeito pode incidi-la orde da Dirección General de Costas á Demarcación Provincial pra que proceda a “incoar expedientes de modificación das concesiós de Ence i Elnosa”, asunto que se deriva tamén da acción pública de Salvemos Pontevedra de data 2.3.2004 ante Costas.

            E non quero deixar de comenta-la charla celebrada o 27.5 no local da C.G.T. de Pontevedra, claramente posicionados no tema medioambiental, que interesa defender en todo momento, ata o punto de se ter afirmado que  o traballo que contribúe ó seu deterioro ou á perda de riqueza ven decantar nunha forma de escravitude, de perda da dignidade. No caso concreto de Pontevedra esto ven moi a conto co afirmado na Mensaxe do Director Executivo do progrma das Naciós Unidas pró medio ambiente con ocasión da celebración do 5.6.2004. I é particularmente interesante o listado de “Cincoenta datos básicos encol dos mares e oceanos” como que: 2.“Máis do 90 por cen da biomasa vivinte do planeta atópase nos oceanos”; 3. “O oitenta por cen da contaminación de mares e oceanos orixínase en actividades realizadas en terra”.; 9. “As criaturas mariñas que morren a causa do plástico descompóñense, mai-lo plástico non. O plástico permanece no ecosistema e sígueo a matar”...En fin, lecciós que xa non caben aquí... O que sí, debemos ter claro é que un mar vivo, unha ría viva, son fonte de riqueza e que ninguén debe ter medo a face-las cousas ben. As autoridades non poden asumir outro compromiso que a expulsión da contaminación das nosas augas e a restauración  litoral. É un reto poder afirmar: “¡Aquí temos unha ría viva!” Pra que a Terra non morra

No hay comentarios: