jueves, 28 de marzo de 2013

Ana Pastor e Benito Suárez Costa

Tren inaugural pola praza d´Os Praceres (foto do Faro de Vigo). No tren van catro axentes da presunta corrupción que acaba coesta ría: Fraga, Cuíña, Tonecho e Lores. No comezo das obras, os veciños d´Os Praceres fixeron resistencia. Neles mallou a policía, cando realmente as xentes d´Os Praceres defendían o Estado de dereito. O tempo e a Xusticia darialles a razón e por sentencia do TS de marzo do 2007 declárase o tendido do ferrocarril pola praza como ilegal. Pero a día d´hoxe, a vía sigue estando aí pra un servicio mínimo, tendo sido construída esta infraestructura parece que soamente ó servicio do clúster portuario de Ceferino Nogueira. 

Pontevedra, 28.03.2013
Entrada n. 1634 do blog

Ana Pastor e Benito Suárez Costa, 
por Xesús López Fernández 

"Seguimos coa milonga litoral, o baile de vodas do matrimonio Suárez Pastor". O día 23.03 vencía o prazo pra ter levantado os recheos do porto de Marín, uns 370000 mt2 de lámina de mar ocupada, unha actuación antiecolóxica de descerebrados. Esa ocupación estivo promovida dend´hai moitos anos pola Autoridade Portuaria, da que foron presidentes Tomás Iribarren (o gran amigo de Rajoy), María Ramallo (actualmente alcaldesa de Marín), Surís (do PSOE) e agora Benito Suárez Costa, o home de Ana Pastor, que inda hai pouco acometeu a realización de infraestructuras contra-natura pra favorecere o tránsido portuario pola autovía de Marín, asentada en dominio público marítimo terrestre. Pero aquí non pasa nada, que os políticos, presuntamente, embuchan, tragan, antes de asumi-la defensa da natureza. A cousa é tan demencial que non se entende que Urdangarín  intentara cargarse a Albufera valenciá, un espacio protexido, cun proiecto que contemplaba a construcción de 5800 vivendas. Vése que ó home lle faltou información, porque aquí, na ría de Pontevedra e cos políticos catetos que temos, daríanlle toda clase de facilidades prá realización de obra tan golosa.  

Pero hoxe é noticia en diversos medios que Fomento, é decir Ana Pastor, sigue a marea-la perdiz pra non buscar unha solución en relación co tema do ferrocarril, sobre o que se inclúen enlaces, sendo de lamentar que doutra volta La Voz de Galicia non inclúa na web cousas sustanciales. Pero o máis interesante das noticias aparecidas ven sé-lo dito por Eladio Torres, o presidente da Plataforma prá Defensa da Praza d´Os Praceres, asociación que leva promovido diversas sentencias que os nemigos do Estado de dereito queren aplacar: Fomento, a Autoridade Portuaria, Concellos de Pontevedra e Marín, tamén responsables.

Eladio  Torres di que o tema das pasarelas polas que queren meter ós veciños no canto de levanta-la vía é unha simple maniobra de distracción porque non queren comprire co levantamento dos recheos ordeado polo TSXGalicia. 

No seu día, Saramago, que tomara partido polos veciños d´Os Praceres, afirmaría que a derrota das xentes da parroquia era momentánea. O tempo darialle a razón, pois as sentencias cantan en contra do que intentan os enquistados na corrupción. E reproduzamos o que nesta hora dí Eladio Torres, en declaraciós a Pontevedra Viva, da que tomamos parte das ditas declaraciós:

"Torres recorda que dende que se dictou a sentenza contraria do Supremo a proposta de alternativas á supresión dos pasos a nivel"é un capítulo que se recupera cada pouco. Cada vez que os veciños demostran a mentira de todas as actuacións que fixeron, esta xente recurre ao amedrentamento, a que vai pasar algo malo si non se lles fai caso".. Malia todo, eles siguen firmes na súa postura de que a única solución para Os Praceres pasa por enterrar as vías que cruzan a praza da vila, pois "a praza tal e como está atenta contra ou máis sagrado que ten unha persoa, que é a vida".


"Aquí o que pasa dígoo eu moi fácil, que un dos actores que queren levar a cabo isto se mete na mesma cama que a ministra de Fomento"



"O voceiro veciñal tamén insiste en que a proposta actual, publicada este mércores no Boletín Oficial da Provincia (BOP), "non é novo, é unha proposta que nós xa sabíamos que tiña a Autoridade Portuaria e que agora conta co consentimento dos alcaldes de Pontevedra e Marín. O señor Lores e a señora Ramallo séntanse no Consello do Porto e isto coñéceno" e non ten ningún reparo en facer acusacións persoais para criticar o proxecto, en concreto, contra o actualpresidente da Autoridade Portuaria, José Benito Suárez Costa, e a súa relación persoal como marido da ministra de Fomento, Ana Pastor."


O contubernio existente antre Benito Suárez Costa e Ana Pastor está claro. Son matrimonio e non parece honesto que ambos participen dun proiecto de morte prá día que debería estar condenado pola vía penal. Pero Eladio dío moi axeitadamente: Benito Suárez métese na cama de Ana Pastor, naturalmente.


"Como o presidente da Autoridade Portuaria é o marido da ministra de Fomento pode permitirse facer iso", cuestiona. E pide expresamente que se considere esta reacción súa. "Aquí o que pasa dígoo eu moi fácil, que un dos actores que queren levar a cabo isto se mete na mesma cama que a ministra de Fomento. E estaría encantado de que mañán me chamaran dun xulgado para revatirme isto", indica ao respecto.



Eladio Torres tamén incide en que a opción pola que optan os veciños de enterrar a vía do tren non só é a recomendada polo Tribunal Supremo, senón tamibién a máis económica, de aí que reitere paréceme surrealista" cando fala da actual proposta de Fomento."O Tribunal Supremo despois de analizar as múltiples propostas dixo que a mellor é a desaparición da linea férrea en superficie porque é un espacio urbano, pero agora volve aparecer isto, vólveno sacar a exposición pública, creo que é a terceira vez. O soterramento é máis barato e dá cumprimento á sentencia, os técnicos de Fomento recomendan o soterramento porque é o máis rápido, o máis seguro, que cumpre coa sentencia e é o máis barato", sinala. E tamén lle marca o camiño ó Concello: "que non aleguen, que vaian a un contencioso-administrativo como foron eles".



"Torres critica ao Concello de Pontevedra e insta ó alcalde a que non dea permiso de obra pra acometer a actuación ou presente un recurso contencioso-administrativo contra esta."

"O voceiro tamén se mostra crítico coa actitude do Concello de Pontevedra, que este mércores anunciou que alegará contra a proposta de Fomento, e recorda aos responsables municipais que "sen permiso de obra do Concello non se pode facer". "A praza é pública, do Concello de Pontevedra e está nas súas mans decidir, pero xa no seu día o alcalde, este mesmo alcalde, permitiu a actuación. No seu día fixéronlle a ponte das Correntes e agora se volve baixar os pantalóns para que lle fagan un paseo de Pontevedra a Marín", valora.

"De feito, insta ao Concello de Pontevedra a que se en realidade está en contra desta proposta que non supón enterrar as vías "pode emprender un contencioso-administrativo contra esta resolución". " Se non o fai é porque isto é unha trama organizada na que se intenta confundir ao cidadán e na que estes actores din: nós mandamos e nós ímonos rir da Xustiza e do Estado de Dereito", critica.

Na súa opinón, as críticas públicas do Concello de Pontevedra por boca do concelleiro Cesáreo Mosquera son"unha trama organizada para desautorizar á plataforma, esta xente debe vivir nos mundos de Yupi, esta xente vai por un camiño diferente do procedemento xudicial" e cre que "o Concello ten dúas opcións: poñerlle collóns e non dar licencia de obra ou presentar un contencioso ou senón pode pasarnos a nós a tutela da praza dos Praceres e xa verás como esa actuación non se fai". Cuestiona, ademais, que "o alcalde di que xa se reuníu cos colectivos sociais, pois con nós non; gustaríanos que o fixera".

Enlaces:

Faro de Vigo, 28.03.2013.Unha loita que apoiou Saramago 

2 comentarios:

candela dijo...

Hablan de la sosa de Sanidad y el marido, pero estos dos no le andan a la zaga y, al parecer, no son noticia..

Cuanto lo siento, Xesús.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Candela:
Creo que el daño que se ha causado aquí, cuantificado, sumaría más que el dinerito que ha manejado Bárcenas.
Es un asunto de corrupción colegiada en la que están todos los partidos; pero todo empezó con un amigo de Rajoy, muy flojito al parecer, Tomás Iribarren.
Actualmente Benito Suárez Costa, que como marido de Ana Pastor se supone que se acuesta con ella, debe de estar obteniendo favores del ministerio bestia de Fomento, que ella preside.
Es una pena que en este asunto no haya entrado Manos Limpias, porque tendría que estar en todos los medios.
Aquí, Urdangarín, con la clase política cateta que tenemos, habría hecho encaja de bolillos.
A ver si puedes proyectar ésto a través de twitter.
Y muchas gracias, Candela.