martes, 5 de marzo de 2013

Os Praceres, parroquia mártir...e profeta

Con esta fotografía ilustra hoxe o Faro de Vigo as noticias sobre a cuestión portuaria. A foto corresponde ó momento de triste lembranza, de cando se acometía a construcción do ferrocarril a Marín, parece que a petición do clúster portuario intermediado por alguén próximo a Rajoy. Agora, sentenciada aquela construcción polo TS dende marzo do 2007, queda claro que as forzas  públicas non actuaban en defensa do ben común e que servían a intereses particulares.  Lembremos tamén que o ministerio de Medio Ambiente de Aznar opoñíase á construcción do trazado ferroviario. Servían así, como vendedores de crecepelo ou de "bolas de neve" en contra da actuación salvaxe do ministerio de Fomento daquel mesmo Goberno. Pero é que, ademais, a argumentación de Medio Ambiente era impecable, porque a construcción do ffcc., decían, ocuparía 55000 mt/2 de terreo demanial que introducirían un perfil duro que impediría ás xentes achegárense á praia de Lourizán cando finalizase a concesión de Ence (que xa non-a ten, carallo, a nova empresa, O Grupo Empresarial Ence, S.A., que incluso o TS ordeou ó ministerio MARM, en xuño do 2011, a incoación de expediente de caducidade da tal concesión, da que tiña a antigua Ence).

As xentes d´Os Praceres, profetas, están dispostas a levare pola vía penal a non execución das sentencias firmes que dend´as administraciós e clústers portuarios queren seguir a frearen. I é que, como eles din, 13 anos de paciencia son moitos anos e que mentres algunhas das xentes aparecidas nesa ou noutras fotos que se poden aportare foron detidas, a policía ambiental non funciona no que podemos definir como unha continua agresión contra natura, algo así como a actuación dunha presunta mafia portuaria. Os discursos de disculpa da Autoridade Portuaria, da alcaldesa de Marín ou da propia Xunta, non teñen xustificación. Pero vaian os enlaces do Faro de Vigo d´hoxe, que cobren varios perfiles do escándalo de corrupción que aquí se leva cocendo dende hai anos. ¡E pensar que  aínda querían eliminar ata algo máis de setecentos mil metros cadrados de lámina de mar!

Pontevedra, 5.03.2013
Entrada n. 1623 do blog

OS PRACERES, PARROQUIA MÁRTIR E PROFETA,
por Xesús López Fernández

Coido que a actitude de defensa numantina das xentes d´Os Praceres é digna de encomio. Tristemente, a súa actuación non se ve recollida nos grandes medios, algús deles claramente enzudrados co Relativismo moral dos políticos que non saben administrare o capital natural e que apostan por non valora-lo lucro cesante, a perda de capital natural e social desta ría a causa dos recheos, da contaminación continuada na que están pringáda-las diversas Administraciós. Teñamos presente tamén, nesta introducción, que a edar d´Os Praceres, denunciada ante o TS, foi tamén beneficiaria de fondos europeos, fondos transferidos por unha UE europea mal informada, outro asunto de corrupción fina. Siguen os enlaces do citado xornal:

 Faro de Vigo, 5.03.2013: Placeres abrirá procedimientos penales....(clicade) 


"Trece años de buena fe"


Torres aseguró que acudir al orden de lo Penal es una alternativa que hasta el momento siempre intentaron evitar "en un ejercicio de buena fe y haciendo gala de un sentido de la responsabilidad intachable", con el objetivo de buscar una solución negociada a sus reivindicaciones. Sin embargo, asegura que al colectivo vecinal no le queda otro camino cansados después de 13 años de batallas judiciales en el orden de lo Contencioso (todas ellas ganadas a la administración) y después de una larga espera sin que se ejecuten sentencias que son firmes. Tras la última decisión judicial comunicada por el TSXG al Puerto, los vecinos dicen estar seguros de que la administración "va a intentar confundir a la Justicia una vez más" presentando nuevos recursos. Por este motivo, han decidido abrir la vía penal para evitar que los incumplimientos de los fallos judiciales se prolonguen indefinidamente. "Aquí parece que la única vía para que alguien se dé por enterado es que la Guardia Civil acabe entrando en algún organismo", añade Torres. "Toda la gente que no cumple con las sentencias judiciales firmes y que se reúne para vulnerarlas tiene un nombre: es una trama organizada". Señaló además que hay responsables de la demora en la ejecución de las sentencias por acción pero también "por omisión". En este sentido culpó a los regidores de Marín y Pontevedra de "guardar silencio" y "callarse" ante el incumplimiento sistemático de los fallos judiciales favorables a los vecinos de Placeres y Lourizán. También reprochó a PP, PSOE y BNG que ninguno de ellos haya preguntado "en ningún foro político" (Parlamento Autonómico o Estatal) qué ocurre con estas decisiones judiciales. (Vedea noticia completa clicando no enlace)

Eladio Torres dí que ós veciños axiña os detiveron e condenaron a penas de prisión, e piden a mesma contundencia contra os que incumpran as sentencias. Faro de Vigo, 5.03.2013 (clicade)

Faro de Vigo, 5.03.2013: As declaraciós sen sentido de Ramallo.(clicade) alcaldesa de Marín, ex-presidente da Autoridade Portuaria que actualmente preside Benito Suárez, marido de Ana Pastor, a ministra de Fomento. ¡Qué vergonza!

Faro de Vigo, 5.03.2013: Os iluminatti dos empresarios coidan que levanta-los recheos sería aínda máis perxudicial prá ecoloxía. E falan así os dinamitadores (clicade), porque chegaron dinamita-los fondos pra ter un maior calado ó tempo que se cargaban o banco d´ameixas de Lourizán.

No hay comentarios: