viernes, 29 de febrero de 2008

AS JALESCOLAS [29.02.2008]

Pontevedra, 29.02.2008

Entrada n. 446 do blog.

AS JALESCOLAS,
por Xesús López Fernández


A cuestión das galescolas polas que Quintana ven pulando está a ter unha certa contestación social, non polo feito en sí de que os nenos poidan ser escolarizados en galego dende 0-3 anos. Non. O que se denuncia a nivel social é o feito de que as queren convertir en fraguas do "galegués" ou normativo de concordia polo que o Bloque ven traballando con vistas a acabaren coa lingua lar i embarcar a esta sociedade, reconvertida por medio do seu trampitán, nunha tribu nacionalista, na construcción do Portugaliza destos visionarios, polo que os paisáns coido non estamos.

Estas xentes non perciben que si antes había un certo complexo diglósico derivado do feito de sere o castelán unha lingua máis prestixiada socialmente que o galego, desta volta estamos a ver que o idioma do país caeu a cotas de máis desprestixio, que incluso pode estar a traballarse, con criterios máis de comisariado político que pedagóxico, o esquecemento do depósito enxebre da fala que algús nenos aínda portan cando van á escola. Hai que falar galegués, é a consigna, non a lingua lar de cuia conservación son precisamente os pais desos alumnos os últimos, talvez os derradeiros artesáns.

No antroido pontevedrés, o martes, estiveron presentes as galescolas, pero en versión de burla total ó evanxelio de Quintana. Deso falan as seguintes fotografías dunha jalescola montada na antigua terraza do Café-Bar Savoy.

1. Cartel indicador da jalescola.
2. Panorámica da aula, antes de comeza-la clase.
3. Outra panorámica máis lograda. Percíbese que estamos contemplando un aula nacionalista, con tanta badeiriña pendurada, algo que hai que lle inculcar ós infantes.
4.- O profesor comeza a dar algunha explicación.
5.- O mestre quere ensinarlle ós "rapaces" a versión castelá de "A Virxe de Guadalupe".
6.- Un alumno protesta. Insiste en que ten que decir "ondiñas veñen, ondiñas veñen", que Quintana non lle permite decir "olitas vienen, olitas vienen...."
7. Unha vista da clase, na que se percibe a atención que prestan os "nenos".
8. O mestre, expoñendo por medio de láminas, un novo tema.

9.- Nesta vista percíbese que no mandilón do profesor, ó igual que nos dos "nenos" luce a franxa azul da bandeira galega, coa estrela vermella de cinco puntas, do Bloque estalinista, sobreposta. Máis "jalescola", imposible.



No hay comentarios: