Apréciese nesta foto de comezos do século XX, tirada dende a ponte da Barca, cómo o barrio da Moureira, hoxe degradado, era un pobo mariñeiro. Pouco se fixo por conservalo. Aí sí que Pontevedra podería ter unha verdadeira praia. Téñase presente que era zona na que se pescaban sardiñas. Pero xa os políticos, d´aquela, outaron por estreiteta-lo mar, por lle poñer cancelas. Comezaba a política de inmersión do templo de Santa María á par que a traición ó pasado mariñeiro e marítimo da vila.
Agora, no espacio fotografiado, nos recheos d´aquela efectuados, parece que xa non saben pensar noutra cousa que nun novo solar. O trinque xa estaba dibuxado na foto. Aínda que os que se beneficien do mesmo sexan os mandiños d´agora. A descripción que se fai no artículo, do ano 2002, podería servir de pauta prós que falan de desenvolvemento sustentable, se as súas palabras fosen sinceras.
Agora, no espacio fotografiado, nos recheos d´aquela efectuados, parece que xa non saben pensar noutra cousa que nun novo solar. O trinque xa estaba dibuxado na foto. Aínda que os que se beneficien do mesmo sexan os mandiños d´agora. A descripción que se fai no artículo, do ano 2002, podería servir de pauta prós que falan de desenvolvemento sustentable, se as súas palabras fosen sinceras.
Entrada n. 581 do blog
SOÑAR PAISAXES [16.3.2002],
por Xesús López Fernández
Un pode soñar con paisaxes que xa foron, pero que permanecen na caixa negra da memoria coa dimensión da luz e color do encontro primeiro. Por desgracia, son moitos os lugares que co tempo foron perdendo parte da súa maxestade i elegancia doutrora, ora por imposiciós do capital, ora porque a sociedade claudicou ante promesas demagóxicas de postos de traballo, causa primeira da miseria ambiental que preside as nosas horas, mesmo dunha ruína económica non buscada. Un pode pensar, ata onde lembre, na Pontevedra que tiña como referente a finca de Monteporreiro, coa avenida do mirador aínda coidada, ou co paseo ata a fervenza, precedida polas ruínas recentes do balneario, beira do Lérez. ¡Cántas veces non terá un paseado pola pista que levaba cara alá, cando o estadio da Xuventude era xogo das mareas, cando as xunqueiras eran as grandes protagonistas do fondo da ría, novias do mar, en parte tamén terras de folgado pró gando que nelas pastaba libremente!. Conxunto intermareal xa perdido. O mar fecundaba e depuraba.
Quero entender que cando se fala da recuperación das beiras do río estáse a aludir a un plan serio --¿posible?-- e non a xogar de novo coas ilusiós das xentes. Un pergúntase tamén qué vai pasar co traslado de Tafisa, que se agarda teña lugar de forma non traumática a sitio próximo, con nova tecnoloxía e sen vertidos. Porque foi esa factoría a primeira en cambia-las augas limpas do río/ría coa súa enxurrada violeta funeral, sen que houbese ó longo de case cincoenta anos unha preocupación ambientalista certa, sen novas de que se teña pagado algunha factura pola contaminación producida, sen indicios claros dun cambio de actitude da Administración na súa responsabilidade de vixia-lo cumprimento da normativa vixente.
Agora pode estar próximo, en función de cómo se pacte, a posibilidade de que Pontevedra poida ennobrece-la súa paisaxe, tal vez comezando polo solar da factoría. Teresa Táboas, presidenta do COAG, fixo unhas declaraciós ó Diario de Pontevedra, nas que se refería á posibilidade dunha Pontevedra sostible. Denunciaba a rotura de Pontevedra coa mar na ponte da Puntada. Concibe unha Pontevedra que se vaia desenvolvendo cara Marín, con zonas verdes interpostas. Non parece dubidar que sería interesante inverti-lo diñeiro necesario pra recuperare ese espacio. Un pensa na riqueza que se derivaría da restauración por moitos soñada de Lourizán como gran praia urbáa de Pontevedra. E pode ser un momento bo pra relanzáremos a idea dunha candidatura verde, agora que o “gonipterus scutellatus” está a arruina-la economía das comunidades de montes que se deixaron engaiolar ó repoboaren con eucaliptu, en vez de lle dar un aproveitamento máis intelixente ós seus montes.
A finca da Caeira, en Poio, as de Monteporreiro e Lourizán, son referentes doutro tempo. Lourizán, Cocheras, A Puntada, As Corbaceiras, o río todo ata Monteporreiro, eran espacios pró disfrute e o deporte. A Moureira aínda conservaba unha certa actividade, e no peirao de Portosanto, Poio, deixaban os barcos o barro ou greda que traían prá fabricación de tellas, alí mesmo. Entraban tamén arroases ata aquel espacio e teño oído que ponte do Burgo arriba fora zona de ostras. ¡Moito cambiou todo! ¿Desenvolvemento sostible?. Puido ser coas xunqueiras vivas: Pero, augas sensibles, o noso ecosistema está case perdido. E a recuperación da paisaxe urbáa da zona vella non é tal, coa fuxida constante de xente e cerre de tendas que non resisten pola falta de servicios, por estaren ailladas. Equivocáronse os urbanistas. Porque un barrio é algo máis que casas coa fachada restaurada. Ten que haber residentes, vida, transacciós, accesibilidade certa, como antes. A zona peatonal, actualmente, é tamén un sitio pra se perdere, como certa señora que hai uns días ía soa berrando azourida: “¡Ai, que estou perdida!”. Despois de máis dun ano regresara a unha praza que xa non identificaba como a súa. Esgazáranlle o seu soño. Hai testigos.
2 comentarios:
Concibe zoas verdes cara a Marín dixo non? Xa se ve con Excalextrix de Mollavao...
Un saúdo e preciosa foto
Gracias, César:
Eu non concibo zonas verdes cara Marín, senón a recuperación do litoral. O dito no ano 2002 por Teresa Táboas do desenvolvemento cara Marín, con zonas verdes alternativas, non casa coa idea de recupera-la linde litoral.
El Excalectric de Mollabao, alegado por Salvemos Pontevedra, que o vai recurrir, cando proceda, na vía contencioso administrativo forma parte do proiecto de gran trinque urbanístico. Lourizán, todo solar según estos visionarios, Teresa Táboas incluída. Lembrémo-la proposta de traslado de Ence a Barro-Meis que fixeran en mancomún ela e o conselleiro de Industria.
Celebro que che gustara a fotografía.
Outras fotografías que irei mostrando: Andrés Muruais e Michelena con tranvía, os railes de entrada na antigua praza da Estación, mostran a idea cabal dun progresismo ben definido.
Actualmente, xa non é posible pensar nun servicio de autobuses. Convertiron Pontevedra nun gran quiste, ou nunha especie de colaxenosis, unha das enfermedades --periarteritis nudosa, panarteritis nudosa--, na que as venas e arterias van desaparecendo, a se convertir en en tendóns.
Un saúdo cordial, Xesús.
Publicar un comentario