martes, 15 de diciembre de 2009

LOURIZÁN, TERRA MÁRTIR


Sombra do que foi Lourizán.
-
Pontevedra, 15.12.2009
-
Entrada n. 1095 do blog
-
LOURIZÁN, TERRA MÁRTIR,
por Xesús López Fernández
-
Dende que se acabou co areal de Lourizán a memoria foi amolecendo e xa nadie na casta política parasitaria lembra o que foi aquela Arcadia feliz. Moito falar, sí, da represión franquista, mais ben do gol que lle meteron a Franco que según testigos decía, despois da inauguración da fábrica de celulosas: "Dios mío, ¿pero no había otro sitio?". O gol parece que foi unha xogada de Suances, pero o propio franquismo decía no 1973 que había que sacar de Lourizán o complexo clorocelulósico, do que só se poderían derivar problemas prá saúde e convivencia humáas, como así foi.
-
Os políticos prometeron moito, pero nadie quixo colle-lo testigo do devandito, afirmación do Ministerio da Vivenda, de cando os concellos non tiñan as atribuciós dagora, porque o actual gobereno local estalinista non quer recupera-la ría: aí está a súa promoción da edar ilegal ou do tanque das tormentas que queren facer en Mollavao como tamén o nudo a tres niveles ou a nova ponte das Correntes. Nada, que queren máis solar. E máis deterioro do litoral
-
Pra que sintan vergonza pode valere un vídeo que está en youtube sobre as declaraciós que fai un vello mariscador que conta a súa vida , do que retiro o link que tiña nesta entrada. O home fai memoria da súa relación co mar, conta que no areal había ostra, navallas, ameixas que fornecían ós de Carril. A súa muller foi mallada i enviada ó cárcere cando veu a Celulosa...  (Buscade en Youtube, "Avoíño", que retiro do post por comentarios sen sentido que tamén elimino) "A praia quitou moita fame...Viviamos dela...Ata decían que era nosa..." Claro, dominio público marítimo terrestre, o que non quere o Bloque, o que tampouco quixo Touriño, que non foron capaces de nos sacar da teima de Fraga de acabare coa ría.  

(modificado este post o 16.4.2013)

5 comentarios:

xesús lópez fernández dijo...

Entendo que non se fixo contra nadie este video, pero os políticos instalados na irracionalidade deberían aprender da lección do seu avó. Eu conocín o paraíso de Lourizán, a praia de Pontevedra, onde aprendín a nadar alá polos 36-37, e soupen da riqueza do areal, de Lourizán como paraíso, claro que sí.
E, naturalmente, o relato do seu avó é unha verdadeira lección que deberían aprende-los que se negan a recupera-lo capital natural, algo previsto na Axenda21Local que se debería estar elaborando casa por casa, porta por porta, pero parece que nada se está a facer nese sentido. Moito embucha-la Carta de Aalborg pra, cando exercen como goberno dos camaradas, esquecela e tentar seguire co turno de ilegalidades, desta volta a pretendida construcción do tanque de Mollavao, ou o brutalismo urbanístico do nudo a tres niveles que queren facer pra cegaren aínda máis a ría, pra agredir de novo a Lourizán. Non esquezamos que se Ence foi a morte de Lourizán, a desecación das xunqueiras do fondo da ría foron tamén un mazazo máis na desfeita ambiental aquí deseñada.
Un saúdo e gracias por ter feito ese traballo, non contra nadie, pero que pode servir pra que moitos comprendan que carecen do conocemento histórico i ecolóxico do que Lourizán representou e podería representar de novo se foramos capaces de poñer en marcha unha verdadeira política ambientalista, co horizonte da sustentabilidade e recuperación ría.
Outravolta, saúdos e gracias polo traballo que, reitero, ha servir pra que algús se arrepintan de non ter apostado polo medio ambiente máis alá do discurso electoral.
Teña presente que si algunha acusación se vai sustanciando na vía xudicial é gracias a colectivos como a Plataforma d´Os Praceres ou a Asociación Salvemos Pontevedra, que saben da continua deixadeza de funciós das Administraciós, como no caso da edar d´Os Praceres, ilegal según a Lei de Costas, art. 44.6, obra que que son delincuentes tres Administraciós.

xesús lópez fernández dijo...

Coido que non entendeu a entrada do meu blog, na que en nengún momento estou a ofende-la memoria do seu avó.
Sí vexo que parte dun desconocemento real da miña persoa, do que eu poida levar traballado, críticamente, en relación co disparate da imprantación da Celulosa.
Poderíalle contar non poucas cousas. Algunhas están xa contadas no meu blog ou no de iberica2000.org (Pontevedra muere).
Non-o quero confundir máis, pero sí voulle decir unha cousa: ¿Sabe por qué as Marismas de Lourizán siguen sendo dominio público marítimo terrestre en contra da teimosía de Ence pola súa innecesariedade? ¿Sábeo?
Pois non pola deixadeza de funciós do Concello, senón porque existe un colectivo, Salvemos Pontevedra, que se ocupou do tema. Daí o recordatorio de Cristina Narbona sobre o particular e a circunstancia de se tratar dun espacio inalienable, inembargable, imprescriptible e insusceptible de desafectación. Teña eso presente, como tamén que si a edar d´Os Praceres está denunciada no TSXGalcia é por iniciativa da citada asociación, porque parece que na parroquia mártir de Lourizán, na que teño bos amigos, deixaron ese asunto de man cando realmente teríamos que falare de tres Administraciós (Central, Autonómica e Local) delincuentes.
¿Sabe por qué Mollavao, a concesión de José Malvar, recupera a súa condición de dominio público marítimo terrestre? Pense..., sí, aduviñou, gracias a Salvemos Pontevedra. Está ordeado a Medio Ambiente con data 14.09 a elaboración do plan de recuperación, así como o nomeamento do funcionario responsable dos traballos. Salvemos Pontevedra está pendente de que o ministerio comece a traballar, vencido o prazo prá súa comunicación o 14.10.
Tamén Salvemos Pontevedra acaba de alegar, alegación que pode atopar no meu blog, en contra do tanque de retención que o Concello pontevedrés quer construir en Mollvao, en dominio público marítimo terrestre.
Etc., etc. Poderíalle contar moitas cousas pero, en fin, moito está no blog ou na web de iberica2000.org. Tamén na de Xornal.com
E lamento que non comprendera que nos meus comentarios non se anoxa ó seu avó; pola contra, coido queda evidente unha admiración certa ó seu testimonio.
Ah, e pra finalizar. Se a APDR estivo presente como parte acusadora no procedemento incoado contra Ence-Elnosa por denuncia de Arturo Estévez Rodríguez, foi porque sete directivos, eu un deles, asinámo-lo pertinente protocolo notarial na notaría de César Cunqueiro González-Seco. Cando se pactou a sentencia que se pactou fíxose de costas a moitos de nós, sen ter convocado unha asamblea pra informar.
Se tal se tivese feito, posiblemente Ence xa non estaría en Lourizán.
Pódolle dar máis información, pero tamén pode procurala por outros medios, sen convertir este espacio nun ring sen sentido.

xesús lópez fernández dijo...

Sen máis palabras, eu sí valoro as palabras do seu avó, pra moita xente unha verdadeira lección.
Tampouco cambiei nada no título do traballo.
Coido que foi no ano 1992 cando se fixo, por un equipo de TVE un vídeo titulado "Demsiados residuos para Europa", en relación cos puntos negros do litoral español.
Na compaña do equipo que fixo o traballo estivemos varios amigos e algunha amiga. Daquela son os meus traballos do XornalDiario, 53 cartas ecolóxicas,antre elas sete da seria "A travesía co naseiro", que aínda se poden atopar na rede, repescadas por Vieiros.
E nada máis. Non son medallas.

xesús lópez fernández dijo...

A modo de ilustración:
Alegación de Salvemos Pontevedra.
http://www.meinteresalavida.com/ALEGAC.SOLIC.CONCESION%20CONCELLO%20DE%20PONTEVEDRA.pdf

o blog de xesús lópez dijo...

SUPRIMÍN OS COMENTARIOS DE LUKAS, PORQUE NON FOI CAPAZ DE ASUMIRE UN DIÁLOGO FRANCO E DESCONOCERE QUE A REALIDADE EN RELACIÓN CON LOURIZÁN, TERRA MÁRTIR TRAICIONADA POR TÓDO-LOS PARTIDOS, E MOITO MÁIS VASTA DO QUE EL PRESUMÍA COS SEUS COMENTARIOS, CASE INSULTANTES.