martes, 15 de diciembre de 2009

Restauración azulexos da alameda, en Pontevedra

A restauración dos azulexos da Alameda preséntase difícil, despois de tantos anos abandonados, abandonada a propia Alameda que máis dun alcalde debeu pensar en convertir en solar, ademáis do destrozo do hall que conleva o novo deseño de Fole, ó que non se lle dá a Botánica nen a protección das árbores.
-
Pontevedra, 15.12.2009
-
Entrada n. 1094 do blog
-
RESTAURACIÓN AZULEXOS DA ALAMEDA, EN PONTEVEDRA,
por Xesús López Fernández
-
De máis que de restauración habería que falare de reconstrucción. Hai como unha inercia no abandono do espacio todo, agredido polo parking de Montero Ríos, agredido polo novo parking do que aínda non se sabe cómo vai queda-lo hall da entrada á Alameda. E parece como se, na idea do equipo de goberno dos camaradas de malferi-la historia da cidade e a obra de Sesmeros, quixeran tamén cargarse o monumento ós héroes de Ponte de San Paio. En pouco tempo pode se-lo esculcadoiro que daba á ría e agora dá á ponte da Puntada, espacio pra contemplare algo máis de brutalismo urbanístico: o tanque de Mollavao, se os deixan comete-la ilegalidade da súa construcción; o nudo a tres niveles de Mollavao, pra solapar aínda máis a acción brutal da ponte da Puntada, do solar de Colón.
-
La Voz de Galicia, 15.12.2009, enlace: Restauración azulexos da Alameda de Pontevedra.

1 comentario:

DonFiliberto dijo...

Pues es verdad, con tanta maquinaria pesada por esa Alameda no creo que le siente bien a los árboles, muchos de ellos centenarios.