domingo, 19 de diciembre de 2010

ADVENTO, TEMPOS DIFÍCILES

En Ein Karem, monumento en lembranza da visita de María á súa curmá Isabel, que xa está en estado de gravidez avanzado; ela, da que se decía era estéril. [Pra agranda-las fotos clicade sobre delas un par de veces]
Outra perspectiva do monumento. A parede da dereita recolle o Magnificat en diversas falas do ancho mundo.
...benedicta tu in mulieribus, et benedictus fructus ventris tui, Jesus. Amén. En Ein Karem, Terra Santa.
-
Artículo semanal. Teríame, cecais, que ter centrado máis na persoa de María, en Expectación do Parto, María da Esperanza ou da O, patrona de Pontevedra ignorada polos relativistas que mandan no concello. Pensan que poden recrearen unha cultura nova, prescindindo do cristianismo. Eles creen que ignorando a María, a San Sebastián, ou a papeleta medioambiental na que exercen de traidores, a sociedade vai quedare reducida a ermo cultural. Non deixa de ser curioso que ignoren a Deus, pero non ó Anticristo. Curioso... Eso explica cousas do seu relativismo de ignaros.
-
Pontevedra, 19.12.2010
-
Entrada n. 1385 do blog.

Advento, tempos difíciles,
por Xesús López Fernández
O mundo católico celebrou o 18.12 o día da Nosa Señora da Esperanza, a Virxe da O, patrona de moitísimos lugares [como 129000], que en España celébrase dende moi antigo, sendo establecida litúrxicamente en tempos do Décimo Concilio de Toledo, ano 656, polo seu bispo Uxío III, como Expectación do Parto. Tamén é patrona de Pontevedra, representada por unha imaxe da igrexa de San Bartolomeu. Aínda que ignorada dende a óptica dun relativismo pacato, como tamén o patrón da cidade, San Sebastián, diríase que hai un certo crescendo na devoción á Virxe da O ou da Expectación, talvez na línea da recomendación papal, según Peter Seewald, [autor dun libro recentemente publicado por Herder, Luz del Mundo, un libro-entrevista], que afirma que o Papa non dá Europa por perdida a pesar da caída dramática da fe cristiáa, do tempo difícil que vivimos. Certo que o catolicismo estivo moi á defensiva, case caracterizado como unha forza nemiga do progreso. I el móstrase optimista.

Non podemos seguir como ata o dagora sen poñer en peligro a vida do planeta e o desenvolvemento da Humanidade, di Benedicto XVI. Son tempos difíciles e a enxeñería social posta en práctica polos relativistas estanos a levare a unha ruína total de valores, pero el síntese optimista. É clave, di, reaprende-lo sentido da palabra “libertade”, que non pode significar nengún tipo de bula pra facere todo o que resulte posible facer, senón que ten que estar orientada cara o concepto do ben; o contrario do que a dictadura do relativismo, co seu discurso continuo sobre libertade e dereitos humáns, incluso de Estado de dereito, todo falacia porque se traduz no contrario, tamén en espiral de violencia contra a familia e clases traballadoras e pode significar que a forza anticristiáa dispoña dun verdadeiro programa, como predicaba Karol Wojtyla a Paulo VI e á Curia de Roma no 1976, nuns exercicios: “Probablemente estamos chegando á hora da máxima tentación”, según recolle o prólogo do libro de John Henry Newman “Cuatro sermones sobre el Anticristo”.

Volvamos a María, que acatou en Nazareth a mensaxe levada polo arcánxel Gabriel e que ante a nova de que a súa prima Isabel, a chamada estéril, agardaba un fillo, dirixiríase a Ein Karem a visitala. Alí, en Terra Santa, estiven o pasado ano, algo xa comentado no seu momento. Coido que é todo un privilexio té-la oportunidade de visita-los santos lugares, que as sagradas escrituras toman unha dimensión máis fonda, que a fe resulta enfortecida desa experiencia. E agora, cando imos celebrare o nacemento do Señor é coherente ter presentes os “tempos” da anunciación e da visitación. En Ein-Karem, “Fonte da Viña”, lugar de templos coidadísimos existe un monumento que recolle o momento do encontro das primas, María e Isabel. I é tradición a de que a fonte, o manantial, naceu nese momento emocionante do saúdo das primas naquel lugar, a terra de Xohán Bautista. Xohán ven de Yohohanan, que significa “Yahvé foi favorable” en hebreo, según leo na obra de Daniel Rops.

En Ein Karem, Zacarías, que era ancián, pedíralle un sinal a Gabriel, o arcánxel que lle comunicara que os seus rezos foran oídos e había ter un fillo, grande dediante do Señor, de nome Xohán. Pola súa edade e pola de Isabel non lle parecía posible o afirmado por Gabriel. E o sinal arcanxélico foille imposto. Quedou mudo ata que naceu o Bautista. E cando debatían sobre o nome do recén nacido, Zacarías pideu unha tableta na que escribeu: “O seu nome é Xohán”. Destrabóuselle a lingua e comezou a falare. Todo un privilexio poder visitar, naquel lugar, a igrexa do Bautista, [o precursor de Xesús, do que agora nace] e o Santuario da Visitación ou Magnificat, que lembra a visitación. María da Esperanza [a nosa patrona] e Isabel poden intermediar nas nosas peticiós pra que a Humanidade que sofre a dictadura relativista e os traballos da súa “enxeñería social” conoza unha nova alborada de rexeneración, porque vivimos tempos difíciles. A mediación salvífica de María e Isabel é posible. Pedida con fe.

5 comentarios:

josele dijo...

Si hay algo que el maoísmo no puede dar a sus siervos, en tiempos difíciles, es esperanza.... sus aspiraciones de humanidad y transcendencia empiezan y terminan en el Partido. Todos ellos desapareceran para siempre en el olvido como gotas de lluvia al caer sobre el mar. Pero el cristianismo y su mensaje de amor universal permanecerá...

o blog de xesús lópez dijo...

Por eso parecen recurrir a Satán. Seguramente que o Anticristo está, de forma non aparente, encastañado no relativismo que hoxe está no poder, aquí, alá e máis alá.
Bo Nadal, amigo.

josele dijo...

Feliz navidad, paz y famila !!!!!!!!!!!

o blog de xesús lópez dijo...

Felicidades a todos los que os asomais a este blog! Y a vuestras familias!
Todo parece a punto pró Nacemento de Don Xesucristo, como decía Cunqueiro:

"... i agosto
i o magosto dourado...!
I o viño novo nas cuncas,
na adega foi catado...!
I estando o outo cume
de outo neve nevado,
a María, en Belén,
o noveno mese lle foi contado!
Nasceu Don Xesucristo....!
De todos é louvado...!

Boas festas, amigos todos.

Natalia Pastor dijo...

Feliz Navidad, querido Xesús.
Que el Niño Dios os colme de amor,paz y esperanza a ti y a los tuyos.

Un beso.