jueves, 16 de diciembre de 2010

As declaraciós de Salvador Giner

As marismas de Lourizán, últimos 50 do século pasado, primeiros pasos do horror aquí asentado. Despois viría Ence-Elnosa, outros, e as demencias portuarias de emputece-lo porto de Marín, convertilo noutra cousa qu´agora defenden clústers e políticos que parecen peós da mafia portuaria.
-
Pontevedra, 16.12.2010
-
Entrada n . 1384 do blog
-
Trátase dun corto artículo publicado na web de GaliciaInformación, o 26.09.2003, a raiz dunhas declaraciós de Salvador Giner, que coido mantén actualidade. O traballo contén opinión e información que podería ser útil prós partidos que van entrare en campaña, se realmente queren apostare pola rexeneración, cousa que dubido. No traballo, non se modifica nada.
-
As declaraciós de Salvador Giner ,
por Xesús López Fernández
-
¿Pódese decir algo máis do que dixo Salvador Giner en relación co arraso das Rías Baixas, coa destrucción sistemática da paisaxe?. ¿Cómo se pode seguir coa pretensión de vender unha costa verde con solpores indescriptibles, con praias de fina area, cando algunha delas ou non está xa ou vai desaparecer en breve, chegada a situación dunha rexeneración artificial e irracional ano tras ano? ¿Cómo se pode decir que Pontevedra é unha cidade fermosa, o seu casco vello, cando foi sistemáticamente arrasado ó longo dos últimos anos, privados de sabor algús dos seus recantos máis íntimos, arruinado o comercio tradicional? ¿Cómo se pode decir que ENCE non contamina, cando na ría non existe unha soa granxa de rodaballos? ¿Sabía vostede que, presuntamente pola contaminación de mercurio e dioxinas, ós franceses se lles daba información de que o mexilón destas augas e o dos sectores de Meloxo e o Grove non se debía comer? ¿Por qué será que o Ministerio de Medio Ambiente, que parece traballou na Mariña luguesa co derribo do complexo de Caixagalicia e mai-la estructura dun hotel en Foz, non dispón o cese do complexo clorocelulósico antidemocrático, peligroso, contaminante, do que o tardofranquismo dixo no ano 1973 que fora un claro erro e que desas dúas industrias soamente se poderían derivar problemas prá saúde e convivencia humáas?

En Pontevedra sigue apestando con relativa frecuencia; a salinidade das augas da ría, o seu sabor, está modificada, porque se trata dun medio sensible que chegou recibir da factoría ata catro veces o volume de auga consumido por Marín e Pontevedra. E agora, co emisario, estáse a cambia-la morte da ría nesa escalada de despropósitos que denunciou Salvador Giner. Do que seguramente non ten información o sociólogo é da incidencia en procesos do tracto respiratorio das emisiós da fábrica de celulosas, en número superior en varios milleiros ó da poboación de Vigo, que case nos cuadruplica en habitantes. Por poder pódense decir moitas cousas, desas cousas que se saben dende hai tempo, do entreguismo de certos políticos a intereses espúreos. ¿De qué vale que algunhas xentes do Bloque se pronuncien en contra da consolidación do complexo de Lourizán, se a forza máis irracional a defende-la permanencia do averno naquel antigo paraíso é, precisamente, a Cig? ¿Qué sentido ten, se só son uns trescentos postos de traballo? ¿Non chegou o momento de erradicar dalí o complexo, o mal, levalo pra outro sitio con nova tecnoloxía e con vertido cero? Porque se non se fai así, acabouse a ría, acabouse o turismo de excelencia, acabouse unha riqueza, a riqueza do mar, que podería fácilmente multiplicarse.

Ten razón Salvador Giner cando fala de que neste asunto está de máis o nacionalismo e que o que fai falta é un patriotismo real, que tódo-los partidos deben levar no seu programa a recuperación da paisaxe galega. Estamos seguros de que cando volva por aquí o sociólogo catalán vai atopar todo aínda peor. Seguirase a xogar co posibilismo, coa mentira, como aquí fixo o propio Fraga, que nas dúas campañas do outono 1989, chegou decir, en resposta a este que escribe, que chegado o vencemento do plan Ence, o plan CE, que vencía en febreiro do 1992, se a fábrica seguía contaminando habería que pechala. Así de claro. E así de claro que é un mentireiro. E agora está empecinado en colocar aí, en Lourizán, a fábrica de papel tisú. Seguro que nen se enterou das palabras de Salvador Giner, que xa non lle pasan certa información.
-
Addenda.- Que se entenda que non estou a defendere a presencia de granxas de rodaballo na ría. Refírome ás granxas de anterior xeneración e ó feito de que, consultada a posibilidade de instalar algunha, ó interesado foille negada esa posibilidade pola calidade [contaminación] das augas e que, se quería ensaia-la cría de rodaballo en granxa que tería que pensar nunha costa aberta. Aínda así, non se pode consentir que monten granxas en lugares emblemáticos, como Cabo Vilán, hoxe practicamente fracturado. E os empresarios foron, aínda por riba, subvencionados.

2 comentarios:

José Luis Valladares Fernández dijo...

Ese es un mal que afecta a todas las latitudes. Salvo honrosas excepciones, están estropeando playas, paisajes y todo lo que se ponga por delante, si hay de por medio algún interes.
Saludos

o blog de xesús lópez dijo...

Pero aquí tenían el aviso del Dr. Buenaventura Andreu de alrededor del 90 en el sentido de que las rías bajas son casi como mares interiores, sistemas de aguas casi entrópicas, sensibles... ¡Y los políticos no le hicieron caso, porque ellos son los grandes culpables de la situación creada!