domingo, 5 de diciembre de 2010

CANDIDATURAS PRÁ ESPERANZA

ICPRACERES foi burlada na súa defensa do Estado de dereito, con Política Territorial ó servicio dos clústers. Agora sábese qu´as xentes d´Os Praceres eran as auténticas defensoras da legalidade.
Os cipreses como rolda, ou estadea, ou santa compaña, afortunadamente levantados, horteirada que se puido ter evitado, á que alude Leoncio Feijoo, de Pontevedra Alternativa.

O Campiño de Santa María, unha vista do arraso en decembro do 2008. Recoméndase visita, mellor guiada, ós pontevedreses que teñan intención de votar nas próximas municipales. "Los funcionarios inauguran ruínas...". As tapas-trampas, fracaso do urbanismo local.
-
Pontevedra, 5.12.2010
-
Entrada n. 1374 do blog
-
Artículo semanal
-
Candidaturas prá esperanza,
por Xesús López Fernández
-
No panorama pontevedrés parecen confirmarse xa dúas candidaturas prós comicios de Maio 2011. Son homildes: a da Iniciativa Cidadán d´Os Praceres e a de Pontevedra Alternativa. A d´Os Praceres é a terceira vez que se presenta, parece que, ademáis, cun lema decidido e rubricado polo seu traballo de varios anos: “Nós sí defendémo-lo Estado de dereito!”, discurso falaz na maioría dos partidos que, [como sinalaba Martín Ferrand no seu artículo do ABC do 4.12.2010, “¿Hay vida fuera del partido?”], foron caíndo na dexeneración partitocrática a consecuencia da fin da separación e independencia dos grandes poderes do Estado, a esencia do sistema, con merma de libertades i encanallamento da representatividade, así convertida en débil i enfermiza e, o que aínda é peor, sen esperanza de vida cidadáa, actividade económica e autonomía cultural fóra do ámbito do arroupamento partidista. Así foise decantando unha promiscuidade, noxenta, antre o poder político e o do diñeiro. I éso percíbeo a sociedade civil que non acaba de reaccionare, de toma-lo poder por non dar amalgamado unha verdadeira candidatura prá alternancia.
-
Faría falta un verdadeiro tsunami abalador que, pola vía das urnas, fose capaz de marcare unha alborada de rexeneración, privar de protagonismo ós que están a marcare mal o rumbo da gobernación. E as candidaturas pontevedresas citadas van un pouco por ese camiño do cambio real. De se confirma-lo lema das xentes d´Os Praceres, o de “Nós sí defendémo-lo Estado de dereito!”, pódeno decir con rotundidade. Se algún outro partido quer usare ese lema, ICPraceres sempre terá o poder descalificatorio porque eles sí están avalados por catro sentencias do TS, onde sí deron co Estado de dereito, que os partidos e os clústers parece queren afogar. Os partidos están, en gran parte, desacreditados ante a sociedade civil que, sen embargo, parvaxola, sigue confiando no chamado voto útil, non no de candidaturas sensatas que, como as citadas, talvez coaligadas, poderían configura-lo agardado tsunami.
-
ICPraceres e Pontevedra Alternativa van xogare nas elecciós do 22 de Maio con ilusión. E con poucos medios. Seguro que nengún clúster as vai financiare e ignoro qué tipo de enxeñería lles ha valer, ademáis dunha crecente presencia en internet, ou a pegada persoal de carteles. Sí ilusiona ver que ICPraceres, con participación na rede de cada volta máis activa mantén vivo o seu vello blog coas imaxes dramáticas da súa defensa da praza d´Os Praceres, da defensa do Estado de dereito contra a agresión da irracionalidade; ilusiona tamén ver cómo a presencia en internet de Pontevedra Alternativa e o blog persoal de Leoncio Feijoo, “Don Filiberto”, conquistan de cada volta novos seguidores. I eso apréciase polos contadores que van decote máis acelerados. ¿A qué cifras terán de chegaren pra telumbrar que algo pode cambiar en Maio? ¿Cál pode se-lo marcador que faga masa crítica, que avise dos nervios que mesmo pode haber nos partidos instalados na corporación local?
-
A falta de vontade política pra executa-las sentencias do TS é conocida de toda a sociedade, como tamén o discurso da ICPraceres. E agora comeza, con bastante acollida mediática, Pontevedra Alternativa, que acode ás elecciós homilde, pero criticamente, tentando mostrarlle ós partidos consolidados a diferencia antre as realizaciós deste goberno local e o que realmente se debería ter feito en clave de amor a Pontevedra. Leoncio invita á xente a que se achegue ó Campiño de Santa María, convertido en especie de escombreira, despois do arboricidio alí levado a cabo. Afirma que levamos perdidos como dez anos en urbanismo, afogados, sen un plan certo prá circulación viaria. El, que se define como xestor cultural, aclara o sentido da nova profesión, de cómo hai que fixar criterios de restauración e conservación pra evitare acontecementos como a ridícula prantación de cipreses, a modo de gran estadea, no entorno do Teatro Principal. Ós dous partidos non lles falta ilusión, pero nunha soa candidatura poderían, talvez, aumenta-las súas posibilidades.

3 comentarios:

josele dijo...

En una sola candidatura harían temblar de miedo a los "partitócratas".

Una coalición por la sensatez y el sentido común.

o blog de xesús lópez dijo...

Coido que así podería ser. Por eso lanzo estas ideas.

Natalia Pastor dijo...

Como dice Josele lo que falta es sensatez y sentido común;algo de lo que esta caterva, querido Xesús, carecen.