domingo, 17 de marzo de 2013

Francisco, o novo Papa

 O novo papa, Francisco, bispo de Buenos Aires Jorge Mario Bergoglio, un papa prós novos tempos.
 Massimo Coppo, franciscán e peregrino dende Asís, reza por un papa que podería ser, según el, un franciscán capuchino, pra unha Igrexa dos probes. 
 Escultura de Pío V, en Santa María Maggiore, onde o Papa acodeu a rezare, tamén ante a tumba deste papa santo.  
 A bóveda de Santa María Maggiore, onde o Papa acodeu a pedi-la axuda da Virxe, está panelada d´ouro da primeira expedición dese metal chegada de América, como o Papa Francisco.
 Detalle do baldaquino de Santa María Maggiore.
Presuntamente o Monte da Tentación, onde Xesús axunou e Satanás compareceu pra tentalo. Monxes ortodoxos gregos fan vela permanente no lugar, nun convento visible na foto. Este papa xa falou do demo, como desexaba Massimo Coppo, o franciscán d´Asís, peregrino nesta ocasión, que ambos deben percibi-la satanización do poder mundano, o das políticas anti-familia e anti-natura, o nemigo da Vida e da Natureza. (Non sendo as dúas primeiras, son todas fotos propias, dos anos 2007 e 2009)

Pontevedra, 17.03.2013
Entrada n. 1628 do blog
Artículo semanal



Francisco, o novo Papa,
por Xesús López Fernández

            Posiblemente nengún cónclave prá elección dun novo papa gozou de tanta audiencia como o último celebrado, transmitidas por radio e televisión ó mundo enteiro secuencias diversas dos preparativos e celebración do acontecemento. En realidade, a información a talvez máis de mil millós de persoas interesadas comezara xa co anuncio da renuncia de Benedicto XVI  e actos conseguintes, incluso o seu traslado a Castelgandolfo, onde ten a súa morada provisional e vai ser visitado nos próximos días polo actual Papa Francisco, o arxentino Jorge Mario Bergoglio, un papa xesuíta, o primeiro da Compañía de Xesús na Historia da Igrexa, que se entende confíe nos fillos de San Ignacio como instrumento vitalizador nos tempos que vivimos, mesmo contra o poder satanizado. Francisco porta con el unha obra intensa de home entregado ós pobres, i en Buenos Aires vivía nun apartamento sinxelo no que facía as súas propias comidas; e visitaba ós barrios máis necesitados, mesmo os cárceres.

            A praza de San Pedro estaba ateigada de xente os días 12 e 13 de marzo, a pesar da chuvia, mentres o cónclave ía mostrando o resultado das votaciós: fumata negra, fumata negra, ata que o 13 comunicaba, por medio da fumata branca que xa tiñamos papa. Agora vanse conocendo anécdotas do encerro, de cómo  Jorge Mario Bergoglio, o xa Papa, e Odilo Scherer, cardeal de Sao Paulo, o seu principal rival prá elección, intercambiaban opiniós, de que o arxentino se pronunciaba por unha Igrexa pobre e prós pobres; de como outro brasileiro, Claudio Hummes, arzobispo emérito de Sao Paulo, lle dixo, xa concluída a elección: “Non te esquezas dos pobres”. No arzobispo de Buenos Aires fórase aclarando a idea do nome a escoller: Francisco, o santo dos pobres. (Claudio Hummes, sentado do seu lado os dous días do cónclave, é franciscán).            
           
            Francesco d´Asisi, “il poverello”. ¿Pero estivo o santo na praza de San Pedro?. Sí estivo alguén que asumeu o seu papel, chegado de Asís, a cidade da Paz, despois de ter camiñado 180 km, vestido cun hábito franciscán rústico, de yute. O home, cos pes nús e de xionllos, púxose a rezar, obxeto de curiosidade por parte de fotógrafos e periodistas, incluso baixo da chuvia. A súa intención, según dixo, era agardare pola fumata branca. O home, que se chama Massimo Coppo, ten 64 anos, e chegou o martes 12, vive en Asís, na rexión de Umbría, e pertence a unha comunidade franciscáa que fai o voto da pobreza e vida adicada a oración, estilo de vida que escolleu ós 32 anos, despois de ter conocido a varios católicos que o impregnaron do que el chama vocación de servicio. O home, que viveu na súa mocedade nos EEUU manifestaba, ante as perguntas que lle formulaban, que estaba alí pra rezar, que era un momento difícil prá Igrexa e que “lle gustaría ver a un Papa pobre, un franciscán capuchino, un Papa valente pra afirmare os fundamentos da fe católica, que fale da eternidade, do inferno, e do retorno de Xesucristo. Queremos axudar a máis persoas a entendere que a libertade de ser pobres pode levare á felicidade”.   

            Cando o novo Papa compareceu ante a moitedume, con lembranzas pra Benedicto XVI, pedindo tamén que rezasen por el mesmo pra, de seguido, outorgárlle-la bendición ós presentes na praza que comprenderon xa que tiñan un Papa próximo. Móstrase   conciliador,  abraza o ideal da pobreza e da paz, i escolleu ademais o nome de Francisco  en memoria do santo de Asís. O gozo de Massimo Coppo debe ser inmenso ó ve-la súa oración premiada, porque o Papa falou do Corpo Místico de Cristo, e do demo. Xa todo se sucedeu, nos seguintes días, de forma rápida. Francisco  móstrase como home con sentido do humor e foi acollendo cordialmente a tódo-los cardeales conforme se achegaban a saudalo; e que o pasado sábado, nas súas declaraciós ante 6000 periodistas de todo o mundo, acabaría, despois de ter saudado a unha selección, por lles outorgare unha bendición especial, abrindo os brazos, un xeito de acollere ós presentes: “Que Deus vos bendiga a todos”, tendo en conta que antr´eles habería non poucos non creentes ou doutras relixiós. E Massimo Coppo parece oficiou como profeta. 

Enlace: Misione Massimo Coppo       

4 comentarios:

Sinretorno dijo...

Gracias xesús!!!!. Creo que vamos a ver grandes cosas en la claridad y secillez de este hombre santo, que Dios le ayude y gracias por sus comentarios, siempre

o blog de xesús lópez dijo...

Creo que podemos confiar, esperar un futuro mejor. Me da la sensación de que, desde la humildad, este papa va a revolucionar al mundo entero, a poner en marcha un auténtico proceso de reevangelización. Y que seremos las bases las que, de una u otra forma, desbancaremos a Satanás del poder. Algunos pueden empezar a sentir una cierta desintería, todos los que están tocados de la corrupción o que apoyan políticas anti-Vida.
Un cordial saludo

trillian dijo...

Creo Xesús qué Francisco ha entrado con buen pie incluso ha pedido reciclar la ropa del anterior papa, todo un ejemplo para esos obispos qué se visten de Armani por ejplo, si es como parece los pobres se lo van agradecer,....veremos.

Unha aperta.

o blog de xesús lópez dijo...

Hola, Trillian:
Tengo grandes esperanzas en este Papa. La reevangelización es una necesidad en el mundo, sobre todo en Europa. Con él parece posible.
Ha hablado de caminar, de edificar y de confesar. Pero también ha hablado ya del demonio, varias veces y de muchas otras cosas.
El demonio está hoy en el poder mundano, es el que marca los tiempos de la corrupción; pero con una reevangelización de base, con el apoyo de los pobres, muchos políticos van a empezar a sentir cagalera, el demonio que se le escapa del cuerpo después de su plétora de relativismo.
Eso espero.
Unha aperta.