miércoles, 22 de abril de 2009

COUSAS NA FIN DO ANO [26.12.2003]

O caos normativo. Dibuxo de Xesús López.
-
Entrada n. 912 do blog.
-
Pontevedra, 22.04.2009
-
Recupero un traballo da fin do ano 2003, un comentario a raiz dun artículo de Méndez Ferrín e tamén relacionado con outras cousas. O artículo non perdeu actualidade, mesmo cando mostra perfiles incertos de xentes que, estando na Política, non están na Ecoloxía, non saben de recupera-lo capital natural cando non promoven a morte da natureza. Como en Vigo, como en Pontevedra. Sigue o traballo, que pode ser mesmo oportuno cando se produce o relevo galego na (des)gobernación do país:
-
Cousas na fin do ano, [26.12.2003]
Por Xesús López Fernández
-
Acabo de leer un novo traballo do amigo Méndez Ferrín, “As normas académicas do idioma galego”, que por fin están en vigor. A Academia debería se-la autoridade máxima en materia de lingua, como ben se di no seu traballo. E as normas están xa publicadas pra seren consultadas por tódo-los interesados nas mesmas, cantos máis mellor, según di o meu amigo que non esquece que hai xente desleigada que vai seguir sen usa-lo idioma da terra (porque o detestan), sen esquecer que existe outro grupo de persoas que soñan con seren lusitáns (os que se poñen ó abeiro do mito de Carballo Calero na súa derradeira e suicida fuxida, outro xeito de detesta-la fala). Estou dacordo con Méndez Ferrín aínda tendo en conta que as normas arriman máis da conta ó portugués ou que retornan a formas en desuso que un é libre de non estimar como boas; de entender incluso que no sobreabuso de cultismos lusos pode esta-la perda de falantes da nosa lingua, algo constatado novamente en data recente, mentres algús siguen fiando na deriva cara formas que non están no cerne do idioma, que valen mesmo pra que os seus discursos na praxis política non calen na sociedade.
-
Seguindo co idioma citaremos un caso claro: o dos discursos con motivo do voto de confianza a Pérez Mariño. Ben Soto e Porteiro, con claro dominio da fala; mal Pérez Castrillo, cun discurso de pena no galego que o seu grupo quere impoñer. I está claro que o idioma marca un ser ou non ser, porque a lingua na que se expresaron os dous primeiros penetra, chega, é asumida por xentes instaladas no castelán, mentres que a lectura de P. Castrilllo tivo moito de opereta, foi un discurso co que se intentou explicar, xustifica-la privación da alcaldía a Ventura Pérez Mariño, un home distante que, a pesar do seu aparente hieratismo, era cada vez máis valorado polos vigueses, ata o punto de que as enquisas mostraban unha posible maioría absoluta a favor do mesmo no caso de se produciren de novo as elecciós. A sociedade, a verdade, vai cansa dos partidos e dos políticos e agarda xentes que veñan decir cousas tan simples como que “as sentencias son pra seren executadas”, afirmación, en castelán, atribuída ó alcalde cesado en relación con asuntos de presunta ilegalidade urbanística.
-
E parece que algunha das actuaciós alentadas dende a oposición fáctica ó anterior alcalde non van atopar apoio no novo goberno local, como a construcción do centro comercial en Balaídos, no que algús sinalan o punto crítico da caída de Ventura Pérez Mariño. Polo demáis, hai signos de que poden regresar certos peligros porque, aínda non producido o relevo na alcaldía, o ministerio de Fomento anunciaba que ía mante-lo presuposto prós recheos do Areal ata o 2007. ¡E un que creía ese pesadelo desaparecido do horizonte vigués, derrotada a política que Pedrosa plasmaba na súa frase prós medios de que “un porto ten que crecer ilimitadamente!”. E comerse a ría de paso. Terá que andar con coidado Corina Porro, porque a sociedade viguesa, ó contrario da pontevedresa, está viva e tense pronunciado en contra da demencia que pretendía xustifica-los recheos do Areal, que podemos extrapolar a outros portos, que máis que avanzar no mar sobre pilotes pra que non sofra a dinámica das augas tentan xerar chan industrial pra empresarios mediocres a conta das augas, cargarse o litoral, converteren en cidades de secano vilas históricamente mariñeiras.
-
Di a alcaldesa que un porto debe crecer ordeadamente, o que pode ser diferente do dito por Pedrosa. ¡Ou pode se-lo mesmo, coidado!. No que sí parece acerta-la muller é no traslado da alcaldía ó casco vello, ó edificio Cambón, pra así potencia-lo barrio. Asignatura difícil, que non se aproba se non se consigue facelo máis habitable. Se non é así a zona esmorece. Non importa (como en Pontevedra) que haxa máis visitantes alleos á realidade do barrio que moitos residentes poden considerar arrasado antes que restaurado, privadas moitas prazas do seu tipismo. A tramoia Urban, a actuación sobre fachadas, con subvenciós pendentes de abonar que reclama o Valedor do Pobo, disimula o deterioro de moitos edificios que están arruinados, nos que a lousa do Peprica, un mal plan, vai impedi-lo establecemento de novos moradores... Como sexa, o idioma malvive, as xentes perderon un bó alcalde en Vigo, os restauradores poden non acertar, o litoral estar novamente ameazado se non se respeta a súa dinámica, as pautas marcadas pola natureza...E decíamo un amigo, pescador no peirao vello de Marín, naquelas augas degradadas: “Pesco chocos e calamares, e caen robalizas, ¿Por qué non crear arrecifes ou face-los novos peiraos sobre pivotes, salva-la ría e a súa riqueza pra sempre?”.... En fin, pensemos na lingua i en defendernos do poder en cuestiós de urbanismo, medio ambiente e dereitos humáns. Porque veñen mal dadas.

No hay comentarios: