miércoles, 10 de abril de 2013

A recuperación do mar, en Vigo [30.07.2004]

Véxase cómo o porto de Marín tenta engulire a illa de Tambo, o que acentuaría aínda máis a agresión medioambiental do lote de  descerebrados que están a toleraren a actuación da Autoridade Portuaria. Certo que a recuperación do mar, en Vigo, en contra do análisis que se fai no artículo hoxe presentado, tampouco foi  certa, que mesmo parece que a cuestión da depuradora do Lagares, aínda que sexa zona de marismas, vai adiante. Como tamén na ría de Pontevedra queren deixare encorsetáda-las marismas de Lourizán cun paseo pactado antre diversos protagonistas da trama de corrupción aquí existente: Fomento, Concello, Xunta: os novos e idílicos solpores dos que falaba o concellal conocido como o Erasmo de Vilaboa, o "pensador" do Partido. Desconozo tamén si en Vigo chegaron a deslocalizaren algunha das industrias que se cargaron o litoral, pero seguro que os recheos de Bouzas han seguir insultantes.   

Pontevedra, 10.04.2013
Entrada n. 1641 do blog
Artículo do 2004

 A recuperación do mar, en Vigo, [30.07.2004]
Por Xesús López Fernández

            As ideas que hoxe van quedar apuntadas corresponden a informaciós producidas en relación coa movida urbanística e de recuperacián da beiramar que están a deseñar en Vigo, cara a Volvo Ocean Race e pola proiección internacional que a mesma vai representar. O programa xa ten nome, Vigo 2005. E imos traer aquí algús datos, sobre os que non han faltar críticas de posible  pelotazo nalgunha das actuaciós que se van levar a cabo, como a que representa o traslado das industrias da Beiramar á chamada Cidade da Pesca, un polígono de 400.000 metros cadrados, en Valadares. O traslado vai costar uns 100 millóns de euros, importe que inclúe a compra dos novos terreos e mai-la construcción das naves prás que se van trasladar diversos armadores pesqueiros, antre eles Pescanova, Pescapuerta, Freiremar, Armadora Pereira.... E conserveiras que teñen que ver co mundo da pesca. Nas próximas semás vaise asina-la constitución da sociedade Ciudad de la Pesca, S.L., na que participan as máis importantes firmas afectadas polo traslado, con reserva xa de superficie superior nun 50% á que agora ocupan.  Operación rentable ambiental e urbanísticamente.

            O devandito é unha actuación prevista no PXOM, que tenta recupera-lo litoral urbán pra Vigo ofrecendo así a cidade unha nova faciana ó mar e garantiza tamén o futuro do sector. O empresariado, intelixente,  quixo deixar constancia por medio dun portavoz da sensibilidade que puxeron nesta operación. “A pesca é un sector fundamental pró desenvolvemento de Vigo. A súa proiección internacional sitúao no segundo posto do ranking das exportaciós de Galicia, só por detrás da automoción.... Como a demanda do mercado veu revaloriza-las actividades relacionadas coa transformación, elaboración e distribución do pescado, en detrimento do labor extractivo”, daí ven a deslocalización anunciada de varias das empresas situadas na milla de ouro da pesca galega...O proiecto vai ser apresentado ós sindicatos, que se supón han comprender que todo é resultado dos novos fluxos do mercado e que, ademáis, no espacio que van libera-los armadores, transformadoras, conxeladoras e outros, vaise crear unha gran área de multiservicios, de comercio, deportes, ocio, etc. E 3.000 novos postos de traballo. A Xunta pode estar apostando forte por converter Vigo no seu buque insignia.

            O plan de viabilidade distingue seis superficies: Áreas de deporte, de ocio, de servicios, empresarial, de aparcamento (64.440 m2) e área axardinada. Algo oín sobre excesivo número de torres e incluso, manexando unha revista que edita a Asociación de Promotores Inmobiliarios da Provincia de Pontevedra,  APROIN, no n. 30, na portada, vexo que aparecen dúas infografías en relación coa actuación que se vai facer en Teis. Según a confeccionada polo equipo redactor do plan aparecen un número discreto de torres; pero na outra infografía (anónima), a que utiliza o PSOE, están realzadas en color ambar as torres que se construirían e que terían un efecto macizante abalador, algo que tamén teño oído comentar en relación coa chamada milla de ouro. Se os empresarios se deslocalizan, ¿será por simple altruísmo ou por estaren a obter unha plusvalía nunca soñada? Non debemos esquecer que están a venderen solares que, maiormente, son terreos privados, non afectados,  e que ademáis está prevista a creación dos  citados 3.000 novos empregos. (E non inflan o discurso con inducidos porque aínda queda algo de decencia).

            Na revista APROIN se publica tamén unha entrevista a Corina Porro, que nas fotografías aparece con mirada ausente, como se tivese certos medos ante o reto, un reto por outra banda magnífico.  Ela afirma que “queremos humanizar e revitaliza-la cidade con vistas á saída de Vigo, en novembro do 2005, da Volta ó Mundo de Vela. Vigo será daquela unha fiestra ó mundo e non podemos perder esta oportunidade”. A entrevista é longa, pero a muller ten o valor de decir que con “Abrir Vigo al Mar” o que se fixo realmente foi darlle as costas, cerra-la cidade ó mar. E o estudio dagora prantexa a recuperación da costa dende Nigrán ata Redondela. Quérense recupera-las praias, algo que teñen moito máis difícil que en Pontevedra, e comunica-lo litoral por medio dun carril-bici, crear paseos de peatós, algúns pilotados, crear tamén zonas públicas e zonas verdes pegadas ó mar, aumenta-lo número de aparcamentos i, en xeral, mellora-la accesibilidade e as comunicaciós dos espacios costeiros, etc. En fin, que traendo aquí estas noticias parece que nos estamos a referir a un lugar lonxe de Pontevedra, a urbe galega  máis castigada e prá que non existe un proiecto de recuperación. Faltan empresarios e políticos comprometidos máis alá da representación escénica do último pleno, 23.7, corral de comedias, que obriguen á Xunta a liberar esta cidade, este mar.  Como en Vigo.

No hay comentarios: