Mostrando entradas con la etiqueta cunqueiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cunqueiro. Mostrar todas las entradas
sábado, 22 de diciembre de 2007
lunes, 19 de noviembre de 2007
NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS [13.5.2000]
"Aquí ven o maio de frores cuberto...." Por Maio celebrámo-lo día grande das letras, cada novo aniversario da edición de Cantares Gallegos, de Rosalía, o seu maxisterio académicamente traicionado dende hai algús anos. Dibuxo informático de Xesús López.
Pontevedra, 19.11.2007
Desta volta recupero un traballo sobre o Día das Letras Galegas do ano 2000. O que nel se está a decir pódese seguir afirmando, porque a lingua está en situación de gran debilidade, alanceada polos iluminados, polos que pariron e mai-los que aprobaron as normas da concordia. En fin, o idioma é cada día que pasa menos o noso idioma. E fronteira. Os do Diktatt pensan que poden corta-la lingua dos galegofalante e impoñe-lo seu invento, a súa maldición. Digo.
NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS [13-5-2000],
por Xesús López Fernández
Este ano, centenario de Castelao, centenario tamén dun poeta inxustamente esquecido, Otero Espasandín, o Día das Letras Galegas vai estar adicado á figura de Manuel Murguía, o home que Vicente Risco defineu como “unha figura histórica de tan acusado releve que pode ser collida como símbolo da renacencia galega”. E foi un polígrafo de tan vasta obra que “acometeu a novela, a poesía, a crítica literaria, a crítica de arte, a arqueoloxía, a historia, a socioloxía, o folklore, o dereito e mái-la política”. Por eso, o corpus todo da súa obra constitúe unha auténtica enciclopedia galega, un compendio do esforzo dos Precursores, daquela serie de homes da que foi o derradeiro representante. Vicente Risco dí del que “polo seu sangue e a súa educación...foi da estirpe dos grandes historiadores románticos, forxadores de pobos, espertadores de razas atormentadas.. polo que os seus escritos constitúen a verdadeira Epopeia da Raza Galega”. Foi tamén presidente da Academia Galega.
A relación completa da súa bibliografía, fecundísima, resulta hoxe imposible, pois moitos dos seus traballos apareceron en publicacións periódicas das que, nalgús casos, non se conserva colección completa. Prós curiosos, de tódo-los xeitos, existen obras de diversos autores –Risco, Carballo Calero, Francisco Fernández del Riego, Castelao, etc.— que poden consultar. A mín resúltame unha lectura grata a da súa obra Galicia, que normalmente abro pola parte da prehistoria, onde o autor recrea certos arquetipos e un tempo que parece máxico, que permite soñar, algo que permanece como constante na nosa historia. Pero hoxe quérome achegar á obra en língua galega de Murguía, moi breve –catro cousas--, e na que destacarémo-lo discurso nos Xogos Frorales de Tui e outro adicado a Eduardo Pondal e a súa obra.
No primeiro deses traballos dí Murguía: “¡O noso idioma!. O que falaron os nosos pais e vamos esquecendo, o que falan os aldeáns e nos hachamos a ponto de non entendelo; aquel no que cantaron reis e trovadores; o que, fillo maior da patria galega, no-la conservou e conserva como un don da providencia; o que aínda ten nos nosos labres as dozuras eternas e acentos que van ó corazón; o que agora oídes como se fose un himno relixioso; o fermoso, o nobre idioma que do outro lado dese río é língua oficial .....e ten unha literatura representada polos nomes gloriosos de Camoéns e Vieira, de Garret e de Herculano; o galego, en fín, que é o que nos da dereito á enteira posesión da terra na que fomos nados, que nos dí que pois somos un pobo distinto debemos selo.... Nel, como en vaso sagrado no que se axuntan tódo-los perfumes, háchanse os principales elementos da nosa nacionalidade, de novo negada e, ainda máis, escarnecida...”.Deixo aquí a Murguía, agora celebrado.
Na distancia dese discurso diríase que as cousas non cambiaron moito. O portugués é unha realidade puxante; o galego, aínda que tivera unha orixe común, é hoxe un idioma distinto. E a fronteira, antes que no Miño, está na língua, algo evidente na raia seca ourensá, como hai tempo sinalou Moralejo. Está ben que os galegos aprendan portugués como segunda ou terceira língua. Integrarnos no seu sistema ortográfico e fónico pareceríame un suicidio. É certo que aínda temos problemas de fixación. E terémolos sempre porque o idioma segue vivo e sería bo reconsidera-la fala popular como base dunha normativización certa, que non dá chegado. Sarmiento era partidario de tomar como referente, sempre, a fala. E de que a ensinanza escomezase polo idioma que os nenos e nenas falen ó chegaren á escola. Por desgracia, entendo que aínda hoxe seguen a discriminalos e aquí, os nenos e nenas galegofalantes retornan ás casas cun idioma normativo que non acai na súa realidade familiar. Nese sentido, a pesares dos anos transcurridos dende a primeira celebración das Letras Galegas, a norma pouco resolve. I eu retorno á obra de Cunqueiro, cuio tratamento da língua puido se-lo camiño da arelada salvación..
lunes, 12 de noviembre de 2007
E NASCEU DON XESUCRISTO [21.12.2000]
Pontevedra, 12.11.2007
Imos mediando o mes de Santos e logo estaremos no tempo de Nadal. Como seguramente irei recopilando máis cousas sobre o mesmo tema, penduro hoxe outro traballo do 2000, "E nasceu Don Xesucristo", fundamentalmente inspirado nunha obra de Cunqueiro.
E NASCEU DON XESUCRISTO...[21.12.2000]
por Xesús López Fernández
O misterio da encarnación do Verbo torna ás nosas conciencias, a algunhas conciencias, porque parece que estas datas están a perde-lo seu sentido e que non existen máis alá da propaganda comercial e dos fogares opulentos, mentres tantísima xente vive na máis completa das miserias --á procura do que a outros lles sobra-- ou explotada por medio de contratos vasura cando non agraviada polas mafias que acabaron coa súa riqueza e que agora prometen novos paraísos máis alá do traslado en patera ou en barcaza de desembarco...As mafias teñen ese poder, xa se verá. E historias de comunidades desgarradas chegan tódo-los días. Ese terceiro mundo a desangárese ó que só as ONGs e a Igrexa se esforzan heroicamente en axudaren contra enfermedades, contra a fame; en ensinar oficios e mostrar camiños de libertade onde o Poder carece de ideas ou está corrompido, administrado polo Maligno. Coeste panorama, ¿podemos decir que nasceu Don Xesucristo?
A frase é de Cunqueiro. É un dos versos últimos dun poema lembrado con frecuencia, no que explica a encarnación do Verbo: “Primeiro foi o Anxo que falou a María../Nove meses de soño ata que veu o Día...”. Os poetas poden pescudar camiños como o que Cunqueiro, de forma sotil, nos mostra ó longo do poema que conclúe así: “...i o viño novo na cunca, na adega, foi catado../I estando o outo cume de outo neve nevado/ a María, en Belén, o noveno mese lle foi contado:/¡Nasceu Don Xesucristo!/ ¡De todos é loubado!”. O autor achéganos á profecía e cóntanos de forma fermosísima, como un teólogo, a materialización do misterio, coa sinxeleza case do prólogo do Evanxelio de San Xohan, a pasaxe máis simple de todo o seu texto, “o Verbo fíxose carne”. “O Verbo, que existía no comezo de todo –dí Daniel Rops— e por quen foron creadas tóda-las cousas: esa Palabra que chama ó ser á vida e cuia luz nos exalta por riba de nós mesmos, a mesma realidade que sobarda toda comprensión humá e que reconocemos en Cristo, Deus feito carne como nós”.
Neste ano 2000, cando morre o milenio, renovámo-la nosa fé. Algús van máis alá e pergúntanse cómo Cristo, que é Deus, se puido someter ó tempo humán e facerse home, nacer e morrer, Él, que é dende a eternidade. A cuestión ten suscitado mil debates. Jean-Claude Carrière resume de forma sintética o dito por algúns Padres: que si o templo de Salomón constitúe daquela unha imaxe da Igrexa; que si Cristo era xa o maná caído no deserto pra manter ós israelitas. Ou o penedo que Moisés, cun golpe do seu caxato, convirteu en fonte de auga viva; que aquel penedo benfeitor había seguir ó pobo hebreo nos seus longos éxodos. É decir, que Cristo-Deus, aínda non feito home, camiñaba antre as xentes. Do mesmo xeito, incluso despois da súa morte humá, segue antre os creentes, polo menos alí onde dous ou máis se xuntan no seu nome. E ó mellor é ésto o que lle falta á nosa sociedade: que moitas veces, cando falamos ou camiñamos –dous ou máis— nos esquecemos da súa presencia.
Case sempre está ausente das prédicas de Estado. A satanización do Poder –Romano Guardini dixit— está infiltrada en corporativismos e mafias, en grupos políticos e bandas terroristas. Convolutos e dinamita, fase de loucura na que se prometen soluciós que poderían estar aí, a pouco que lembraramos que o Señor está con nós. Con Cunqueiro vémolo de xeito simple: nasceu Don Xesucristo. Pero a enguedellada dos diversos centros de decisión explica unha certa converxencia de intereses dos que xogan coa miseria, a prostitución, droga e crime organizado...Coas leis.... Decir aquí que apareceron 38 árbores, fósiles vivintes, especie de coníferas da era dos dinosaurios..Tempo corto en comparanza coa eternidade... Os portavoces da nova calan a ubicación por medo ós incendiarios –outro rostro do Maligno--, non vaian alá queima-lo eslabón dunha xenealoxía de millós de anos.... Lembrémo-la presencia de Cristo pra findar coas distintas formas de violencia; tamén coa violencia do Poder.
jueves, 25 de octubre de 2007
Cunqueiro: O retorno de Elimas [23.06.2000]
Pontevedra, 25.10.2007
Este é un traballo inspirado nunha historia de Cunqueiro, do Merlín e Familia: a de Elimas, o algaribo que fornecía ó mago de libros de maxia, mesmo de pólvora. Creín por un tempo que o perdera da miña base de datos, pero recupereino dunha copia de seguridade e hoxe o inclúo pra refrescar algo o blog. Téñase presente que é do ano 2000.
Este é un traballo inspirado nunha historia de Cunqueiro, do Merlín e Familia: a de Elimas, o algaribo que fornecía ó mago de libros de maxia, mesmo de pólvora. Creín por un tempo que o perdera da miña base de datos, pero recupereino dunha copia de seguridade e hoxe o inclúo pra refrescar algo o blog. Téñase presente que é do ano 2000.
Cunqueiro: O RETORNO (POUCO PROBABLE) DE ELIMAS [23.06.2000]
por Xesús López Fernández
Elimas é un persoaxe do mundo máxico de Cunqueiro, un dos que visitan a don Merlín na súa pousada de Miranda. I Elimas é o algaribo que fornece de libros segredos e da arte --románs e doutra orixe-- ó mago; que fan posible que o home manteña a súa ciencia ó día. Elimas é tamén contador de historias e leva con el un catálogo de sete moi preparadas, o que lle permite mellorar un pouco a súa economía, obter algús cartos das persoas coas que se encontra nas diversas paradas que fai no seu longo camiñar, porque vivir tan soio de ”viaxar libros, vasos de ambre e anteollos bos e baratos”, faise moi difícil; ten un que se acomodar no segmento dos chamados probes aínda sendo traballador honrado, coidadoso coa mercancía que transporta en seira, forrada de cretona ou de veludo –un respeto--, a súa burra leonesa. Conoce moito mundo de Oriente a Occidente; a China e tamén a Habana, onde semella estar medio namorado. Pero tenlle moita fe a don Merlín.
Débolle a Elimas a risa franca pola súa historia da bañeira e o demo, Satán convertido en bañeira de cristal porque quería saber cómo era o corpo espido das abadesas de certo convento; ou o conto do lobo que se aforcou na carballeira de Dueñas, en realidade un home-lobo que tivera unha existencia anterior como tendeiro honrado no Manzanal. Pero as historias é mellor leelas no orixinal, que si eu fago agora mención delas é porque o asunto da violencia e dos homes-lobos coido ten plena actualidade no noso entorno e constantemente nos chega o malcheiro da súa presencia, a súa marca territorial en moitas rúas e largos da capital. Evidentemente, falta un don Belianís cazador ou un político diposto a poñer orde na noite na que, ademáis de marca-lo terreo, os homes-lobos impoñen a súa música, o seu ular contínuo. E a policía, como si estivera asustada, rara vez acode. Consecuentemente, o remuíño de violencia que vai a máis: peleas, navallazos, mortes.
Unha destas noites soñei con Elimas. O home, que tivera existencias anteriores, tiña agora nova vida e nova relixión. O algaribo parecía estar condenado a renacer en Asia Menor e a unha materialización xudea e outra musulmá, sucedía que agora era cristián. Entendía el que esto era un pouco como un maior grado de perfección, que dende os albores da Humanidade o home tanteara primeiramente na mitificación das cousas e dos misterios, en exercicios de ritos máxicos antes de descobri-las relixiós, a resposta á súa permanente pescuda dunha explicación da existencia. I Elimas díxome que a liberación do home estaba antes na relixión que no marxismo, hoxe en vía morta, sen outro “paraíso” que Cuba, que el ben sabe que a Habana dagora non é xa a cidade onde medio se namorara na súa vida inmediata anterior. Pero Elimas non renuncia ós mitos e colaborou na cachada da noite de San Xohán, pra que o Sol non se apague, eso que este ano adiantouse o solsticio, pero a tradición é a tradición, afirmou con rotundidade. E, cómo non, preparámo-la auga prá mañanciña coas herbas precisas: tomiño, romeu, malva, menta, fiuncho....
Elimas sigue de ambulante. Agora viaxa nunha Harley Davidson. En realidade ten varias en distintos aeroportos, porque combina co avión nun continuo ir e vir: Liechtenstein, Berna, as Caimáns son decote os seus destinos. A súa equipaxe compleméntase cun PC e un teléfono portátiles pra adiantar datos, dispoñer transferencias, acordar xuros, sempre en clave. Seguro que agora, dígolle, non precisas contar historias, Non, pero aínda se me ocorren e boto de menos aqueles tempos. Anda solto moito home-lobo e mira, Satán está sempre no entorno do poder. Se unha vez se convirteu en bañeira de cristal pode moi ben agora converterse en BOE ou, simplemente, en sillón, e sabe cándo a un presidente dun consello de administración ou a un edil se lle cerra o cú, cando non lle entra unha palla por alí. ¡E cómo disfruta o demo!.... Elimas, que promete volver, pon en marcha a moto e parte hacia Lavacolla...A arrancada interrompe, reventa o meu soño....
viernes, 14 de septiembre de 2007
SARMIENTO 8 [10.5.2002]
Pontevedra, 15.9.07
Váiseme acabando a corda dos traballos sobre Sarmiento. Despois do próximo pódenme faltar talvez dous ou tres que non dou localizado. Neste artículo insístese unha vez máis no frade como referente. Que se o carballo de Santa Margarita pode ser símbolo das mil primaveras prá nosa lingua que decía Cunqueiro, algo debe quedar claro. Aínda estando gravemente enfermo o carballo, pode que ó idioma lle quede menos tempo, salvo que o traballemos ó abeiro dos consellos de Frai Martín Sarmiento, pero coa fala convertida en instrumento de opereta pra galeskolas [o "k" leva a intención que vos podedes supoñer], algo así como arrincarlles a lingua ós nosos nenos e nenas pra que comecen a fala-lo trampitán ideolóxico que dende as nosas instituciós están a impoñeren. Pode parecer duro, pero coido ter razón. O idioma da TVG, o dos políticos [non instalados no idioma] que procuran fóra de sí a identidade galeguista, está enfermo de lepra, de malatía ou gafedade. Parece incurable.
No día de Sarmiento, no ano de Sarmiento [10.5.2002]
por Xesús López Fernández
Coido que con este van alá nove traballos que, no correr do ano, levo adicados ó Padre Sarmiento, do que vou sacando das miñas lecturas e observacións. Afortunadamente, a súa figura está a concita-la atención de moitos dos nosos autores. E case non hai día no que non aparezan novos traballos de investigación, mesmo reedicións de obras que marcaron, daquela, un maior conocemento do noso frade e da súa obra. E así, hai escasos días, a Fundación Barrié, da Coruña, apresentou a edición –en colaboración co Instituto de Estudios Galegos— dunha obra titulada “Martín Sarmiento: Ilustración, educación y utopía en la España del siglo XVIII”, da que é autor José Santos Puerto, profesor de Historia da Educación en La Laguna. O autor traballou ó longo de sete anos na elaboración deste libro que tenta mostra-la figura de Sarmiento como clave na Ilustración española, se ben desconocida fóra de Galicia porque o frade non quixo editar nada máis alá da súa defensa do P. Feixoo, porque el escribía como falaba, como se realmente non se tratase de obras perfectamente acabadas, dispostas prá impresión.
A edición de estudios sobre a súa vida e obra está entrando nunha fase de aceleración e ós traballos de Carlos Casares, Francisco Carballo e Pilar Allegue súmanse agora outras novedades: un libro de Pepe Carreiro, outro de X.L. Barreiro Barreiro, “Martín Sarmiento na Ilustración” e un “Diccionario” pra mostra-lo persoaxe e o seu ideario, obra de Puentes Chao e Liñares Giraut. De momento, conozo a obra de Casares i estoume familiarizando coa de Carballo. Sen embargo, coido obrigada a lectura das obras de Sarmiento, polo menos as máis conocidas, a dos “Elementos Etimológicos según el método de Euclides” e o “Onomástico”, todo un luxo cando están comentadas por J. L. Pensado, como tamén o estudio deste autor dos “Opúsculos etimolóxicos do século XVIII”, sobre o P. Sarmiento e mai-lo P. Sobreira; estudioso igualmente da viaxe do frade a Galicia no 1745. Ou as páxinas demoradas que Monteagudo lle adica na súa Historia Social da Lingua Galega.
Considero que, non obstante, algúns están a pasar de puntiñas sobre o que moitos vemos como o consello de máis calado do padre sobre a lingua galega, que non se ve un compromiso certo coa súa idea de construí-lo idioma dende a fala, que aquí se salvou con relativa pureza. O carballo de Santa Margarita ---tan perto da casa de Sarmiento-- ten forza como emblema, como proclama de que o idioma pode resistir outras mil primaveras –como diría Cunqueiro-- ó abeiro do frade. A árbore, aínda que enferma, vai vivir longamente..¡Que ó Concello non se lle ocorra cortala co pretexto da enfermedade, como fixeron con outras árbores queridas!. Pero como símbolo das mil primaveras, como árbore identificada coa pervivencia da fala, reclama as voces lares, as voces aldeás, e a gran purga de tanto barbarismo como están a inxeriren na lingua, creando así unha nova resposta diglósica e a perda de falantes.
Se Frai Martín Sarmiento reclamaba a traducción da Arte de Nebrixa ó galego, pra así facilita-la ensinanza do latín dende o idioma propio, se el foi o máis grande defensor da fala, da profundización no seu estudio, hoxe creemos que, dende a súa erudición, faría unha verdadeira cruzada na defensa da enxebreza; que moitas das tendencias que nos queren impoñer terían de ser arrasadas polo seu discurso. Se o ano foi institucionalizado como “Ano de Sarmiento”, se a idea das “mil primaveras” foi adoutada como enseña local, se os estudios sobre Frai Martín evidencian como unha marea entrante, crecente, pode que o Día das Letras Galegas próximo sexa algo máis que unha cachada política a apaga-lo día despois. Si. A mensaxe do Padre Sarmiento, ha seguir tomando corpo e ha ser como unha gran labarada que libere o noso idioma dos sectarismos que están a convertelo nun instrumento de opereta, a pouco de atende-los seus consellos, comprometidos no seu día pra mil novas primaveras.
jueves, 28 de junio de 2007
EN TORNO A TEODORA

Monumento a Cunqueiro, en Mondoñedo. A escultura está orientada cara á catedral. Foto de Xesús López, 21.4.2007.
Conforme prometín, aí vai un dos traballos inspirados na obra de Cunqueiro, nun dos seus persoaxes, Teodora, unha sirea grega que estivera casa cun noble portugués e que alá fora, a Miranda, convertida a casa de Don Merlín nun referente ó que acodían xentes do ancho mundo, xa pra buscar remedio, xa pra vender libros, xa prá solución de problemas prós que Don Merlín tiña a solución precisa ou o consello sabio.
Un día, en Portugal, na finca de Mateus, pareceume encontrar ecos de presencias pasadas, como que Teodora puido ter estado alí. Sigue o traballo, de data 28.6.2004:
En torno a Teodora,
por Xesús López Fernández
por Xesús López Fernández
¿E qué terá sido de Teodora, a sirea grega que Cunqueiro sitúa no mundo de don Merlín, en terras de Miranda? A sirea achegárase alí en procura de loito definitivo, loito perpetuo, porque tomara a firme decisión de se retirar do mundo tra-la morte do seu home, un vizconde portugués. E chegara á casa de don Merlín coa idea de non perder tempo porque xa por San Lucas quería entrar nun convento asolagado que hai en Lucerna, cortada a cabeleira e coa cola enloitada . Pero o mago e doña Ginebra matinaran nun loito esmorecente. Decía doña Ginebra que calquera día Teodora podería darse por arrepentida, que mesmo en Lucerna cataba novo namorado. E don Merlín, moi cáustico, estaba neso, porque non é doado que as sireas perdan o puteo, aínda que figuren de conversas, decía el. E contou a historia doutra que lle pedira un xarope resolutivo pra se enveliñar, porque xa non podía vivir sen o seu amante, un tiple segundo que fora da Capela Romá. E cando lle mandou recado denegatorio xa ela estaba amancebada cun axudante de Mariña, en Honfleur, un home que lle puxera unha cetárea. Aínda así, a muller cambiaría varias veces de macho e tentaría ligar co propio Merlín cando o home se achegou ó areal de Calais a tomar un pediluvio.
Interesarse agora por Teodora pode non ter sentido, porque en definitiva son fabulaciós de Cunqueiro, pero é que se nos metemos na literatura que existe en torno a Camelot, a todo o mundo artúrico, estaríamos igualmente nun mundo que foi construído dende certas leendas, tomando como base quizaves a un persoaxe celtorromán que sí existeu e os británicos sitúan cara o século V, un home que loitaba contra os invasores saxóns. E pouco a pouco, vagariño, hoxe sinálanse sete posibles localizaciós de Camelot, unha delas en South Cadbury Hill, en Somerset, que parece un castro dos nosos, coa terra ben labrada, campos verdes e cómaros, deslindes que poden oculta-los restos do castelo do rei Arturo. E no de Tintagel, en Cornualles, a leenda sitúa o adulterio de Uther Pendragon con Ygerna, da que nacería Arturo. E co paso do tempo aparecen esculturas i enterramentos. Ou a propia mesa redonda de Arturo e os seus cabaleiros, representada por unha táboa existente no castelo de Winchester, do século XIII. Todo parece que se foi forxando na tradición oral dos poetas e contistas galeses.
Don Merlín explicou ben a Teodora o do tinte, negro de Nápoles, que llo deixou rematadiño cunha bordiña de ouro lucido no borde das escamas. Pero de verdade que na finca de Mateus pensei en Teodora, como tamén nun restorán que hai por alí e que chaman María do Carmo, especialistas en prepara-lo “bacalhao á Zé do Pipo”, un prato exquisito que se caracteriza porque o peixe vai ó forno, a gratinar, cocido en leite i envolto en puré, manteiga de vaca e cebola cocida.Riquísimo. I estaba tanto na idea de Teodora que pouco me faltou pra lles perguntar por ela, se tiñan constancia da súa presencia. Penso que pode volver. ¿Por qué non?. É certo que ela era máis de peixe crú, pero agora en que dende a poltrona da Política falan cada vez máis do medio ambiente, ocórreseme que se o chamado Parque das Illas Atlánticas vai adiante, se conseguimos incrementa-la súa área, Teodora, a sirea grega, podería ser unha boa xestora. Mentres que a nosa costa segue con marcas do negro do chapapote, o loito preto da cola da nosa protagonista terá xa desaparecido aínda que manteña os seus votos no convento asolagado de Lucerna. Pero pódeselle enviar recado, decir que lle preparariamos aquí un conventiño con despacho, en Tambo ou en Ons, a proba de chapapote. Con secretaria ou secretario. Se a sirea fose parente dalgún conselleiro era cousa feita.
SABOR A PAN FRESCO
Foi unha verdadeira sorte a conservación da entrevista de Soler Serrano a Álvaro Cunqueiro. O escritor mindoniense puido ter sido moi fácilmente o fixador dunha verdadeira norma prá escrita do idioma galego, pero parece que incluso a súa obra estivo sometida, como a de Fole, ós criterios da Editorial Galaxia. Foi unha pena, porque ese sabor a pan fresco que el considera como definidor da frescura dun idioma está xa perdido, non é posible cando a lingua está sendo sometida, secuestrada polo corrector "da concordia" orwellián.
Sobre Cunqueiro, fabulador de paisaxes, de paises e xentes de variada nación, hemos volver, mesmo mostrar algunha corta fantasía inspirada na súa obra. Sigue o traballo, escrito o 21.10.2000:
Sobre Cunqueiro, fabulador de paisaxes, de paises e xentes de variada nación, hemos volver, mesmo mostrar algunha corta fantasía inspirada na súa obra. Sigue o traballo, escrito o 21.10.2000:
SABOR A PAN FRESCO (21.10.2000)
por Xesús López Fernández
por Xesús López Fernández
Tomo o título dunha nova do pasado 15 do mes en curso, en relación cunha entrevista de Soler Serrano con Álvaro Cunqueiro –dos anos setenta-- prá que se propón como lema o de que “unha língua é boa cando sabe a pan fresco”. É unha sorte a anunciada recuperación que nos ha permitir a moitos o solaz de oir de novo ó escritor mindoniense, percibir algo da aura tan evidente ó longo da súa obra, no Merlín e Familia ou nas Crónicas do Sochantre; no Don Hamlett como no resto do seu corpus literario. Un goza cada vez que se achega á obra de Don Álvaro i este do Outono, tempo do que el gostaba prá lectura, é un momento bó pra retomar algún dos seus libros, percibir ese sabor a pan fresco, trigo, centeo ou broa de millo, que tanto se agradece cando hai fame. Abro o libro do Don Merlín no capítulo da Selva de Esmelle que o autor dí que mellor que decila acaso fora pintala, e leo:
“Os muiños do Pontigo son agora dúas moreas de pedra moura, nas que a hedra encalla e medra, pro eu lémbrome aínda de cando moían o trigo valeco i o centeo das chairas, i había mazaeiros ao longo das presas; o vento tiraba mazás á iauga, e sempre había unha ducia delas, verdes ou coloradas, beilando na escuma espesa e marela, cabo á enrella das canles. Sempre venta na carballeira das Mouras, tan fusquenlla, i o camiño ten presa en pasala i en chegar á aberta camposa de Miranda, ás longas gándaras, ás terras de folgado, ás brañas de El Rei...” Perdón, porque cando collo este libro sinto unha certa emoción e coido atoparme ante a obra dun home merecente do Premio Nóbel e que, simplemente nos párrafos apuntados, marcou camiños, estilo pra unhas normas máis intelixentes que as do 1983 que agora están a ser contestadas. O propio texto citado, que tomo da primeira edición, hoxe reeditaríase de distinto xeito, encorsetado, perdería o sabor a pan fresco ou bica quente e deixaría de describi-la paisaxe como a continuación dun estado de ánimo.
Paréceme unha boa leenda ou lema a da “língua con sabor a pan fresco”, que ven ser algo como o sal nas comidas, sabor dos sabores. Ese sabor é algo que hai que saber transmitir. En Cunqueiro nótase cabalmente, como notei de sempre no galego falado por algún dos meus parentes da Ribeira Sacra luguesa, galego vivo e nacente, non varado en dique seco como os barcos que precisan de reparaciós antes de tornar á mar. E teño pra min que as normas deberían ter sido revisadas hai tempo, algo que se veu reclamando decote. Eu, que daquela comprendín que se estaba a errar, que se primaban unha serie de diferencialismos e tentaban leva-lo idioma a unha situación non desexada por moitos, pergunto agora se non se terá ido moi lonxe, se non terán inventado --posto en escea-- unha criatura lonxá e diferente, forzado a psicoloxía da nosa fala. Estou seguro de que así é e tamén de que Cunqueiro, que foi acusado de se tomar moitas licencias, soupo traballar e, de paso, configurar unha língua literaria. Vamos, que exerceu de mestre prás futuras xeneracións.
Gostaríame que o “sabor a pan fresco” fose algo a ter en conta nos distintos foros da língua galega --onde ela poida ter presencia--, nas aulas como no Parlamento, porque o discurso dos catedráticos e mai-los políticos ás veces non chega, hipotecado polas normas que o privan de coherencia e frescura se se pode decir. Facer da língua un instrumento de elegancia e cultura é algo moralmente necesario, ou ben o discurso se perde. Diría máis: sabor a pan fresco non soio como referente literario, senon noutros ámbitos. É un concepto difícil de captar, pero que entendo no mesmo sentido que o do sal, preciso en moitas facetas da vida, prá vida mesma, porque se non hai sal ou sabor a pan fresco, a mesma xusticia convértese noutra cousa, a confianza dos cidadáns na Administración esváese ante unha burocracia aballoada, como se dí do peixe cando se pasa e comeza a cheirar. Non perdámo-lo sabor a pan fresco, por favor. E no Outono, Merlín e Familia.
martes, 26 de junio de 2007
I é verdade, i é mentira
Pontevedra, 26.06.2007
Entrada n. 9 do blog.
Hoxe, cando regresaba á casa despois de ter levado o meu coche á revisión, tiven a oportunidade de oir algunhas noticias a maior abondamento do dito pola prensa. Aínda non hai pacto en Pontevedra. Incluso parece que as cousas están a se revirar. O BNG, por unha ou outra vía quere seguir con Urbanismo, a maldición desta cidade nas suas mans, que aínda que fose dar ó PSOE pontevedrés estaría condicionado polo feito de que, ó parecer, ó BNG asignaríanlle a área de Reforma Urbá e o tema do PXOM.
É decir, o PSOE non parece estar negociando conforme ó desexo da cidadanía. ¿En qué vai acabar todo?, Aínda pode haber unha certa esperanza, pero....., o máis probable é que os dous partidos queden convertidos en simples caricaturas nas elecciós do 2011, que se perdan polos sumidoiros.
Pero o que máis me chamou a atención, algo que xa sabía, foron os anuncios da Vicepresidencia da Xunta, emperrenchada en lle cambia-lo nome a Galicia. Polo de Galiza. Porque aínda andan no infantilismo dos diferencialismos. Daí que o que permanece dos seus anuncios son as terminaciós en -zo, -za, e o Galiza que van colando subliminalmente pra que a xente vaia asimilando as normas do Diktatt estalinista e se prepare pra asumi-lo cambio de nome do país que o antidemocrático BNG quere impoñernos. Parece un pouco forte, pero é o que hai.
Vou inserir no blog un vello traballo, do ano 1999, que coido oportuno, feito como agradecemento á edición por Leilía do disco "I é verdade i é mentira", que considero unha homenaxe certa ó Día das Letras Galegas, cada ano máis descafeinadas. Xa haberá ocasión de comentar.
Tomo prestado o título deste traballo dun CD recentemente presentado polo grupo de pandereteiras Leilía. A música nel recollida foi definida por unha das súas compoñentes como música de raíces, que ten sido comparada coa que cantan as fantásticas voces búlgaras ou sentida no Nepal como autóctona daquel país. I é verdade que hai como un pouso de alento neolítico neste tipo de música, que entendo representa algo así como o intento primixenio do home por lle pór voces ós sonidos da natureza, que xa facía música cos paxaros, con certos mamíferos mariños, ou valéndose do vento contra as canas, as árbores ou no deserto do Neguev --contra dunas e pedras-- cando chega o frío da noite, según conta G. Steiner. I é verdade.
Entrada n. 9 do blog.
Hoxe, cando regresaba á casa despois de ter levado o meu coche á revisión, tiven a oportunidade de oir algunhas noticias a maior abondamento do dito pola prensa. Aínda non hai pacto en Pontevedra. Incluso parece que as cousas están a se revirar. O BNG, por unha ou outra vía quere seguir con Urbanismo, a maldición desta cidade nas suas mans, que aínda que fose dar ó PSOE pontevedrés estaría condicionado polo feito de que, ó parecer, ó BNG asignaríanlle a área de Reforma Urbá e o tema do PXOM.
É decir, o PSOE non parece estar negociando conforme ó desexo da cidadanía. ¿En qué vai acabar todo?, Aínda pode haber unha certa esperanza, pero....., o máis probable é que os dous partidos queden convertidos en simples caricaturas nas elecciós do 2011, que se perdan polos sumidoiros.
Pero o que máis me chamou a atención, algo que xa sabía, foron os anuncios da Vicepresidencia da Xunta, emperrenchada en lle cambia-lo nome a Galicia. Polo de Galiza. Porque aínda andan no infantilismo dos diferencialismos. Daí que o que permanece dos seus anuncios son as terminaciós en -zo, -za, e o Galiza que van colando subliminalmente pra que a xente vaia asimilando as normas do Diktatt estalinista e se prepare pra asumi-lo cambio de nome do país que o antidemocrático BNG quere impoñernos. Parece un pouco forte, pero é o que hai.
Vou inserir no blog un vello traballo, do ano 1999, que coido oportuno, feito como agradecemento á edición por Leilía do disco "I é verdade i é mentira", que considero unha homenaxe certa ó Día das Letras Galegas, cada ano máis descafeinadas. Xa haberá ocasión de comentar.
“I É VERDADE, I É MENTIRA” [14.05.99],
por Xesús López Fernández
por Xesús López Fernández
Tomo prestado o título deste traballo dun CD recentemente presentado polo grupo de pandereteiras Leilía. A música nel recollida foi definida por unha das súas compoñentes como música de raíces, que ten sido comparada coa que cantan as fantásticas voces búlgaras ou sentida no Nepal como autóctona daquel país. I é verdade que hai como un pouso de alento neolítico neste tipo de música, que entendo representa algo así como o intento primixenio do home por lle pór voces ós sonidos da natureza, que xa facía música cos paxaros, con certos mamíferos mariños, ou valéndose do vento contra as canas, as árbores ou no deserto do Neguev --contra dunas e pedras-- cando chega o frío da noite, según conta G. Steiner. I é verdade.

O citado autor (Errata, Ed. Siruela) fai unha magnífica exposición sobre o sentido totalizador da música, o enfrontamento agónico, a tensión existente cando a palabra se converte en música, de cómo as súas relaciós están ourizadas de dificultades. Steiner cita tamén a evolución cultural que fixo posible a lira de Apolo, instrumento de harmonía razonada, polo contrario da cana, veciña inmediata do vento, os caramillos de Pan, que parecen sinalar un precario tránsito da natureza á cultura. I eu entendo que na pandeireta, que se fabrica con coiro, madeira e metal, pode haber algún antepasado feito con elementos distintos, máis perto da natureza. Pero aí estarían xa as voces, co seu acompañamento, protagonistas na recreación dos sonidos que nos rodeaban. Música de raíces, de antes de Babel, como unha especie de plasma unificador que aínda permanece. I é verdade.
“I é verdade, i é mentira”. O título vai tamén ás raíces do idioma popular, retoma o uso do “i” copulativo ante vocal que non sexa “i”, fonema que nunca se debeu abandonar, de uso normal en Cunqueiro ou Rosalía –i agora, i os outros, i estaban...--. ¿E por qué non retomar tamén o “i” hipentético –a ialma, a ialba— ou o “e” potestativo –falare, levare, corazonhe— que devolverían á língua parte da musicalidade perdida no carreiro normativizador, pola súa teima en dar por boas unha serie de formas cacofónicas ou case cacofónicas –e entón, e agora, inimigo, dicir, idade, enfermidade, etc.— cando non a imprantación de neoloxismos extraños no canto de traballalos no viveiro da fala popular? Porque, certamente, están a conquerir que a xente se distancie, que diminúa o número de galegofalantes aínda que se poida falar dun certo incremento nas cidades, que usan xa un galego extraño, menos rico e polifónico, unha língua que, anque se lle pareza, xa non é a nosa. I é verdade.
O devandito acai cunhas declaracións recentes de Carlos Casares, que denuncia a nugalla dos galegos cara a língua. I estou seguro de que esa certa desidia non é outra cousa que o cansazo das xentes de ve-lo seu idioma novamente anoxado, agora co-este neogalego que non é o que aínda alenta no noso rural. Síntense traicionados por culpa da endodiglosia agora creada. Por eso agradezo, especialmente neste Día das Letras Galegas, esa aportación das pandereteiras de Leilía, o título do seu CD, que nos lembra un camiño quizais perdido, como facía unha señora que me avisaba que o seu nome era “María Delores”, acreditado co seu DNI. “Delor, delores, delorido”, outras palabras perdidas que usaban Cabanillas ou Rosalía. I é verdade.
“I é verdade, i é mentira”. O título vai tamén ás raíces do idioma popular, retoma o uso do “i” copulativo ante vocal que non sexa “i”, fonema que nunca se debeu abandonar, de uso normal en Cunqueiro ou Rosalía –i agora, i os outros, i estaban...--. ¿E por qué non retomar tamén o “i” hipentético –a ialma, a ialba— ou o “e” potestativo –falare, levare, corazonhe— que devolverían á língua parte da musicalidade perdida no carreiro normativizador, pola súa teima en dar por boas unha serie de formas cacofónicas ou case cacofónicas –e entón, e agora, inimigo, dicir, idade, enfermidade, etc.— cando non a imprantación de neoloxismos extraños no canto de traballalos no viveiro da fala popular? Porque, certamente, están a conquerir que a xente se distancie, que diminúa o número de galegofalantes aínda que se poida falar dun certo incremento nas cidades, que usan xa un galego extraño, menos rico e polifónico, unha língua que, anque se lle pareza, xa non é a nosa. I é verdade.
O devandito acai cunhas declaracións recentes de Carlos Casares, que denuncia a nugalla dos galegos cara a língua. I estou seguro de que esa certa desidia non é outra cousa que o cansazo das xentes de ve-lo seu idioma novamente anoxado, agora co-este neogalego que non é o que aínda alenta no noso rural. Síntense traicionados por culpa da endodiglosia agora creada. Por eso agradezo, especialmente neste Día das Letras Galegas, esa aportación das pandereteiras de Leilía, o título do seu CD, que nos lembra un camiño quizais perdido, como facía unha señora que me avisaba que o seu nome era “María Delores”, acreditado co seu DNI. “Delor, delores, delorido”, outras palabras perdidas que usaban Cabanillas ou Rosalía. I é verdade.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
