-
Pontevedra, 3.07.2009
-
Entrada n. 1007 do blog
-
CABALIÑOS DE MAR,
por Xesús López Fernández
-
É unha das especies en peligro, declaradas protexidas. A verdade é que, na miña vida, só vin no seu medio natural un cabaliño de mar, perto da ponte do Burgo, cando as augas que penetraban e preñaban o fondo da ría eran limpas. Pola banda esquerda, camiñando da ponte do Burgo cara á da Barca, nos primeiros escalóns de servicio qu´alí existían, tiven ocasión de reparare nele. A verdade é que me pareceu indefenso. Debeu ser sobre o 1945 ou 1946. Aínda non sonaran as alertas en relación coa ría. Coido era a época de Hevia, o mellor alcalde pontevedrés da Historia. Aínda os depredadores políticos non soñaran con Tafisa ou a Empresa Nacional de Celulosas, ou en traballaren esos terreos como solares; en ir redactando a esquela de defunción deste ecosistema que xa case vive o tempo da postmortem. Pero aínda parece lonxe o xuicio dos culpables do crime de lesa natureza aquí cometido.
-
Pero as augas da ría d´Arousa [¿por qué non as de Pontevedra, tan saneada según Lores?] xa dan acobillo ós primeiros exemplares de cabaliño de mar criados en cautividade pra seren reintroducidos no oceano. Trátase dun proiecto pioneiro do CSIC, a nivel mundial. A iniciativa vai evalua-la posibilidade de recuperación dos cabaliños de mar ou hipocampos a partir de exemplares nados en laboratorio. Estos exemplares son conocidos como narizós e a noticia semella un tanto anecdótica porque son dez os exemplares que deixaron ceibes no mar d´Arousa; sería a primeira vez na que se lograría a imprantación da especie por medios artificiales. Difícil maxinar que estos animaliños, tan fráxiles, poidan estar en libertade vixiada, con marcadores pra seguiren a súa evolución. Aínda que unha especie fráxil, é unha das 17000 sobre as que existe a alarma dunha posible extinción, unha de tantas feridas polas que a Biodiversidade do planeta vaise apagando día a día.
-
No hay comentarios:
Publicar un comentario