O pasado 20.07.2009 publiquei un artículo, tamén inserido no blog, "En Terra Santa, 1", que terá unha continuación de tres ou catro máis, nos que se vai relatare, de xeito somero, o itinerario seguido na peregrinación promovida pola diócesis de Santiago, así como as experiencias vividas. Irei pendurando no blog algunhas das fotos feitas na viaxe, comezando por ésta do Horto dos Olivos ou de Getsemaní, que significa "muíño de aceite". O primeiro olivo ou oliveira que aparece pola esquerda foi prantado por Paulo VI. (Clicade sobre as fotos, menos a última, pra velas agrandadas). Esta árbore ben pode ter memoria de Xesús si é que chega ós tres mil anos que algús botánicos calculan poden viviren as oliveiras. A oliveira máis vella das existentes no lugar ten case doce metros de perímetro. Lembremos que no ano 1995 e co Monte dos Olivos como telón de fondo representouse un oratorio de Beethoven, "Christus am Ölberg", con sóo tres persoas prá súa execución: Un tenor (Xesús), un baixo (Pedro), e un soprano (o ánxel).
YOU TUBE: Beethoven, Christus am Ölberge
Don Julián Barrio, arzobispo de Santiago, no Horto dos Olivos. O prelado oficiou na eucaristía concelebrada na Basílica da Agonía.
Vista xeral do horto da agonía e a traición.
Outro exemplar que pode ter memoria de Xesús.
Seguimos no Horto dos Olivos.
Fachada do templo da Agonía, onde celebrámo-la eucaristía.
Outra perspectiva do exterior do templo.
Cimiterio atopado nas excavaciós, no que pode haber tumbas xudeocristiás, marcadas cunha cruz ou unha palma, relacionadas con nomes como Jairo, Marta, María.
Necrópolis na baixada do Monte dos Olivos.
Templo do Dominus Flevit. O pranto e os laios de Xesús sobre Xerusalén lémbranse neste moderno templo construído no 1955, deseñado polo arquitecto Antonio Barluzzi sobre os restos dun vello templo medieval.
O novo altar mira cara Xerusalén pra qu´o celebrante poida evoca-lo texto de Lc. 19, 41-44.
Perspectiva do complexo que xira en torno ó Dominus Flevit, que ilustra unha publicación do ministerio de Asuntos Exteriores de Israel. Ó fondo, Xerusalén.
-
Pontevedra, 23.07.2009
-
Entrada n. 1017 do blog
-
Con data 20.07 publiquei un traballo, "En Terra Santa, 1", primeiro dunha corta serie na que irei facendo memoria semanal das lembrazas traídas da peregrinaxe qu´o Arzobispado de Santiago acaba de realizar.
-
Polo medio da abada do Monte dos Olivos atópase o templo que conmemora o lugar onde Xesús chorou. Todo o espacio é realmente un relicario de restos históricos bíblicocristiáns.
-
Fagamos unha traducción do que nos conta Lucas ó falar do pranto do Señor:
-
"Cando se foi achegando, ó vé-la cidade, chorou por ela, e dixo: ¡Se neste día comprenderas tí tamén os camiños da paz! Pero os teus ollos siguen cerrados. Pois vai chega-lo día no que os teus nemigos hanche arrodeare con bastidas, hanche cercar i esmagar por tóda-las partes; hanche pisotear a tí e ós teus fillos enchousados polas murallas. Non van deixare pedra sobre pedra no teu recinto, por non ter reconocido o momento no que Deus viña a darche salvación. (Lucas, 19, 41-44)".
-
Sobre Getsemaní deixemos qu´as oliveiras das fotos falen por si mesmas.
-
Israel, Ministerio de Asuntos Exteriores. A capela do Dominus Flevit no Monte dos Olivos.
Dominus Flevit, Onde o Señor chorou.

GETSEMANÍ E DOMINUS FLEVIT,
por Xesús López Fernández
-
No hay comentarios:
Publicar un comentario