jueves, 2 de julio de 2009

MIGUEL ÁNXEL

Suponse que é un autorretrato de Miguel Ánxel, o célebre pintor i escultor italián, pintor dos frescos da Capela Sixtina recentemente restaurados mediante un rigoroso traballo subvencionado polo goberno xaponés. A noticia da aparición deste posible autorretrato na capela Paulina do Vaticano, foi tomada d´El Correo Gallego desta data. Tamén a foto.
Era tal a perfección que Miguel Ánxel buscaba nas súas obras que se dí incluso que, despois de rematado o Moisés (que aparece na miña fotografía do ano 2007, en San Pietro in Vincoli), o artista guindoulle un mazo contra unha perna ó tempo que lle ordeaba: ¡Parla!. (Clicade na foto pra vela en grande)
La Pietá, outra das súas grandes obras, xunto co David que se expón en Florencia. La Pietá foi agredida por un húngaro enaxenado. Hoxe, exquisitamente restaurada, permanece blindada. Coido que foi tamén o Xapón o que financiou a restauración.
-
Pontevedra, 2.07.2009
-
Entrada n. 1005 do blog
-
Tería que facer un descanso na marcha do blog. Estou afanado en melloralo i en restauralo, porque moitas das primeiras entradas, centos, permanecen con caracteres sobredimensionados. Como cambiei de navegador en tres ocasiós, coido que o caos organizado por momentos débese a eso. Aínda demorarei en sanealo na súa totalidade, o que deixo dito a modo de disculpa, así como de afirmación de mante-la intención de mantelo como un blog totalmente independente.
-
Podo decir que, en certo sentido, fixen del a miña pequena patria, un lugar no que fago apoloxía de diversos valores e do propio idioma galego. Digo galego, non galegués. A ver se, sobre este particular, arranco cunha serie de entradas, de estudios de palabras, aínda que sen confianza de que sirva pra nada en contra da política trotskista do cambio continuo, cando realmente os idiomas van cambiando solermiñamente, e as xentes homildes, mirando pra sí, buscando no seu interior, van atopando as palabras precisas.
-
Pero agrádame deixar na entrada d´hoxe as pequenas notas sobre Miguel Ánxel. Sguen enlaces:

No hay comentarios: