A casa consistorial pontevedresa cáese a anacos. Na fotografía publicada por La Voz de Galicia, aprécianse os restos dunha moldura caída hai uns días. A silla que nela se aprecia é a mesma na que César Mosquera fixo unhas declaraciós ós medios. O concellal do PP, Jacobo Moreira, bromea cos desprendementos que se producen no edificio e dí que son un pouco símil da caída do goberno do Bloque. Coido que non lle falta razón.
-
Enlace. La Voz de Galicia, 1.07.2009: O Axuntamento de Pontevedra cáese a anacos.
-
Pontevedra, 1.07.2009
-
Entrada n. 1004 do blog.
-
Trátase dunha especie de sofrito, miniperiódico no que inclúo hoxe, aínda non sei por què, un cóctel de noticias. Seis, aínda que cada unha merecería unha entrada individualizada.
Peixes mortos, no Gafos. Medio Ambiente culpa ó Concello de Lores "que tanto vela polo saneamento". Vaipolorrío tamén avisa de que a contaminación foi denunciada diversas veces. Cinco, según Medio Ambiente.
-
El Faro de Vigo, 1.07.2009: A Xunta culpa ó Concello dun vertido que causou gran mortandade de peixes no río Gafos.
Plataforma 19J. A fotografía non dá a sensación dunha gran presencia, algo que parece que xa quedou claro. A gran rabia cidadáa pontevedresa poderiase canalizar contra Lores e o seu equipo, contra o mal que levan feito a esta cidade ó longo de dez anos.
-
A Plataforma 19J quer promovere agora a abolición do decreto da Xunta, o que parece ter máis sentido que non a fracasada manifestación. Informa Faro de Vigo, 1.07.2009.
O pazo dos López de Lemos, reconvertido pró turismo rural, unha excelencia prá Ribeira Sacra. Os López de Lemos foron señores de Sober e de Ferreira, xeografía relacionada cos meus ancestros: Monforte, Sober, Ferreira de Pantón.
-
Enlace: El Correo Gallego, 1.07.2009. O señorial pazo dos López de Lemos revive como hotel vip.
Enlace: El Correo Gallego, 1.07.2009: La Cámara pide que se fiscalicen los Audi adquiridos por Fraga.
Enlace: El Correo Gallego, 1.07.2009: Una coreana budista peregrina a Compostela por su amor a la Virgen.
No hay comentarios:
Publicar un comentario