sábado, 4 de julio de 2009

ESTRICTOS, ESTREITOS

Beiras, que no seu día acusou de cínico a Touriño, dixo agora en Trasalba, ónde asistiron Barreiro e Villares, que aumenta o número d´enanos e qu´o ataque ó idioma dend´o poder é preludio de que se quer acabare con Galicia. Pero a guerra ó idioma ven xa de moi atrás, comezando polas normas do 1983, normas da deriva ó portugués, de conversión da nosa fala nunha lingua de opereta.
Barreiro e Villares estiveron ausentes no acto de Santo Domingos de Bonaval, d´entrega das medallas Castelao.
-
Pontevedra, 5.07.2009
-
Entrada n. 1008 do blog
-
Artículo semanal-
-
Estrictos, estreitos,
por Xesús López Fernández
-
O idioma galego está a ser obxeto de debate en diversos foros e instancias. E o debate social, que nunca existeu á marxe dun presunto e mero aceptar pola RAG de normas que non parecen ter sido elaboradas con rigor, pode estar aflorando desta volta. Percíbeo así un gran sector da sociedade, que mesmo se sinte traicionada. Natural, porque esa sociedade foi a forxadora do idioma, pois na conformación das linguas son normalmente as sociedades, incluso ágrafas, as que entenden chegádo-los tempos pra lle daren protagonismo a cada palabra, cando coidan completada a súa maduración despois dun longo e secular camiñar dende que Roma, no noso caso, chegou á península alá polo ano 218 antes de Cristo. Solermiñamente, o latín foi asimilando tamén palabras do tronco indoeuropeo, palabras que se fixeron, se cabe, celtolatinas antes de conformárense como galegas, como poden ser algús dos sustantivos que dan nome a partes do carro do país: “cangas, camba, cambón, chedas, chedeiro…..”. Nestas dúas ultimas palabras dáse a mesma palatalización que en “clamare, plorare, clave…(chamar/e, chorar/e, chave..)”.

Son evoluciós ó longo de séculos, porque o idioma nunca tivo presa en se formar. Incluso pode volver sobre os seus pasos pra retomare palabras xa deixadas, pero con outra carga semántica. Así, a fala retoma “clave”, con outro sentido. I eso ten pasado tamén con moitísimas outras. E si de “strictum” nace “estreito”, tamén “estricto” deriva da mesma matriz. Incluso o Diccionario fainos sinónimos, pero son dúas palabras con distinto sentido: unha rúa estreita; un académico estricto. Coido que o rigor que implica a última palabra faltou na posta en marcha das normas ortográficas e morfolóxicas do noso idioma, tanto as do 1983 como as aprobadas pola RAG do señor Barreiro. Encanallouse o debate da lingua ó pasar dela como creación social e inventaren formas non asentadas na tradición oral do mesmo. Sigue sendo certo o afirmado por Vicente Risco. Non soubemos tratar científicamente o leigado cultural de Rosalía e Curros; que mesmo pasamos do canon do Diccionario Enciclopédico de don Eladio Rodríguez, pra Alonso Montero, hai poucos anos, o mellor diccionario galego, que eu conservo como manual de cabeceira.

A lingua está claramente ferida porque, con evidente estreitez, tentaron facer dela un instrumento político e, pouco estrictos á hora de construir un verdadeiro debate académico, non atopan os diversos poderes un camiño certo de rexeneración, de restauración idiomática. ¿Cómo se pode decir que cando dende o poder queren acabare co idioma é porque tamén se quere acabar con Galicia? ¡Pero se do idioma de Rosalía ou Curros, de Risco ou Fole, de Cunqueiro ou Blanco Amor xa pouco queda! Existe un claro divorcio social en relación coa política de inmersión a partir do decreto de normalización lingüística ou da deriva promovida por outras instancias e plataformas. O señor Villares afirmaba tamén o 27.06 que a mensaxe da política lingüística da nova Xunta era clara: “Abriuse a veda sobre a lingua galega”. ¿Por qué non pensar que ata o dagora fixeran, os outros, un coto privado da nosa fala, pra ila sometendo estreitamente ós seus ritmos e cambios previstos?

Parece que quixeran facer do galego unha lingua revolucionaria, cando podemos pensar nela como conservadora. Están vivas as dúas tendencias, as marcadas polo “talante” [a permanencia] e polo “semblante” [o cambio], terminoloxía usada polo filólogo Emilio Lorenzo. Alex Grijelmo engade que hai quen cree que no idioma alentan contínuos cambios e, con certo aire trotskista, a evolución permanente que, según este autor, afectaría soamente ó semblante que algús poden promover cunha certa enxeñería. E. Coseríu defende o protagonismo do falante inxenuo como decisivo. Penso agora en dous nenos: un chamáballe “enrediños” ós xoguetes; o outro “alcanses” [alcances], a uns prismáticos. Pra lección, rigor infantil, idioma nacente.
-
Observación: Máis estrictos estes nenos qu´os académicos.

No hay comentarios: