domingo, 26 de julio de 2009

O ESMORECEMENTO DO GALEGO (16)

Torna a este meu blog o icono do caos do idioma, o da deconstrucción, afogada a obra de Rosalía, sen sermos capaces de crear un verdadeiro libro galego máis alá dos soños primeiros de Galaxia, hoxe tamén metida no galegués co que onte se bradou na Quintana.
G.V., o novo líder do BNG, onte na Quintana, ante as súas mesnadas. Desta volta, a Quintana creceu e parece que sí couberon alí 15000, e máis un xamón, (ou presunto, como lles ha gustar decir, en portugués. Pode ser unha das palabras a "incorporar" ó noso idioma).
-
Pontevedra, 26.07.2009
-
Entrada n. 1021 do blog
-
O ESMORECEMENTO DO GALEGO (16),
O DISCURSO DA QUINTANA,
por Xesús López Fernández
-
Están as cousas como están. Malos tempos pró idioma coa incapacidade por parte da Xunta de entrare no tema a fondo, se realmente o queren salvare, que está por ver.
-
Siguen os do Bloque co seu discurso da deconstrucción. Culpables de qu´a nosa fala, polo menos a que se concreta nos papeles, normas e plans d´estudio, non se pareza xa nada á verdadeira fala do país, siguen coa súa moviola. E deso foi a intervención d´onte do novo BNG, o que preside o "lingüista" galegués de G.V., que na Quintana chegou decir, outra volta, que os nacionalistas galegos (¿quénes, eles son nacionalistas ou estalinistas?), están comprometidos na defensa do idioma que está a sofrire "un ataque sen precedentes orquestado (menos mal que non dixo "orquestrado") dende a propia Xunta de Galiza (que tampouco existe, porque Galiza é outro producto da súa mente febril)".
-
"Movámonos polo galego e polo emprego", foi o seu lema final. Nada, que cada día irán perdendo valor ata quedaren nun grupo mínimo cun presunto horizonte de caixeiros automáticos e contenedores a batir.
-
¡Como ademáis xa non poden subvencionar a nengún medio de comunicación pra que os arroupe, malo! ¡Apaga a luz, Catalina!.
-
Enlace e foro recomendado:

2 comentarios:

Sísar dijo...

O señor Guillerme está de paso por ese cargo. Fai falla nesta terra un CIU galego

xesús lópez fernández dijo...

TEs razón, pero vai ser difícil. A Coalición Galega podería ser hoxe dona da situación, pero non faltaron, xa daquela, enanos infiltrados.