miércoles, 15 de julio de 2009

Futuro da Biodiversidade [13.07.2009]

Unha arboricultura pensada pra arrequece-lo chan e formar humus, terra vexetal, á par que pra purifica-la atmósfera, sería factible pra enfria-lo planeta. Dibuxo informático de Xesús López titulado "Follas prá terra e pró ceo azul".
-
Pontevedra, 15.07.2009
-
Entrada n. 1011 do blog
-
Artículo semanal publicado no Diario de Pontevedra do pasado 13, luns.
-
Futuro da Biodiversidade,
por Xesús López Fernández
-
Difícil abordar este tema na súa amplitude no espacio dun breve artículo de opinión, no que apuntaremos, si acaso, algunhas ideas, porque a Biodiversidade está a perder moitos dos seus rexistros i estímase que poden desaparecer en torno a 17000 especies dos universos botánico e animal. O CO2 pode té-la culpa do denostado cambio climático, que voces críticas tamén cuestionan, que apelumbran ou albiscan incluso o nacemento dunha nova glaciación. Todo é opinable. Mais de momento a Terra está como alouleada, atordoada, e moitas especies en retirada. A perda de boscos primarios, en especial o retroceso da húmeda Amazonia, pode sé-la gran causa dunha nova e anárquica climatoloxía: grandes chuvias en alternancia con delongadas secas que teñen obrigado mesmo, en Kenya, ó abandono de cultivos de ciclo longo [o trigo], por outros de maduración máis corta [fabas] que abordan inmediatamente despois das chuvias.

Ante os abusos do poder contra o planeta, en non poucos países comezaron a se formaren “movementos de xusticia climática”, dos que poderiamos traer aquí máis dun exemplo. Son agrupaciós de base, auto-organizadas, orientadas cara acciós moi visibles, na defensa dos seus dereitos máis que cara á investigación. Según o estudio do Worldwatch Institute sobre a Situación do Mundo 2009, defínense estes grupos de persoas como “marxinadas económicamente”, “desfavorecidas”, ou “probes”, e depende a súa subsistencia de sectores económicos moi sensibles ó clima, como o agrícola, o forestal e o pesqueiro. Pero algús logros sí que son presumibles ou poden ter xa unha certa presencia. Existe un lema, un verdadeiro brado destes colectivos; o de que “¡unha agricultura sustentable é posible pra enfria-la Terra!”. Eso implicaría un claro compromiso na creación de postos de traballo na economía verde, seguindo xa un pouco o camiño trazado por diversas actuaciós reforestadoras.

Nese sentido pódese decir que nos agarda un futuro esperanzador. Unha certa mística reforestadora está en marcha e calcúlase que na fin deste 2009 teranse prantado sobre 7.000 millós de árbores; que o éxito desta primeira campaña global vai traer consigo unha masiva prantación en todo o mundo. E os primeiros logros na reforestación de rexiós do trópico poden ser definitivos pra nos mostrare que no mundo existe o espírito e o compromiso necesarios pra cambia-la tendencia actual. Calcúlase que a partir do 2025 vai baixare célere o CO2 atmosférico, que incluso teremos aprendido a vivir con outro ritmo, máis vagariño, con máis seguridade e menos angustia no canto de permanecere escravos do patrón de economía consumista. Teremos superado intereses de grupos de presión e debates centenarios sobre o sistema económico, pra construire un mundo dinámico e pometedor. Ante a xuventude hoxe aparcada abrirase un futuro ilusionante.

Todo moi en esquema. Pero aínda non temos definido o noso futuro inmediato e os centros de investigación traballan na creación de bancos de vida pra compensa-los estragos causados ós ecosistemas e ás especies que os habitan co mantenemento de entornos similares noutras zonas. A idea naceu a consecuencia da protección das zonas húmedas nos EE.UU., da man de Auga Limpa e da Normativa do Corpo de Enxeñeiros do Exército do país, no que calquera que queira construire ou dragar un humedal considerado de interese precisa dun permiso das autoridades ambientalistas. Unha das condiciós é que a construcción non vai danar ó humedal ou, si o dano é inevitable, que compense o perxuicio creando ou recuperando un humedal semellante, ou de máis extensión. Xa noutra dimensión i en relación coa posible reintroducción dos cabaliños de mar ou narizós na ría d´Arousa, comentemos que o CSIC acaba de depositar alí dez exemplares criados en cautividade, a ver si se adaptan. Parece moito prós cabaliños, moito mar. Unha nota simpática, pois tamén están na Biodiversidade.

No hay comentarios: