miércoles, 10 de febrero de 2010

COUSAS QUE SE TORCEN, OU PUDREN

Beiramar, outro dos sitios por onde morre a ría de Pontevedra.
-
Pontevedra, 10.02.2010
-
Entrada n. 1158 do blog
-
COUSAS QUE SE TORCEN, OU PUDREN,
por Xesús López Fernández
-
Mellor do que aquí se poida informare o visitante do blog, vai ser que pique nos dous enlaces, ambos de La Voz de Galicia. Pódese presumir, deducir da información, unha evidente estafa medioambiental; mesmo cómo están dispostos os diversos partidos a participare no pasteleo dunha presunta corrupción que a nadie se lle debe escapar.
-
Parece que o novo delegado Provincial de Costas do Estado non ten aínda ben sabído-los papeles, e terá que andar moi alerta porque a corrupción anda por aí rondando. Co que se comenta queda evidenciado nunha das noticias que siguen, que o BLOQUE nunca estivo posicionado a favor da recuperación das Marismas de Lourizán e que o de "¡Ence, fóra!" era unha falacia, unha forma de xogare cos sentimentos da xente. Acabarían por contaminaren á APDR, que non soubo exerce-la acción popular, que non soubo defende-lo dominio público marítimo terrestre, que non se opón á edar ilegal na que son copartícipes tres Administraciós delincuentes, etc. Todo eso está contado xa neste blog, por activa e pasiva. Deixo agora os dous enlaces (un deles contén outra noticia relacionada) de La Voz de Galicia. Leédeos críticamente, porque alcatrea. De certo que sí:
-
Enlaces:

No hay comentarios: