viernes, 19 de febrero de 2010

RAVACHOL, MENOS PLUMAS

Ravachol, de policía municipal. (Fotografía de La Voz de Galicia)
-
Pontevedra, 19.02.2010
-
Entrada n. 1175 do blog
-
RAVACHOL, MENOS PLUMAS,
por Xesús López Fernández
-
No blog de Don Filiberto fálase de lume purificador: San Xohán, San Roque. E cuestiona se a cremación do loro Ravachol, cada vez máis personificación do goberno local; prantexa a posibilidade de que a pira funeraria de Ravachol ou Ravacholov (ocúrreseme a min) non vaia significa-la morte do sistema, a fin do modelo de cidade imprantado hai agora uns dez anos, que trouxo consigo a gran perda de capital social e patrimonial da boa vila.
-
Estou agora oíndo a tamborada dos que queren anima-las honras fúnebres do loro, exposto neste xusto momento ante a Casa da Luz, Torres de Pontevedra, aínda sen inaugurar. Esto non é unha tamborada fúnebre; corresponde máis ben a un dos aquelarres que saben montar éstes pra mante-lo seu carimbo de opresión na zona toda. Pero a xente, de verdade, vaise cansando. Ás oito do serán apenas había xente. Dispoñíanse a faceren diversas tomas prá tele dende a parte baixa da praza, case toda ela baleira, coa intención de, seguramente, aparentar máis asistencia da real, a presencia de máis persoal.
-
Poucas viúdas, algún viúdo, pero non se oen laios de nengún tipo. Ravacholov, por certo, loce con menos plumas, como se dí no título, un loro menos artesanal que cando se comezou coa súa conmemoración, ano 1985. De cada volta o sistema bolchevique vai caíndo máis e máis. Mentres cerro este post volven os tambores. Pero vale o dito: menos plumas.
-
addenda. Finalmente parece que sí houbo quorum e que chegaron diversas tribus ante a insistencia da tamborada pra acompañare a Ravacholov ó seu lume funeral. A ver se con el se vai igualmente o modelo de cidade. En previsión deso, pra que o lume non fose a maiores, insisto no dito ó comezo: Ravachol, menos plumas.-
-

No hay comentarios: