viernes, 26 de febrero de 2010

UNHA BANDEIXA DE MERDA PRÓ SENADO

Montoro en La Razón: Pra valorar xenerosamente a talla política do noso presidente, o mellor é comparala coa súa talla moral (coa Lei do Aborto como telón de fondo).
O do aborto pode que tamén sexa unha ocurrencia que ZP non puido reformar. ¿Ónde está a masa crítica asesina que fai posible a Lei do Aborto? (Caín, en La Razón)
O nasciturus que vai ser abortado pergúntase se pode servir dalgo que el estea contra a pena de morte, como ZP. Viñeta de Esteban, en La Razón.
-
Pontevedra, 26.02.2010
-
Entrada n. 1186 do blog
-
UNHA BANDEIXA DE MERDA PRÓ SENADO,
por Xesús López Fernández
-
Unha bandeixa de prata con caca de gato e a fotografía dun neno abortado, sí, foi o regalo remitido por unha asociación antiabortista, defensora da vida, ó Senado, por ter votado a Lei do Aborto. Son numerosas as críticas producidas en todo o país contra a dita lei.
-
A organización contra o aborto Unidos por la Vida depositou este Venres no Senado unha bandeixa de prata "chea de merda de gato", que incluía ademáis a foto dun neno abortado, "un nasciturus asesinado". A lei de prazos é unha caca, manifestou a presidenta da asociación, Pilar Gutiérrez, xustificando así o envío en especie ó Senado da nación. "Matar nenos é caca, así que cómana vostedes".

A asociación protesta contra a recente aprobación no Senado da Ley del Aborto. O obxetivo do acto era entregar unha carta e o "catering representativo" ó presidente do Senado, Javier Rojo, pero "non lles foi permitido". De tódo-los xeitos a noticia fíxose pública i eso vale pra que o país recapacite sobre a vileza moral dos sesudos senadores que descargan a súa valentía, o seu falaz ardentío, na lexitimación do que algún día ha ser conocido como un período triste da nosa Historia, no que se puxo en marcha o peor dos holocaustos, a morte en serie dos máis indefensos. Faise un chamamento a toda a sociedade, porque o país todo está moralmente ferido se non ten forza pra limpa-las instituciós da caterva actualmente gobernante que debe ser desparasitada a conciencia.
-

No hay comentarios: