miércoles, 17 de febrero de 2010

O PLAN DA XUNTA I ENCE

A avenida de Marín, na que o Bloque ten previsto fabricar unha nova ribeira, presuntamente pensando no solar.
-
Pontevedra, 17.02.2010
-
Entrada n. 1167 do blog
-
O PLAN DA XUNTA I ENCE,
por Xesús López Fernández
-
Según Mosquera, a Xunta contempla, no seu POL, a permanencia de Ence e a retirada de diversos edificios antre Placeres e Lourizán, que non permiten ve-lo mar.
-
Hai que lembrar que Alberto Núñez Feijóo prometeu en campaña a recuperación do litoral de Lourizán. I eso significa a retirada da autovía que o Bloque quere manter; e a retirada tamén de Ence.
-
Pero Ence é a arma da que se vale o Bloque pra mante-la clientela, cando tódo-los partidos deberían de se preocupar pola recuperación das marismas de Lourizán. Pero está claro que hai unha certa impotencia e que, en definitiva, so lles interesa Lourizán como unha gran bolsa de solares.
-
Con Franco, Ence xa non estaría aí. Lembremos que no 1973, cando non aprobaron o PXOM pontevedrés do 1970, o ministerio de Vivenda decía:" [en relación con Ence-Elnosa]...Ter ubicado aí esas empresas foi un erro do que soamente se van derivar problemas prá saúde e convivencia humáas... Haberá que retiralas a outro lugar, en data por determinar...." Eso ou algo parecido decía.
-

No hay comentarios: