martes, 16 de febrero de 2010

LIMITACIÓN DO TRÁFEGO NA ZONA VELLA


Rúa Sierra, convertida en especie de patio de luces. Os baldosíns non resisten o paso dun furgón de mediana carga. E así vai esgazando o pavimento da cidade. Neste blog están incluídas xa fotos de mosquerós e bolardos, ós que talvez lles falta o alamio de espiño, rúbrica final do Gulag pontevedrés. As tapas-trampa das arquetas esgazan todas, algunha pode que fose reposta ata seis ou sete veces. Plan Renove adxudicado a Sercoysa. Nesta rúa hai como dez negocios cerrados, proba de que o Plan Urban non funcionou como revitalizador, que habería incluso que lle devolve-los cartos a Europa.
-
Pontevedra, 16.02.2010
-
Entrada n. 1164 do blog
-
Limitación do tráfego na zona vella,
por Xesús López Fernández
-
Fixeron todo mal. Mal material e mala asistencia técnica, sobre o que habería que pensar en determinar algún tipo de responsabilidade, pode que incluso criminal.
-
As obras do Alcalde Hevia, feitas alá polos 40 do século pasado, resistiron ata que chegou o réxime talibán á cidade, que quixo renovar todo, renovar pra desfacer, pra deixa-la cidade sen vida.
-
Agora, unha nova idea de Teresa Casal: reduci-lo tráfego nunha zona onde non circula nadie máis que algún que outro vehículo de servicio. Seguramente que a Casal nos quere deixar incluso sen butano, que algunhas irregularidades xa se están a producir no seu suministro.
-
Esto non é nengunha fantasía. É unha noticia que ven no Faro de Vigo, da que inclúo enlace. O malo é que o peor pode estar por chegare: despois dos mosquerós como neomuralla maoísta; despois dos bolardos omnipresentes, poden mesmo utilizalos pra colocare alamio espiñado ó redor de Pontevedra, o seu Gulag ideal.
-

No hay comentarios: