-
Pontevedra, 12.02.2010
-
Entrada n. 1160 do blog
-
TERREO MINADO,
por Xesús López Fernández
-
O título é unha proposta formal pra novo escudo da cidade, desastre de rehabilitaciós, de restauraciós que non-o son. No blog de Don Filiberto denúnciase unha das máis de mil trampas do noso urbanismo, do traballo mal realizado, do peligro serio prós peatós. Na correspondente entrada ou post do dito blog deixei un comentario que retomo pra este meu blog, pra esta entrada. Sigue, tomado do blog de don Filiberto, da entrada de "mata-peons", nos soportales.
-
"Unha amiga miña caeu na ponte do Burgo, a causa dun desperfecto urbanístico. Quixérona axudar a levantare pero dixo "¡non!", ata que chegue a policía.E así foi. Chegaron os axentes pra levantare acta, porque a miña amiga dérase conta, dende o primeiro momento, que se trataba dunha fractura de xionllo e culpable, naturalmente, o Concello, ó que teríamos que criminalizar porque está toda a cidade como minada. E os canallas aínda van tendo sorte, que non se producen tantos accidentes como realmente merecen.En caso de accidente, repito, policía ou notario, e denuncia xudicial, se preciso fose, contra o Concello.Por certo, este blog [o de Don Filiberto] está tomando unha marcha deliciosa, decote máis participado. I a revolución dos blogs pode marca-los tempos do cambio necesario.¿Por qué non lle agrega don Filiberto un contador de visitas? ¡Vería como incluso a nivel municipal se empezarían a poñer nerviosos!. Falo en serio. O cambio de réxime local pode dependere dos blogs. E tamén o rearme moral dos partidos, ou da sociedade civil. Mellor esto último".
No hay comentarios:
Publicar un comentario