Pontevedra, 10.02.2010
-
Entrada n. 1156 do blog
-
O ESMORECEMENTO DO GALEGO (23),
por Xesús López Fernández
-
D. Ramón Villares, de Vilalba como D. Manuel Fraga, acaba de facer unhas declaraciós talvez pouco pensadas e que non parecen correspondan ó presidente do Consello da Cultura Galega. Seguimos coas voltas de non querer comprender que os idiomas son sempre creaciós sociales, que poden ser creados, incluso, por sociedades ágrafas. O xenio do idioma está nesas sociedades que saben ou souberon "facer" un idioma rico, riquísimo. Ata que chegaron os estalinistas co seu Diktatt, coa enxeñería de papá Stalin, de lle cambia-la alma a este pobo por medio do cambio de significado das palabras ou inserindo non poucas que non lle acaen á nosa lingoa, que non podemos sentir como irmás.
-
Sigue un enlace d´El Correo Gallego coas referidas declaraciós do señor Villares, que non son de recibo. No foro hai voces que poñen os puntos sobre das íes, que lle din ó señor Villares, con coche oficial, e chófer, un home do Réxime, os seus erros como home do organigrama. Coido que falta máis dunha opinión no foro que sigue á noticia, pero aínda así convén leé-as opiniós que non teñen marchamo de graffitti, de insultos.
-
No hay comentarios:
Publicar un comentario