-
Pontevedra, 10.02.2010
-
Entrada n. 1157 do blog
-
TERRAS DE PONTEVEDRA,
por Xesús López Fernández
-
Ó longo de meses e meses estiveron obrando na renovación interior do edificio. Non se ben entende tanta demora, como que en poucos meses fará un ano que se dou comezo á obra. Por empecinamento de Mosquera e Pilar Rojo, a ver quén dos dous facía máis por desnaturaliza-lo espacio [Mosquera a se carga-la praza da Verdura, cortando catalpas, levándose os bancos, prá súa conversión en praza Roxa; Pilar Rojo coa imposición de deixa-lo baixo do edificio sen amparo prá súa posterior conversión en solar de skaters, a consecuencia da súa irreflexiva decisión].
-
A punto de inaugura-lo local, máis parece pensado como salón recreativo, doutado de seis, talvez máis pantallas Samsung, seguramente pra mostrare ás xentes que acoden á praza, e ás que non acoden, as maravillas turísticas da nosa provincia, especialmente a "ruta dos arrieiros", que sei foi unha das primeiras ideas apuntadas polo sanedrín da cousa ésta que agora nace e na que non comprendemos gastaran o que din gastaron: uns cen millós das antiguas pesetas.
-
Quixera apostar por este invento, pero non podo. Síntoo. Aínda hoxe oín, nunha panadería da zona vella, o comentario de que algunha taberna xa só compra pan os Venres e mai-los Sábados, que xa non acode a xente, que o modelo Lores de cidade non vai e a zona morre, malgastádo-los cartos da UE pró Plan Urban. ¿Haberá que devolvelos?. A denuncia sí é procedente. Ante a UE. A ver se o facemos. Animádevos. Ó mellor vale a pena facelo a través de Facebook.
No hay comentarios:
Publicar un comentario