miércoles, 17 de febrero de 2010

TODOS CACA

O escándalo das dietas enzudra ó Parlamentiño galego.
Optimistas en paradeiro desconocido, según Caín. No Parlamento galego parece hai algús que se arroupan na súa impudicia.
-
Pontevedra, 17.02.2010
-
Entrada n. 1171 do blog
-
TODOS CACA,
por Xesús López Fernández
-
O escándalo das dietas por kilometraxe que cobran os diputados galegos, pode que incluso sen se ter que desprazare, está hoxe nos medios. Un escandalazo, pero qué raro, raro, raro, os diputados todos están d´acordo en seguire cobrando e deféndense uns ós outros, todos a arroupárense. Parecen un niño de cobras, que cobran. E todo se descobreu porque unha diputada negouse a cobralas por razón da corta distancia que tiña que recorrer. Un caso de conciencia. Pero é que pódese dá-lo caso de que algús, aínda viaxando xuntos nun mesmo vehículo teñan cobrado deshonestamente. É un asunto a investigar. Un caso conocido pode sí facernos pensar que se trata dunha práctica extendida. Que haxa consenso na defensa do cobro da pitanza pode ser debido a que todos son, en verdade, caca. Todos xuntos, moita caca. Hai que depurar responsabilidades, claro que sí, e pedir incluso dimisiós.
-
-
-
-

No hay comentarios: