miércoles, 17 de febrero de 2010

GALLEGO PIDE GARANTÍAS A FEIJÓO

O PSOE revela agora (Faro de Vigo, clicade aquí) que Ence lle pideu á Xunta anterior 500 millós de euros a cambio do traslado. Que falen deso a ex-conselleira de Pesca ou Patxi Vázquez, ex-conselleiro de Medio Ambiente.

Pontevedra, 17.02.2010

-
Entrada n. 1169 do blog
-

GALLEGO PIDE GARANTÍAS A FEIJÓO,
por Xesús López Fernández
-
Carmen Gallego, a que fora conselleira de Pesca con Touriño a pesar da existencia dunha sentencia firme de derribo en relación coa súa casa de Vilaboa, pide agora garantías a Feijóo no sentido de que se vai retirar de Lourizán a fábrica de Ence, pero con reinstalación na bisbarra.
-
¿Qué garantías ofreceu no seu día Touriño, cando bradou no Galicia Palace pra afirmare que "¡Ence sí, pero non aí!" e outra serie de lindezas?. Prometera daquela que se convocaría unha mesa, pero ó pouco tempo de gobernare aparecería a solución, brindada polo Bloque: Ence a Barro-Meis. Seguiría a vertere á ría de Pontevedra, pero con outras medidas, porque agora mandaban eles, claro. E ademais financiarían o traslado da factoría coas plusvalías que se xeraran coa construcción de vivendas sociales nas marismas de Lourizán, construcción que acometería a Autoridade Portuaria pra non lesionare a facies, a caradura, de nengún dos dous concellos, Marín e Pontevedra. Estretexia Bloque, dos ecoloxistas do Bloque. O máis asombroso daquela estretexia era que fornecerían d´auga a Ence dende Pontillón do Castro, o depósito da traída pontevedresa.
-
Que se cale Carmen Gallego, será mellor. En todo caso que lle pida a Feijóo que cumpra coa súa promesa electoral, a da recuperación do litoral de Lourizán, algo que nadie prometeu antes en campaña.
-

No hay comentarios: