viernes, 15 de octubre de 2010

AS TROLAS DO SANEAMENTO DAS RÍAS

Edar d´Os Lagares, en Vigo, presuntamente ilegal. (art. 44.6 da Lei de Costas). Como no caso da edar d´Os Praceres, en Pontevedra, o asunto debe estar xudicializado, sen que a Xunta nen os respectivos concellos queiran facere súa a aplicación da citada lei.
-
Pontevedra, 15.10.2010
-
Entrada n . 1312 do blog
-

AS TROLAS DO SANEAMENTO DAS RÍAS,
por Xesús López Fernández
-
A Xunta quer que a UE siga bombeando cartos pra un saneamento que según a propio normativa española pode ser ilegal en máis dun caso, como acontece nos citados, como acontecía no da edar de Reza, en Ourense, igualmente ilegal. É decir, que nalgús casos non se está a falare dun saneamento real.
-
Hernández, o conselleiro de Medio Ambiente galego, informou da súa comparecencia en Bruselas pra lle explicar á Comisión europea os plans "xunteiros" pra mellorare o sanemento do litoral en marcha, aínda sabendo que nalgús casos non cumprimos coa normativa europea de augas residuales. E non sóo eso, habería que decir, senón que se estivo expoliando á UE na construcción de depuradoras que son unha pura falacia, que representan, á fin de contas, a morte final das rías, nalgús casos a morte por entregas ó non advertiren que, do consumo de moluscos, por exemplo da ría de Pontevedra, había xa un conocemento claro do que estaba a acontecere alá polo 1978, cando os franceses xa non querían saber do mexilón da ría de Pontevedra. Nas súas importaciós de mexilón demandaban, xa d´aquela, un certificado do Instituto Español de Oceanografía acreditativo de qu´o mexilón non procedía da ría de Pontevedra, nen dos sectores de Meloxo e O Grove, por onde entran as augas que pola banda norte vai librando, no devalo, a nosa ría. ¿Pola carga de mercurio? Non séi, porque nunca nó-lo contaron. Sí ós franceses que parecen ter outros dereitos.
-
E agora, Hernández tenta seguir coa mesma palinodia e pide á UE que non cerren o billa dos fondos de cohesión e que a manteñan aberta incluso despois do 2013. ¿Qué quer decir ésto? ¿Que non se vai acometer un saneamento real das rías.
-
Curiosamente, esta noticia que inclúe La Voz de Galicia en páxina n. 6, non aparece na edición on-line, pero tamén outros informan:
-
-
addenda: Aínda que non vaia de saneamento no sentido do post, sí vai tamén de saneamento. Refírese ós núcleos de Marín, dos que Costas sóo reconoce ó de Mogor. Informa La Voz de Galicia, 16.10.2010. En canto á Lei de Costas, na columna da esquerda da presentación do meu blog está incluído un enlace á dita lei, de obrigatoria lectura.

6 comentarios:

josele dijo...

Bueno, y yo me hago una breve reflexión:

Estamos pagando nóminas, moscosos, pluses de productividad, desplazamientos, complementos, "bufandas", comisiones, VISA ORO, comidas, pensiones y prejubilaciones a unos tipos que son completamente incapaces de gestionar proyectos bajo las directrices de la legalidad vigente. Legalidad que ellos mismos (o sus partidos) redactan...

Porque esas leyes que son incapaces de cumplir no las establecen los extraterrestres. Ni siquiera "vienen de Europa". De Europa vienen los fondos, y luego ellos transponen las directivas como les sale de los mismísimos cojones y con años de retraso. En muchos casos ni siquiera las transponen a legislación nacional (véanse los cientos de expedientes incoados por esta causa a España)

Es decir: el poder está formado por una secuencia interminable de cretinos asquerosos,incompetentes e indecentes.

Es una brevísima reflexión.

o blog de xesús lópez dijo...

Tristemente existe unha impotencia real pra levare estos temas ante a UE, a gran estafada.
A Bruselas foi o conselleiro de Medio Ambiente a cantar unha ou varias arias, coa promesa de facelo globalmente de xeito que lles guste a eles; e a pedir máis cartos, cando realmente Galicia, ou España, polo acontecido nas rías de Vigo e Pontevedra, tería que demandarlles o retorno dos cartos que acadaron con engaño real.
Non sóo non cumpren coa normativa española senón que se están a esforzaren por se carga-la Lei de Costas, o PP agora como antes o Bipartito.
Saúdos, Josele.

o blog de xesús lópez dijo...

Quixen decir:
"...a Galicia, ou España, polo acontecido..."

o blog de xesús lópez dijo...

O novo intento de profanaren a Lei de Costas, en Marín, cos famosos núcleos costeiros, afortunadamente tampouco prosperou desta volta.
Hai intereses inconfesables no fondo do asunto e son conocído-los persoaxes de varias bandas.

josele dijo...

Un día tienes que explicarnos de que va todo ese lío de la ley de costas y los núcleos urbanos... porque no entiendo nada de nada del porqué (oculto y arcano) de todo ese cúmulo de despropósitos y estupideces, con la población civil como rehenes...

o blog de xesús lópez dijo...

Inserín no post unha addenda, na que vai un enlace á noticia que hoxe dá La Voz de Galicia, que coido aclara cousas.
É moi bonito ter un galpón en Loira, pedir permiso pra altea-lo tellado e, de súpeto, onde había un galpón pasou a haber unha casa de baixo e tres ou catro plantas.
Os cidadáns, ás veces, non son tan inocentes.
Se algún día tomamos un café poderán trascender nomes dalgús presuntos capos; pero o que non pode a Xunta é, por medio de leis menores, como a da Vivenda de Teresa Táboas, é querer tumbar unha lei de rango superior.
Tamén o Bloque está actuando sobre a autovía de Marín sen permiso de Costas, porque todo éso é dominio público marítimo terrestre. Pero no fondo eles, que como o PSOE e mai-lo PP non queren evita-la construcción do nudo de Mollavao a tres niveles, tentan consolidaren a autovía e as perspectivas de ve-las marismas de Lourizán en solar. Todos queren sacar tallada, burlándose deshonestamente da natureza e da normativa oficial.