domingo, 10 de octubre de 2010

ECOLOXÍA POLÍTICA

Demostración de Green Peace, en As Pontes, sobre o problema do cambio climático. Fotografía d´El Correo Gallego, que acompaña á noticia que dá sobre a posible fundación dun Partido Verde en España.
-
Pontevedra, 10.10.2010
-
Entrada n. 1308 do blog
-
ECOLOXÍA POLÍTICA,
por Xesús López Fernández
-
Juan José López de Uralde disponse a dá-lo salto da Ecoloxía á Política e anuncia a posible creación dun partido verde xa prás próximas xerales. Tristemente, a sociedade española, especialmente a residente en Galicia, está lonxe de ter un sentimento ecoloxista. Vémolo no deterioro crecente da paisaxe, na contaminación sen cortapisas, nos posibles pactos dos partidos cós capos da involución, da sementeira da miseria medioambiental que, simplemente abrindo os ollos, podemos comprobar e telumbrare dese xeito a presunta existencia de pactos por baixo da mesa. Abondaría con que os partidos se preocupasen pola aplicación puntual das diversas normativas, pero en Pontevedra vemos que non é así e que, do mesmo xeito que na locomotora Mikado que inaugurou o ferrocarril a Marín ían Fraga, Cuíña, Tonecho e Lores, a corrupción ía presuntamente encarnada neles, corrupción que aínda permanece e sobre a que se sigue a facere continua deixadeza.
-
Que Juan José López Uralde salte da Ecoloxía á Política ten unha importancia real. Prás elecciós locales xa non queda tempo, salvo que botara man, afortalándoa, do grupo político Iniciativa Cidadáa d´Os Praceres. Dese xeito, sí, os verdes poderían ter aquí un debut afortunado.
-
-
Addenda 1. Green Peace ten denunciado prácticas antiecoloxistas consentidas polo poder galego, en Pontevedra en dúas ou tres ocasiós pola contaminación do complexo clorocelulósico. Nunha daquelas ocasiós, na que taponou as saídas das balsas de decantación, as xentes da parroquia emocionáranse, algús incluso choraran e a campáa, o sino da igrexa parroquial sonou como se tivese chegado o exército de salvación.
Greenpeace tamén denunciou a agresión ó noso litoral por medio do seu informe "Destrucción a toda costa". Esas e outras actuaciós e denuncias sitúan a Uralde nunha situación de posible receptividade. O libreto prá súa actuación poderianllo escribir certas asociaciós ecoloxistas (a APDR, non, por entregada ó Bloque antiecoloxista).
-
Addenda 2. Marina Silva, o ánxel da Amazonía convirteuse nas elecciós brasileiras na terceira das forzas políticas, nas primarias celebradas. Un 20 por cen do electorado na súa posta en escea é d´abondo significativo. Ela ten un prestixio labrado a base da entrega ó servicio da Amazonía sendo ministra con Lula da Silva, ó que abandonou cando se veu privada dos apoios necesarios dende´o poder central. I ése é o seu mellor aval. Esta muller representa unha esperanza pró ecoloxismo mundial. Sigue un enlace do ABC.
-

3 comentarios:

Natalia Pastor dijo...

El problema de los ecologistas y los grupos "verdes", querido Xesús, es que se han señalado políticamente al arrimarse a la izquierda más radical y extrema de manera descarada.

Parecían auténticas sandías:verdes por fuera y rojos por dentro.

Y eso es causa de que su mensaje no cunda entre aquellos setores liberales que los identifican como un grupúsculo más de la amalgama que hoy conforma la izquierda.

xesús lópez fernández dijo...

Tienes razón y desconozco lo que podrá nacer a partir de la inicativa de Uralde, porque hay grupos ecologistas "rojos" que no son otra cosa que correas de transmisión de los gobiernos de izquierdas. Y la verdadera Ecología está ausente de sus políticas.
Pero sí existen asociaciones que han tenido que ir por la vía judicial para defender algunas parcelas de la naturaleza. Y en algunos casos han logrado sentencias positivas, condenatorias de ciertas obras; sentencias que no se ejecutan porque los gobiernos, de izquierdas o de derechas, no están por la labor de que nuestro Estado, que definen como de derecho, ejerza como tal.
Al final, a uno y otro lado, las normas, el caos, la destrucción por medio de infraestructuras y rellenos parecen emanar, siempre, de ciertos presuntos capos, conocidos.
El recetario verde está en la Constitución o en la Ley de Costas. Y de una y otra parecen reirse derechas e izquierdas, forman una gran coral, al margen de algún discursito capado que les permita mostrar, engañar con un rostro falsamente ambientalista.
Saludos, xesús.

xesús lópez fernández dijo...

Quise decir.... "iniciativa de Uralde..."