



Pontevedra, 31.07.2011
ntrada n. 1457 do blog
Artículo semanal
O cambio necesario.
por Xesús López Fernández
por Xesús López Fernández
Unha certa alegría representa prá sociedade española a convocatoria de elecciós anticipadas, a celebraren o 20-N. A verdade é que hai, a consecuencia dos dous mandatos de Zapatero, da súa política de mal goberno, un sentimento de derrota no colectivo cidadán, conducido en certo sentido a unha especie de suicidio colectivo, que nese sentido contan os máis de cinco millós de parados que en moitos casos siguen comendo gracias á axuda cidadá e ós comedores de Cáritas fundamentalmente; unha fiscalidade atafegante prás pequenas e medianas empresas que levan cerrado en número de varios centos de miles; o laicismo agresivo que veu combatindo as raíces cristiás da nosa civilización, da civilización europea; a asunción do aborto como bandeira, a decadencia da educación, a creación dunha sociedade de masas na que se enfortece e vulgaridade intelectual. E dentro deste caos, a eutanasia xa servida nalgunhas sociedades, parece a punto de ser concretada neste noso país.
A sociedade percibe que é necesario un esforzo real de rexeneración: que algún partido asuma un programa de restauración das Administraciós (algunhas prácticamente quebradas), da Educación, da Xusticia, que precisa dunha independencia real pró cambio de rumbo deste país, imposible sen un claro reequilibrio dos tres poderes. Por se fora pouco, o Goberno de ZP tenta acabare coa acción popular, prevista na Constitución, prevista xa na vella Constitución do ano 1812, recomendado o seu uso incluso nalgunha das nosas leis; é decir, privare á sociedade da capacidade de pensar, de denunciare aqueles asuntos nos que se presuma a existencia de prevaricación ou de quebranto de normas lexislativas. Coido que a sociedade débelle ó exercicio da acción popular a solución de non poucos litixios e precisa que das elecciós do 20-N saia un Goberno fresco, cunha clara folla de ruta pra unha alborada rexenerativa do país como Estado de dereito.
Hai, sen embargo, un certo pesimismo xeneralizado, como se as elecciós se produciran pra que nada cambie, aínda producíndose unha falsa alternancia. Os mediocres son lexión i están en tódo-los partidos e viven moi ben como políticos á par que envilecen o aparato público. Neste contexto, moitos tertuliáns avanzan que non creen que Rajoy estea en disposición de cambiar moitos dos disparates lexislativos de ZP e os seus ministros, como se o Estado non existise (doutrina Murray Rothbard) e que son os clústers todopoderosos os que manexan os tempos e dispoñen os cambios que lles apetezan. ¡A ver qué partido nos mostra a letra dun auténtico plan anovador que se leve por dediante o Tribunal Constitucional (ó mellor tamén sobra o Senado), o actual plan de Educación, a lei da Memoria Histórica e desparasite ó país todo de tantos presuntos abusos i escándalos. Se o cambio de Goberno significa un simple relevo pra que nada cambie e o esmorecemento continúe ata a desfeita final, mesmo a perda de identidade política histórica, mal iríamos.
Así as cousas, os candidatos do PP e mai-lo PSOE parecen tranquilos, dispostos ó debate. Rajoy tennos afeitos a discursos sobre cifras, particularmente relacionadas coa fiscalidade, a economía e o paro; Rubalcaba, vaia por Deus!, resulta que agora dispón da receta máxica prá xeración de emprego e amelloramento da economía. Pero si eso é certo, cómo o tivo tan calado, cómo lle negou as recetas a ZP e consinteu que o país se fora afundindo máis e máis, como se non houbese outro referente que Grecia, Irlanda, Portugal? O caso é que Rubalcaba fala agora de que “traballamos nun programa pra gañare e gobernare”. Quedan atrás as trolas de ZP e o seu leigado siniestro: “ETA, Estatut, aborto, “guerracivilismo” e recortes sociales”. El vaise e deixa o listón do paro nun 20.9%, o doble da media europea, e unha coxuntura económica que ten sumido a España nunha intervención de feito. O 20-N, memoria histórica, situación dramática, ¿elecciós pra unha rexeneración posible?
